Saltar ao contido

Faysal bin Abdelaziz Al Saud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHis Majesty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Faysal bin Abdelaziz Al Saud

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) فيصل بن عبد العزيز آل سعود Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1905 Editar o valor en Wikidata
Riad, Arabia Saudita Editar o valor en Wikidata
Morte25 de marzo de 1975 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Riad, Arabia Saudita Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, tiro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAl Oud cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Arabia Saudita
2 de novembro de 1964 – 25 de marzo de 1975
← Saud bin Abdul Al-AzizKhalid bin Abdul Aziz →
Primeiro ministro de Arabia Saudita
2 de novembro de 1964 – 25 de marzo de 1975
Minister of Foreign Affairs of Saudi Arabia (en) Traducir
16 de marzo de 1962 – 25 de marzo de 1975
Minister of Finance (en) Traducir
28 de xullo de 1958 – 30 de agosto de 1960
Minister of Foreign Affairs of Saudi Arabia (en) Traducir
19 de decembro de 1930 – 22 de decembro de 1960 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, estadista, político, militar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForças Armadas da Arábia Saudita (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarSupreme Commander of all military forces (en) Traducir (1964–1975) Editar o valor en Wikidata
ConflitoUnificação da Arábia Saudita (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
18 de abril de 1955Conferencia de Bandung Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Saud Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIffat Al-Thunayan (1932–1975) Editar o valor en Wikidata
FillosAbdullah bin Faisal Al Saud, Sara bint Faisal Al Saud, Mohammed bin Faisal Al Saud, Khalid bin Faisal Al Saud, Saud bin Faisal bin Abdulaziz Al Saud, Saad bin Faisal Al Saud, Turki bin Faisal Al Saud, Lolowah bint Faisal Al Saud, Haifa bint Faisal Editar o valor en Wikidata
PaisAbdul Aziz Al-Saud Editar o valor en Wikidata  e Tarfah bint Abdullah Al Sheikh Editar o valor en Wikidata
IrmánsFahd bin Abdul Al-Aziz
Khalid bin Abdul Aziz
Saud bin Abdul Al-Aziz
Salmán I
Abdullah bin Abdulaziz Al Saud
Al Jawhara bint Abdulaziz Al Saud
Mamdoh bin Abdulaziz
Mutaib bin Abdulaziz Al Saud
Nura bint Abdulaziz
Latifa bint Abdulaziz Al Saud Editar o valor en Wikidata
ParentesMohammed bin Abdullah Al Saud, neto
Reema Bint Bandar Al Saud, neta Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm6472044 BNE: XX1263591 WikiTree: آل_سعود-7 Find a Grave: 14817822 Editar o valor en Wikidata
Faysal bin Abdelaziz Al Saud.

Faysal bin Abdelaziz Al Saud (en árabe فيصل بن عبدالعزيز آل سعود), tamén chamado Faisal ibn Abd al-Aziz, nado en Riad probábelmente en 1906 e finado o 25 de marzo de 1975, foi o cuarto fillo de Ibn Saud e o terceiro rei de Arabia Saudita.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1925, comandando un exército de leais sauditas, obtivo unha decisiva vitoria sobre Hejaz. Como recompensa, foi feito gobernador de Hejaz ao ano seguinte. En 1932 aceptou o cargo de Ministro de Asuntos Exteriores.

Despois de que as Nacións Unidas dividisen Palestina, Faysal pediu ao seu pai que rompese as súas relacións cos Estados Unidos, pero foi ignorado. A saúde de Saud empeorou, e Faysal tomou o posto de rexente o 4 de marzo de 1964. O 2 de novembro dese ano converteuse en rei despois de que o seu irmán fose deposto.

Faysal introduciu algunhas reformas, como a televisión e a escolarización feminina, ás que se opuxeron moitos sauditas, incluíndo os membros da familia real, pois ambas foron consideradas contrarias ao islam. En 1967, tras a vitoria israelí na Guerras dos Seis Días, sentiuse derrotado e nunca volveu sorrir.[Cómpre referencia]

En 1973, comezou un programa para incrementar o poder militar de Arabia Saudita. O 17 de outubro, retirou o pretróleo saudita dos mercados mundiais, cuadruplicando o seu prezo. Esta acción foi a principal culpábel da Crise Enerxética de 1973. En 1974 foi nomeado Home do Ano pola revista Time.

Asasinato

[editar | editar a fonte]

O 25 de marzo de 1975 foi asasinado a tiros polo seu sobriño Faysal bin Musaed por razóns aínda descoñecidas. Especulouse con que quería vingar o seu irmán máis vello Khalid, que morreu nun encontro contra as forzas de seguridade en 1966. Aínda que se falou de varias teorías sobre conspiracións, unha investigación descubriu que o príncipe Faysal bin Musaed supostamente actuou só.

O príncipe Musaed estaba xunto a unha delegación kuwaití que agardaba para reunirse co rei. O rei Faysal encamiñábase cara a eles cando Musaed sacou unha pistola e disparou sobre el.

Musaed foi capturado inmediatamente e inicialmente declarado demente. Máis tarde foi acusado de rexicidio e, en xuño de 1975, foi decapitado na praza pública de Riyadh.

Faysal foi sucedido polo seu irmán Khalid bin Abdul Aziz.

En 1979, a cidade de Lyallpur, en Paquistán, foi renomeada como Faysalabad no seu honor. A Mesquita Faysal en Islamabad tamén recibiu o seu nome. A maior estrada de Karachi foi renomeada Shahrah-e-Faisal e unha zona residencial próxima ao Aeroporto de Karachi foi renomeada como Colonia do Shah Faysal.

Precedido por:

Saud bin Abdul Aziz

Reis de Arabia Saudita
e
Líderes da Casa de Saud
Sucedido por:

Khalid bin Abdul Aziz

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]