Colin Davis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xullo de 1933 Marylebone, Reino Unido |
Morte | 23 de decembro de 2012 (79 anos) Cidade do Cabo, Suráfrica |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Pai | Sammy Davis |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Colin Charles Houghton Davis nado en Marylebone, Londres o 29 de xullo de 1933 e finado o 19 de decembro de 2012 foi un británico piloto de carreiras de Inglaterra, que gañou a Targa Florio de 1964.[1]
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Davis naceu en Marylebone, Londres, o fillo dun dos "Bentley Boy" e gañador de Le Mans, Sammy Davis (quen máis tarde converteríase no editor deportivo da revista "Autocar").
Davis era un executivo publicitario que competiu cun Cooper Fórmula 3 de 500cc antes de trasladarse a Italia desde onde dirixiu a súa propia andaina nas carreiras.
Andaina nas carreiras
[editar | editar a fonte]Davis competiu en dous Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, terminando o 11º no Gran Premio de Italia de 1959 nun Cooper-Maserati da Scuderia Centro Sud.[2] Tamén participou en varias carreiras de Fórmula Un fóra de campionato.
Davis terminou oitavo na xeral e gañador da clase nos 1000 quilómetros de Nürburgring, compartindo un Ferrari 250GT con Carlo Abate.[3] Na mesma carreira o ano seguinte terminou cuarto na xeral, outra vez con Abate, nun Ferrari 250GT.[4] Tamén en 1961 Davis terminou quinto nas 4 Horas de Pescara, pilotando só nun Osca Sport de 1.600 c.c.[5] Compartiu a vitoria nun Porsche 904 GTS na Targa Florio de 1964 con Antonio Pucci.[6]
Morte
[editar | editar a fonte]Morreu o 19 de decembro de 2012 logo dunha longa enfermidade.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Scuderia Centro Sud | Cooper T51 | Maserati | MON | 500 | NED | FRA Ret |
GBR | ALE | POR | ITA 11 |
USA | NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Targa Florio winner Colin Davis passes away aged 79". Autosport.Com. Consultado o 2012-12-23.
- ↑ Motor Sport, October 1959, Pages 745-746.
- ↑ Motor Sport, xullo 1960, Pages 534-535.
- ↑ Motor Sport, July 1961, Pages 575-576, 578, 580.
- ↑ Motor Sport, setembro 1961, Pages 739-740.
- ↑ Motor Sport, June 1964, Pages 453, 456.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colin Davis |