Gran Premio de Mónaco de 1982
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 |
Distancia do evento | 76 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 23 de maio de 1982 |
Competición | |
Primeiro posto | Riccardo Patrese |
Pole position | René Arnoux |
Volta máis rápida | Riccardo Patrese |
O Gran Premio de Mónaco de 1982 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 23 de maio de 1982 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1982.
Informe
[editar | editar a fonte]Esta foi a primeira carreira tras a morte de Gilles Villeneuve no Gran Premio de Bélxica e, en consecuencia Ferrari participou cun só piloto, Didier Pironi.
A partir da volta 67, cando comezou a chover, a carreira converteuse nunha carreira rocambolesca. Riccardo Patrese estaba apertando a Alain Prost cando na volta 74, Prost arriscou demasiado e estrelouse contra as barreiras Armco na saída da chicane du Port (tamén coñecida como a pata do can). Convértese en líder da carreira Riccardo Patrese, na volta 75, pero na pinza de Loews apágaselle momentaneamente o motor, sendo adiantado por varios pilotos, Didier Pironi toma a cabeza, pero é traizoado polo seu Ferrari no túnel. Sucedeo no liderado outro piloto italiano, Andrea De Cesaris con Alfa Romeo. Pero, queda sen combustible aos poucos metros e ponse de líder o irlandés Derek Daly, que uns poucos momentos despois choca contra as proteccións da pista. Patrese, que lograra acender o seu coche rodando costa abaixo, logrou a súa primeira vitoria. Pironi e de Cesaris clasificáronse segundo e terceiro, con Daly sexto. O comentarista da BBC e campión do mundo de 1976 James Hunt fixó o famoso comentario: "Ben, temos esta ridícula situación na que estamos todos sentados na liña de chegada á espera de que veña un gañador e non parece que vaiamos ter un!".[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1982 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1982 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Detroit de 1982 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1981 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1983 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Líderes de volta: René Arnoux 14 (1-14), Alain Prost 59 (15-73), Riccardo Patrese 2 (74, 76), Didier Pironi 1 (75)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1982 |