Goa
गोवा (hi) गोंय (gom) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | India | ||||
Capital | Pangim (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.458.545 (2011) (393,99 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua konkani | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 3.702 km² | ||||
Altitude | 1.167 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 29 de maio de 1987 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | unicameralidade | ||||
• Xefe de estado | Mridula Sinha (2014–2019) B. D. Mishra (en) (2023–) | ||||
Órgano executivo | Goa Legislative Assembly (en) (Escano: 40) | ||||
• Chief Minister of Goa (en) | Pramod Sawant (en) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Goa Legislative Assembly (en) Circunscrición: 40, (Escano: 40) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 403XXX | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | +91 0832 | ||||
ISO 3166-2 | IN-GA | ||||
Sitio web | goa.gov.in | ||||
Goa (en konkani: गोंय) é un estado da India, situado na súa costa occidental. É un dos máis pequenos estados en territorio e poboación, e máis rico en PIB por persoa da India. A capital é Pangim e Vasco da Gama (frecuentemente chamada só "Vasco") é a cidade máis grande.[1]
Goa a partir de 1510, foi a capital do Estado Portugués da India,[2] incorporándose á Unión India en 1961.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Despois do imperio Maurya (321-185 a.C.) Goa foi disputada por varios imperios en batallas sanguentas. Por volta do século X Goa, entón concentrada en torno do río Zuari, prosperou polo comercio cos árabes. En 1347 caeu baixo dominio islámico, e moitos templos a deuses hindús foron destruídos.
En 1510 Afonso de Albuquerque, axudado por un xefe hindú, tomou Goa aos árabes, que se renderon sen combate, por se atopar o sultán en guerra co Decán. Goa foi cobizada por ser o mellor porto comercial da rexión. Botáronse aos musulmáns da rexión, e en 1453 un quinto da rexión estaba baixo dominio portugués, recibindo o nome de Vellas Conquistas.
A decadencia do porto de Goa no século XVII foi consecuencia das derrotas militares dos portugueses polos neerlandeses, no oriente, que tornaron o Brasil o centro económico de Portugal.
Houbo dous curtos períodos de dominación británica (1797-1798 e 1802-1813) e poucas outras ameazas externas despois deste período. Durante o dominio británico na India, moitos habitantes de Goa emigraron para Mumbai, Calcuta, Puna, Karachi e outras cidades. O illamento de Goa diminuíu coas vías férreas a partir de 1881, mais a emigración en busca de mellores oportunidades económicas aumentou.
En 1900 Goa tivo o seu primeiro xornal bilingüe gujarati-portugués.
Os ingleses deixaron a India en 1947, os franceses deixaron Pondicherri en 1954, mais o goberno de Salazar negouse a negociar coa India. En 1961 o exército indiano invadiu Goa, atopando pouca resistencia.
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]- 1510: Ocupación portuguesa de Goa.
- 1535: Diu adquirido por Portugal.
- 1588: Daman adquirido por Portugal.
- 1779: Dadra e Nagar Haveli adquirido por Portugal.
- 1802-1813: Ocupación británica.
- 1946: Provincia ultramarina de Portugal baixo o nome de Estado da India Portuguesa.
- 1954: Dadra e Nagar Haveli ocupado por nacionalistas da India.
- 1961: Goa, Daman e Diu ocupado pola India.
- 1974: Incorporación recoñecida por Portugal.
Daman e Diu desde o inicio, e moito máis tarde tamén Nagar-Aveli, estiveron ligados a Goa, baixo o nome de Estado da India Portuguesa, ligados non só pola administración, con centro en Goa, mais tamén por outros sentimentos, porén separados por cerca de 700 e 1500 km. Logo despois da integración na India aínda estiveron ligados a Goa, porén, cando esta deveu un Estado dentro da República da India, Daman e Diu pasaron a administrarse directamente polo Goberno Central da India, baixo o nome de Territorio da Unión de Daman e Diu (Union Territory Of Daman & Diu). Dadrá e Nagar-Aveli, integrados algúns anos antes na India (1954), forman un territorio á parte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "‘RECLAIMING VASCO-DA-GAMA, THE PORT TOWN’ – The Neutral View". web.archive.org. 2018-12-12. Archived from the original on 12 de decembro de 2018. Consultado o 2024-10-30.
- ↑ Mendonça, Délio de (2002). Conversions and Citizenry: Goa Under Portugal, 1510-1610 (en inglés). Concept Publishing Company. ISBN 978-81-7022-960-5.
- ↑ Cartwright, Mark. "Estado da Índia". Enciclopédia da História Mundial (en portugués). Consultado o 2024-10-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Goa |
A Galipedia ten un portal sobre: India |