Pepe Coira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | José Antonio Coira Nieto 1963 (60/61 anos) Rábade, España |
Actividade | |
Ocupación | crítico de cinema, guionista |
Pepe Coira Nieto, nado en Rábade en 1963, é un guionista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Historia e Estética da Cinematografía pola Universidade de Valladolid. Foi crítico cinematográfico en El Correo Gallego (1983-1986), e despois redactor (1986-1987). Traballou para a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (1988-1997). Foi director do CGAI (1991-1998), ocupándose da promoción, difusión e recuperación do audiovisual galego. Despois foi profesor na Escola de Imaxe e Son ata o ano 2000. Foi profesor asociado na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra (2004-2007) e no mestrado de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña desde a súa fundación.
Foi guionista dos programas da TVG Extramuros (1987) e Luces da Cidade (1988-1989). Foi director de Desenvolvemento e despois subdirector da compañía Voz Audiovisual, onde traballou como produtor executivo e editor de guión de series televisivas de ficción (Mareas vivas, Terra de Miranda, A miña sogra e mais eu e As leis de Celavella) e documental (Vida nas mareas e O mundo de Celavella), e da longametraxe De bares.
En 2006 comezou a traballar para o grupo Fílmax como xefe de Desenvolvemento e produtor executivo de Filmax TV. Dedicouse especialmente ao documental.
Á marxe da televisión realizou a vídeo-instalación Paso (1990). É socio fundador da editorial TrisTram.
Obras
[editar | editar a fonte]- As catro vidas dunha película, 1995.
- Antonio Román. Director de cine, 1999 (cunha segunda e ampliada edición en castelán: Antonio Román, un cineasta de posguerra; premio ao mellor libro universitario español do ano 2004).
- Unha (brevísima) historia do cine, 2001.
- No verán de 1940, 2004.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Historia do cine en Galicia (coord. José Luis Castro de Paz, 1997).
- Diccionario del cine español (coord. José Luis Borau, 1998).
- Diccionario do cine en Galicia (1896-2000), do que tamén foi coordinador.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Notas sobre o cinematógrafo de Robert Bresson, 1994.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor guión | Luci | Nomeado |
No 2023, xunto cos seus irmáns Carlos e Jorge, recibiu unha homenaxe en Vilalba, pasando os tres a ter un monólito adicado no Paseo dos Soños, no hectómetro XVII.