Saltar ao contido

Enterobacteriáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enterobacteriaceae

Citrobacter freundii, un membro desta familia
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Enterobacteriales
Familia: Enterobacteriaceae
Rahn, 1937

As enterobacteriáceas (Enterobacteriaceae) son unha gran familia de bacterias gramnegativas á que pertencen, xunto a moitas bacterias simbiontes inofensivas, moitas das bacterias patóxenas máis comúns, como Salmonella, Escherichia coli, Klebsiella e Shigella. Outras bacterias desta familia menos comúns que tamén causan enfermidades son: Proteus, Enterobacter, Serratia, Citrobacter e Yersinia pestis. Esta familia é a única que está incluída na orde Enterobacteriales[1] (ou Enterobacterales[2]) da clase Gammaproteobacteria do filo Proteobacteria.[3] Filoxeneticamente, nas Enterobacteriales están incluídas varias especies endosimbiontes de insectos carentes de peptidoglicano, que forman un clado de Enterobacteriaceae, pero non están descritos validamente, polo que este grupo non é oficialmente un taxon; exemplos de ditas especies son: Sodalis, Buchnera, Wigglesworthia, Baumannia e Blochmannia, pero non antigas rickettsias.[4]

Membros das Enterobacteriaceae poden denominarse informalmente enterobacterias, xa que varios dos seus membros viven nos intestinos de animais, (pero non todos, e ademais outras familias poden vivir no intestino). De feito, a etimoloxía do nome da familia é a palabra "enterobacterium" (enterobacteria) ao que se lle engadiu o sufixo que designa as familias (aceae), e non procede do xénero Enterobacter (que tería orixinado o termo "Enterobacteraceae", sen o i). O seu xénero tipo é Escherichia.

Características

[editar | editar a fonte]

As Enterobacteriaceae son bacilos de 1-5 μm de lonxitude. Igual ca outras proteobacteria, presentan tinguidura gramnegativa,[5] e son anaerobios facultativos, que fermentan azucres para producir ácido láctico e outros produtos finais. A maioría tamén reduce o nitrato a nitrito, aínda que hai excepcións (por exemplo, Photorhabdus). A diferenza da maioría de bacterias similares, as enterobacteriáceas carecen xeralmente de citocromo c oxidase, aínda que hai excepcións, como Plesiomonas shigelloides. A maioría teñen moitos flaxelos que utilizan para moverse, pero tamén hai uns poucos xéneros inmóbiles. Non forman esporas. A reacción á catalase é moi variada entre as Enterobacteriaceae.

Moitos membros desta familia forman parte da flora intestinal normal humana e doutros animais, e outros viven no solo ou na auga, ou son parasitos de varios animais e plantas. Escherichia coli é un dos organismos modelo máis importantes, e a súa xenética e bioquímica foron moi estudadas.

A maioría dos membros das Enterobacteriaceae presentan, fimbrias tipo I, que están implicadas na adhesión das bacterias aos seus hóspedes. Algunhas enterobacteriáceas producen endotoxinas. As endotoxinas encóntranse no citoplasma da célula e son liberadas cando a célula morre e a súa parede celular se desintegra. Algúns membros da familia Enterobacteriaceae producen unha infección sistémica na corrente sanguínea cando todas as bacterias mortas liberan as súas endotoxinas. Isto coñécese como choque endotóxico, que pode ser mortal.

Identificación de Enterobacteriaceae

[editar | editar a fonte]

Para identificar os xéneros de Enterobacteriaceae, un microbiólogo pode levar a cabo unha serie de probas de laboratorio, que inclúen varios tipos de cultivos en tubo ou en placa de ágar como os seguintes:[6]

Nas contornas clínicas, só tres especies supoñen do 80 ao 95%[7] de todas as especies identificadas do grupo, que son: Escherichia coli, Klebsiella pneumoniae e Proteus mirabilis.

Resistencia a antibióticos

[editar | editar a fonte]

Illáronse cepas de enterobacteriáceas que son resistentes ao antibiótico carbapenem. Estes antibióticos a miúdo considéranse como "a última liña de defensa con antibióticos" contra os organismos que presentan resistencia a antibióticos. Estas cepas resistentes causan un 40% de mortes entre os infectados e son virtualmente intratables. Un exemplo son certas cepas de Klebsiella pneumoniae.[8] [9]

Exemplos/clasificación en xéneros

[editar | editar a fonte]

A seguinte lista contén os principais xéneros de bacterias da familia Enterobacteriaceae.

  1. Taxonomicon Enterobacteriales consultado o 2 de xaneiro de 2020
  2. NCBI Enterobacterales consultado o 9 de marzo de 2020
  3. Don J. Brenner; Noel R. Krieg, James T. Staley (July 26, 2005) [1984 (Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. The Gammaproteobacteria. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 2B (2nd ed.). New York: Springer. p. 1108. ISBN 978-0-387-24144-9. British Library no. GBA561951. 
  4. Williams, K. P.; Gillespie, J. J.; Sobral, B. W. S.; Nordberg, E. K.; Snyder, E. E.; Shallom, J. M.; Dickerman, A. W. (2010). "Phylogeny of Gammaproteobacteria". Journal of Bacteriology 192 (9): 2305–2314. doi:10.1128/JB.01480-09. PMC 2863478. PMID 20207755. //www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2863478/.
  5. "Dorlands Medical Dictionary:Enterobacteriaceae". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2009. 
  6. MacFaddin, Jean F. Biochemical Tests for Identification of Medical Bacteria. Williams & Wilkins, 1980, p 441.
  7. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de novembro de 2011. Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  8. CDC - Klebsiella
  9. Peter Eisler (November 29, 2012). "Deadly superbugs invade U.S. health care facilities". USA Today. Consultado o December 1, 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Enterobacteriaceaegenomes and related information at PATRICArquivado 27 de xullo de 2011 en Wayback Machine., a Bioinformatics Resource Center funded by NIAID
  • Evaluation of new computer-enhanced identification program for microorganisms: adaptación de BioBASE para a identificación de membros da familia Enterobacteriaceae [1] Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
  • Brown, A.E. (2009). Benson's microbiological applications: laboratory manual in general microbiology. Nova York: McGraw- Hill.