Sandra Sánchez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) Narón, España |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema |
Sandra Sánchez Cachaza, coñecida como Sandra Sánchez, nada en Narón en 1970, é unha directora e montadora de cine galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou realización audiovisual na Escola de Imaxe e Son da Coruña. En 1991 formou parte da primeira promoción desta escola, onde realizou varias curtametraxes, entre elas a curta Ven a Bens, que recibiu varios premios e recoñecementos. É Técnica superior en realización e produción de programas audiovisuais (EIS, 1994), e Técnica superior en operacións de posprodución (EIS, 1992).
Desde daquela alterna o seu traballo como directora-realizadora e montadora, amosando un especial interese polo xénero documental.
Dirixiu documentais como Sueños desde el abismo (2006) e Aguiño, sobrevivir al Prestige (2003), este último emitido por varias canles de televisión internacionais.
Foi tamén responsábel da dirección das series documentais Moito mar (2001) e 112 rescate (2002), e da serie de ficción Rías Baixas (2003-2004), todas elas para a TVG.
Como montadora, a súa traxectoria foi extensa. Caben destacar a este respecto:
- As longametraxes de ficción:
- Rafael, de Xavier Bermúdez (2008) e
- Doentes, de Gustavo Balza (2010)
- Os documentais:
- Isaac, de Xosé Abad (2007) e
- Vidas virtuais, de Manane Rodríguez (2011) e
- As series de televisión:
- Pequeno Hotel (2002)
- Rías Baixas (entre 2003 e 2004, e que tamén dirixiu, como quedou dito)
- Maridos e mulleres (2005) e
- La casa de 1906 (2006), entre outros.
Na actualidade traballa como directora en Tic Tac Producciones, como directora/realizadora- montadora en freelance, e está en proceso de desenvolvemento a súa segunda longametraxe documental, Matavenero, da que se prevé que a súe estrea sexa en 2014.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Psicokiller, 2º premio Certame de Vídeo Cidade de Terrassa 1993.
1993.
- Ven a Bens
- Premio extraordinario no Certame de Vídeo Cidade de Terrassa;
- 2º Premio A.I.C.A (Madrid 1995);
- Mellor curta documental da década dos 90, segundo enquisa realizada a 17 críticos e estudosos do audiovisual en Galicia.
- A Repesca, premiado no concurso de guións "A Coruña de Cine" (1995).
- Galicia un país con recursos, premio AGAPI á mellor montaxe (1997).
- Buenos Aires: A Fronteira Sur do Soño, premio AGAPI á mellor montaxe (1998).
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Mellor montaxe | Rías Baixas | Nomeada |
2007 | Mellor realización | A Casa de 1907 | Nomeada |
Mellor montaxe | Isaac | Nomeada | |
2009 | Mellor montaxe | Rafael | Nomeada |
2011 | Mellor director | Tralas luces | Gañadora |
Mellor guión | Tralas luces | Nomeada | |
Mellor montaxe | Tralas luces | Gañadora | |
Doentes | Nomeada | ||
Mellor fotografía | Tralas luces | Nomeada |