Mañón
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Caión | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.244 (2023) (15,34 hab./km²) | ||||
Xentilicio | mañonés | ||||
Galegofalantes | 56,46%[1] | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 81,1 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 407 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alfredo Dovale Pedreira (2021–) | ||||
Eleccións municipais en Mañón | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15337 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15044 | ||||
Páxina web | concellomanon.org… |
Mañón é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. É o concello máis setentrional de Galicia e da Península Ibérica. Segundo o IGE en 2020 tiña 1 319 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mañonés».
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 1.454 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 91 (6,26 %) |
Entre 15 e 64 anos | 816 (56,12 %) |
Maiores de 65 anos | 547 (37,62 %) |
Estranxeiros | 27 (1,86 %) |
Evolución da poboación de Mañón Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4 459 | 4 059 | 4 267 | 2 976 | 1 830 | 1 602 | 1 537 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]É o concello máis setentrional de Galicia e da Península Ibérica. Esténdese por unha estreita e longa franxa de terreo, duns 30 quilómetros de longo e cunha largura de pouco máis dun quilómetro, rematando no mar Cantábrico. Linda ao leste co río Sor e a ría do Barqueiro. Ten un relevo abrupto, contando coa Serra da Faladoira, con 605 metros de altura; da Cruz da Palloza, 616 metros; e a continuación a Serra da Coriscada con 523 m. Ambas as dúas serras marcan o límite oeste do concello.
Goberno municipal
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Nas eleccións municipais de maio de 2007, o PPdG volveu ser o partido máis votado en Mañón, obtendo 6 dos 9 concelleiros da corporación local, con Alfonso Balseiro como alcalde. O PSdeG-PSOE é o único grupo que senta nas bancadas da oposición, cos 3 concelleiros restantes.
O BNG superou a barreira do 5 % dos votos, pero os resultados de PP e PSdeG-PSOE impedíronlle entrar na corporación.
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]O Camiño dos arrieiros[2]: Camiño que xa puidera ser neolítico[3], que discorría aproximadamente pola dorsal das serras da Faladoira e Coriscada, unía As Pontes de García Rodríguez co porto de Bares. A pesar da erosión e das pistas do parque eólico, pode distinguirse aínda un 20% do traxecto. Ao longo do seu percorrido, a ambos os lados, atópanse unha gran cantidade de mámoas, e o mesmo ocorre na maioría das bifurcacións que ten:
- O primeiro ramal sae preto da cámara da mámoa de Forno dos Mouros, para as parroquias das Neves e Devesos, cara a ría de Ortigueira[4] Ás súas beiras atópase a necrópole de Muro do Vasco.
- A segunda bifurcación atópase pasado o pico de Coriscada, xa máis ao norte e diríxese ao porto de Espasante. Ao seu rente están as necrópoles situadas en Montecalvelo e Hedrosa, respectivamente.
Na parroquia de Santa María de Mañón está a igrexa parroquial de Santa María.
Na parroquia das Ribeiras está o pazo de Torre de Lama, construído sobre unha antiga fortaleza medieval, da que pouco se conserva.
Lugares turísticos
[editar | editar a fonte]Puntos de interese
[editar | editar a fonte]Fervenza de Augas Caídas, fervenza que se precipita nun cantil duns 90 metros de altura.
- Refuxios:
- Na parroquia de Grañas do Sor:
- A Ribeira do Bispo.
- O Cascón.
- Na parroquia de Mañón:
- Ponte Segade.
- Muíño de Salustio.
- Fonte Cubelas.
- Augas Caídas.
- Na parroquia de As Ribeiras do Sor:
- A Furada, coa súa ponte pendurante.
- Refuxio de Ulló.
- Na parroquia de Grañas do Sor:
- A Ponte do Porto, tamén chamada "Ponte de Malvide". Situada na parroquia de Mañón, trátase dunha ponte de orixe probablemente romana ou ben de orixe medieval sobre unha base romana. Ten tres arcos de medio punto. No centro da ponte atópase un miliario que marcaba o límite entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo.
Praias
[editar | editar a fonte]Praia de Vilela. Na estrada que une O Barqueiro con Bares, existe unha desviación á dereita, que achega á pequena cala de Vilela.
Praia de Bares. Antes de chegar ao Porto de Bares, atópase a praia de Bares, coa súa forma de cuncha e a Illa Coelleira á fronte. Esta praia queda dividida en dúas partes coa marea alta: unha parte na zona urbana e portuaria e a outra, coñecida como Igrexa Vella, cunha extensa zona dunar e dividida á súa vez por un saínte elevado e rochoso.
Praia de Esteiro ou Cañoles. Camiño de Ortigueira, atópase a praia de Esteiro, que ven gozando do distintivo de Bandeira Azul europea. Praia con forte ondaxe nunha zona e con outra, porén, de augas tranquilas na desembocadura do río Esteiro, máis acaida para o baño de nenos.
Sendeirismo
[editar | editar a fonte]Mañón conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo:
- PR-G 204 Ruta Ribeira do Bispo – Miradoiro de Augas Caídas[5]. Transita principalmente pola beira esquerda do río Sor, agás un treito entre o Muíño de Salustio e Fonte Cubelas.
- PR-G 212 Ruta Ponte do Porto - Ponte Ulló[6]. Discorre pola marxe esquerda do río Sor, pasado polo Refuxio da Furada e a súa Ponte Colgante.
Tamén transcorre unha parte do sendeiro PR-G 8 Morgallón - Río Sor - Morgallón[7], con inicio no Concello do Vicedo.
Mañón na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Faralleiros son nas Grañas,/ revellados en Mañón,/ cabanexos en Cabanas,/ burros en San Pantaón [8]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Mañón.
-
Aceña na Estaca de Bares.
-
As Pontes Nova e Vella na Ría do Barqueiro.
-
Dolmen do Forno dos Mouros.
-
Igrexa de Santa María de Mañón.
-
Reitoral das Grañas do Sor.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mañón | |
---|---|
Bares (Santa María) | As Grañas do Sor (San Mamede) | Mañón (Santa María) | Mogor (Santa María) | As Ribeiras do Sor (San Cristovo) |
Lugares de Mañón
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mañón vexa: Lugares de Mañón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ véxase Información do Camiño dos arrieiros Arquivado 02 de maio de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Foi estudado inicialmente por Federico Maciñeira, quen di: "... por las cimas de aquellas dos mentadas sierras, singularmente por la de Faladora -repito- se prolongan los túmulos a los lados de las viejas rutas. En cuyo itinerario de la Faladora concurren las principales circunstancias que caracterizaban los primitivos caminos: seguir las partes más altas y despejadas de las cordilleras paralelas a los ríos [...] la que debió ser a modo de vía sagrada de la oscura tribu que en amplio valle de Puentes tiene su asiento, en sus relaciones con la costa". Federico Maciñeira (1947: 34)
- ↑ Maciñeira
- ↑ https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200525000145/pr-g-204-ruta-ribeira-do-bispo-miradoiro-de-augas-caidas?langId=gl_ES&tp=6&ctre=23
- ↑ https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200527000188/pr-g-212-ruta-ponte-do-porto-ponte-ullo?langId=gl_ES&tp=6&ctre=23
- ↑ https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/33804/pr-g-8-morgallon-rio-sor-morgallon?langId=gl_ES&tp=6&ctre=23
- ↑ Son todos lugares do concello de Mañón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mañón |