Asia Occidental
Aparencia
Tipo | rexión xeográfica subcontinente (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Asia | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Asia Central Asia Meridional | ||||
Composto por | 21 | ||||
Asia Occidental ou do Oeste, tamén llamada Asia do Suroeste (o Suroccidental), é unha subrexión definida pola ONU que abrangue a zona occidental de Asia, incluíndo os países do Cáucaso. É practicamente equivalente ás expresións Oriente Medio ou Oriente Próximo, que describen a posición xeográfica en relación coa distancia dende Europa máis que a unha localización dentro de Asia. Debido a que isto é percibido como eurocentrismo, as organizacións internacionais como as Nacións Unidas,[1] substituíron os termos Oriente Medio ou Oriente Próximo por Asia Occidental. Esta rexión e Europa son nomeadas colectivamente como Eurasia Occidental.