Jorge Coira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) Rábade, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Familia | |
Cónxuxe | Araceli Gonda (2011–) |
Páxina web | jorgecoira.com |
Jorge Coira Nieto, nado en Rábade en 1971, é un director de cine e guionista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a mediados dos anos 90 facendo curtametraxes nas que contou coa participación de actores como Luís Tosar, Isabel Blanco, María Bouzas, María Pujalte, Xosé Manuel Olveira "Pico" ou o dúo Mofa e Befa.
En 2002 filmou a súa primeira longametraxe, un telefilme chamado Entre bateas, un drama protagonizado por Miguel de Lira. O seu seguinte proxecto cinematográfico foi a película O ano da carracha, unha produción na que contou cun elenco con multitude de actores galegos e tamén do panorama estatal.
No ano 2010 estrea 18 Comidas, unha película coral producida por Fernanda del Nido que na que o director contou cun elenco amplo con actores como Luís Tosar, María Vazquez, Xosé Barato, Pedro Alonso, Sergio Peris Mencheta ou Víctor Clavijo, entre outros. Nos seguintes anos dirixiu a gravación do DVD de Torre de Breoghán, álbum en directo de Luar na Lubre xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Estreouse como director de teatro no 2016 coa obra Get Back producida por Eme 2[1], e no 2019 estreou un novo filme, Eroski Paraíso.
En 2022 estreou Código Emperador, un filme de suspense protagonizado por Luís Tosar.[2]
Na televisión traballou en varios proxectos da Televisión de Galicia: series de ficción como Terra de Miranda, As leis de Celavella, Padre Casares, Luci ou documentais como Vida nas mareas ou Chunda Chunda. Ademais dirixiu episodios en series nacionais como El Comisario (Telecinco), Pelotas (TVE1), Piratas (Telecinco) entre outras. En 2019 dirixiu a serie Hierro, creada por seu irmán Pepe e emitida en Movistar+.[3]
Como actor participou na curtametraxe Antonio, Jorge y Luís (1998), de Beatriz Santana e Miguel Asensio, xunto con Luís Tosar e Antonio Pereira.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- As Xoias da Señora Bianconero (1994)
- Gran liquidación (1995)
- O Matachín (1996)
- ¿A ti como se che di adeus? (1999)
Longametraxes
[editar | editar a fonte]- Entre bateas (2002)
- O ano da carracha (2004)
- 18 comidas (2010)
- Eroski Paraíso (2019)
- Código Emperador (2022)
Series
[editar | editar a fonte]- Terra de Miranda (2001)
- As leis de Celavella (2003-2005)
- Padre Casares (2008)
- Piratas (2011)
- Lucy (2013-2014)
- Vidago Palace (2017)
- Hierro (2019)
- Rapa (2022)
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor director | Entre bateas | Gañador |
Mellor director | Terra de Miranda | Nomeado (con Chema Gagino) | |
Mellor montaxe | Entre bateas | Gañador (con Guillermo Represa) | |
2004 | Mellor director | O ano da carracha | Gañador |
2005 | Mellor director | As leis de Celavella | Gañador (con Carlos Sedes) |
Mellor realización | As leis de Celavella | Gañador (con Carlos Sedes) | |
2008 | Mellor montaxe | O menor dos males | Gañador |
Mellor realización | Padre Casares | Gañador (con Carlos Sedes, Manuel Espiñeira e Álex Sampayo) | |
2009 | Mellor director | ¿Qué culpa tiene el tomate? | Nomeado |
Mellor montaxe | ¿Qué culpa tiene el tomate? | Nomeado | |
2010 | Mellor director | 18 comidas | Gañador |
Mellor guión | 18 comidas | Gañador (con Araceli Gonda e Diego Ameixeiras) | |
Mellor montaxe | 18 comidas | Gañador | |
2013 | Mellor director | Luci | Nomeado |
Mellor guión | Luci | Nomeado (con Araceli Gonda e Pepe Coira) | |
2018 | Mellor montaxe | A sombra da lei | Gañador |
- Premio “A Coruña... de cine” 1994 concedido polo Concello da Coruña ó mellor guión por Gran Liquidación.
- Premio do Festival Internacional de Cine de Ourense á mellor curtametraxe por O matachín.
- Premio Velvet por O matachín.
- Premio do público na III Mostra de Curtmetratges de Vilafranca (1998).
- Premio AGAPI 2000 ó mellor documental por Chunda Chunda.
- Premio á Mellor Dirección no Festival de Cine de Taormina (Sicilia), 2010, por 18 comidas.
- Premio do Público no Festival de Cine Internacional de Ourense, 2010, a 18 comidas.
- Premio Especial do Xurado no Festival de Cine Internacional de Ourense, 2010, a 18 comidas.
- Foille adicado un Hectómetro literario en conxunto cos seus irmáns Pepe e Carlos no Paseo dos Soños vilalbés en 2023.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Get Back - Saben de onde veñen, pero non cara a onde van". Consultado o 28 de novembro de 2022.
- ↑ "'Código Emperador': las claves del thriller de Jorge Coira con Luis Tosar" (en castelán). 17 de marzo de 2022. Consultado o 23 de marzo de 2022.
- ↑ "Los Coira, creadores de 'Hierro': "Sería estúpido hacer de la isla la capital del crimen como el Chicago de los años 20"" (en castelán). 3 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2022.