Saltar ao contido

George H. W. Bush

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «George Herbert Walker Bush»)
Modelo:BiografíaGeorge H. W. Bush

(1989) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Herbert Walker Bush Editar o valor en Wikidata
12 de xuño de 1924 Editar o valor en Wikidata
Milton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 2018 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepárkinson Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGeorge Bush Presidential Library (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
41º Presidente dos Estados Unidos de América
20 de xaneiro de 1989 – 20 de xaneiro de 1993
← Ronald ReaganWilliam Jefferson Clinton →
32º Presidente electo dos Estados Unidos
8 de novembro de 1988 – 20 de xaneiro de 1989
← Ronald ReaganWilliam Jefferson Clinton →
43º Vicepresidente dos Estados Unidos
20 de xaneiro de 1981 – 20 de xaneiro de 1989
← Walter MondaleDan Quayle →
Director of Central Intelligence (en) Traducir
30 de xaneiro de 1976 – 20 de xaneiro de 1977
← William ColbyStansfield Turner →
United States Ambassador to China (en) Traducir
26 de setembro de 1974 – 7 de decembro de 1975
← David K. E. BruceThomas S. Gates, Jr. →
10º Representante permanente dos Estados Unidos junto às Nações Unidas em Nova Iorque (pt) Traducir
1 de marzo de 1971 – 18 de xaneiro de 1973
← Charles Woodruff YostJohn A. Scali →
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 1967 – 3 de xaneiro de 1971
← John DowdyWilliam Reynolds Archer →
Presidente
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa episcopal nos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale - grao en Artes (1945–1948)
Phillips Academy (1936–1942)
Greenwich Country Day School (–1936)
Robert A. Taft Information Technology High School (en) Traducir
Davenport College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,88 m Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e goberno Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Washington, D.C.
Houston Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, aviador, emprendedor, autobiógrafo, diplomático, oficial da armada, beisbolista, estadista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1942 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorCentral Intelligence Agency, Director of Central Intelligence (en) Traducir (1976–1977) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militartenente junior Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial
Guerra do Golfo Editar o valor en Wikidata
DeporteFútbol americano Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Yale Bulldogs baseball
Obra
Arquivos en
Familia
FamiliaFamília Bush (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBarbara Bush (1945–2018), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosGeorge W. Bush, Robin Bush, Jeb Bush, Neil Bush, Marvin P. Bush, Dorothy Bush Koch Editar o valor en Wikidata
PaisPrescott Bush Editar o valor en Wikidata  e Dorothy Walker Bush Editar o valor en Wikidata
IrmánsNancy Walker Bush Ellis
Jonathan Bush
William H. T. Bush
Prescott S. Bush, Jr. Editar o valor en Wikidata
ParentesAlexander Ellis III, sobriño
John Prescott Ellis, sobriño
Joe Ellis, sobriño
Jonathan S. Bush, sobriño
Billy Bush, sobriño Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
30 de novembro de 2018morte
6 de xaneiro de 1945Voda
Funeral de Estado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webbush41.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0124132 Allocine: 36461 Rottentomatoes: celebrity/george_bush Allmovie: p9852
Twitter: GeorgeHWBush BNE: XX1703965 Musicbrainz: f542595a-9b07-41ce-9d86-84bc191cf3b8 Discogs: 879473 WikiTree: Bush-7 Find a Grave: 4311 Editar o valor en Wikidata

George Herbert Walker Bush, nado en Milton (Massachusetts) o 12 de xuño de 1924[1] e finado en Houston o 30 de novembro de 2018,[2] foi o 41º presidente dos Estados Unidos entre os anos 1989 e 1993. Con anterioridade fora embaixador diante a ONU (19711973), director da CIA 19761977, e o 43º vicepresidente dos Estados Unidos co presidente Ronald Reagan (19811989). Foi o pai do 43º presidente dos EUA, George Walker Bush.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Actividade durante a segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Fillo do senador por Connecticut Prescott Bush e Dorothy Walker. Estudou na Academia Phillips de Andover, Massachusetts entre 1936 e 1942, onde xa demostrou as súas condicións de líder. Despois de se graduar ingresa na US Navy chegando ser o aviador máis novo do exército con 19 anos (1943).

Foi asignado ao Escuadrón Torpedo (VT-51) no portaavións lixeiro U.S.S. San Jacinto. Participou en operacións contra a illa Minami Torishima ou Marcus e a Illa Wake en maio de 1944 e nas Marianas en xuño. O 19 de xuño o avión onde ía Bush fixo unha amaraxe forzada, o destrutor U.S.S. Clarence K. Bronson, rescatou á tripulación, e Bush foi promovido a tenente.

O 1 de agosto, o San Jacinto comeza as operacións contra os xaponeses nas Illas Ogasawara. O 2 de setembro de 1944, Bush foi un dos catro pilotos que atacaron as instalacións xaponesas de Chichi-jima, o avión de Bush foi abatido pola defensa antiaérea xaponesa, rescatándoo o submarino U.S.S. Finback.

Bush retornou ao San Jacinto en novembro de 1944 e participou nas operacións de Filipinas. Cando o San Jacinto volveu a Guam, o seu escuadrón, que sufrira a perda do 50% dos pilotos, volveu aos Estados Unidos. Por mor das súas experiencias de combate, Bush foi destinado á Base Militar de Norfolk como adestrador de novos pilotos. Unha vez que o Xapón se rendeu, deixou o exército e entrou na Universidade Yale.

Posguerra

[editar | editar a fonte]

Casou con Barbara Pierce o 6 de xaneiro de 1945, con ela tivo seis fillos: George W. Bush, Pauline Robinson "Robin" (20 de decembro de 1949–11 de outubro de 1953, morta de leucemia), John (Jeb), Neil, Marvin e Dorothy Walker. Bush entrou no negocio do petróleo en Texas, grazas ás relacións do seu pai con Dresser Industries.

Carreira política

[editar | editar a fonte]
George H. W. Bush con Ronald Reagan, 1984.

En 1964, Bush entrou en política, presentándose contra o senador demócrata por Texas Ralph Yarborough, opoñéndose ao seu apoio á Lei de Dereitos Civís de 1964, pero non puido gañar o escano.

En 1966 conseguiu ser elixido para a Cámara de Representantes polo 7º Distrito de Texas, repetindo en 1968. En 1970 tenta entrar de novo no Senado, competindo con Lloyd Bentsen, pero de novo perde nas eleccións.

Durante a presidencia de Richard Nixon foi embaixador diante as Nacións Unidas (1971-1973), e con Gerald Ford director da CIA (1976-1977). Presentou a súa candidatura para ser elixido candidato do Partido Republicano para a presidencia nas eleccións de 1980, pero perdeu diante Ronald Reagan, aínda que este elixiu a Bush como o seu candidato para a vicepresidencia.

A lista Reagan/Bush gañou de novo en 1984, contra os demócratas Walter Mondale/Geraldine Ferraro. Durante o segundo mandato como vicepresidente, Bush converteuse no primeiro vicepresidente en actuar como presidente provisorio, cando Reagan tivo que se someter a unha operación cirúrxica o 13 de xullo de 1985.

En 1988 presentou a súa candidatura para a presidencia, competindo nas primarias do Partido Republicano con Bob Dole e Pat Robertson, vencéndoos sen dificultade, e elixindo ao senador Dan Quayle como candidato á vicepresidencia para se enfrontar aos candidatos do Partido Demócrata, Michael Dukakis e Lloyd Bentsen aos que tamén vencen.

Presidencia

[editar | editar a fonte]

Continuou a política do seu predecesor, Ronald Reagan, dando prioridade á política exterior, en 1989 coa caída do Muro de Berlín apoiou a unificación alemá e mantivo o diálogo con Mikhail Gorbachov. Autorizou a invasión de Panamá para destituír ao presidente Manuel Noriega.

En agosto de 1990 Iraq invadiu Kuwait, George Bush, co aval do Congreso e das Nacións Unidas, enviou tropas ao Golfo.


Predecesor:
Ronald Wilson Reagan
 
Presidente dos Estados Unidos de América
 
19891993
Sucesor:
William Jefferson Clinton
  1. Melandri, Pierre. "BUSH GEORGE HERBERT WALKER". Encyclopædia Universalis [en ligne] (en francés). Consultado o 24-10-2019. 
  2. "Muere George H. W. Bush, ex presidente de Estados Unidos, a los 94 años". elmundo.es. 1-12-2018. Consultado o 24-10-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]