Carcasona
Carcassonne (fr) Carcassona (oc) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Departamento | Aude | ||||
Distritos | arrondissement of Carcassonne (en) | ||||
Cantón | canton of Carcassonne-Est (en) | ||||
Capital de | Aude canton of Carcassonne-Centre (en) canton of Carcassonne-Nord (en) canton of Carcassonne-Sud (en) County of Carcassonne (en) canton of Carcassonne-Est (en) arrondissement of Carcassonne (en) canton of Carcassonne-2 (en) (2015–) canton of Carcassonne-3 (en) (2015–) canton of Carcassonne-1 (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 46.218 (2021) (710,17 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921307 Q3550964 | ||||
Superficie | 65,08 km² | ||||
Bañado por | Rio Aude (pt) e Fresquel (en) | ||||
Altitude | 111 m-81 m-250 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11000 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | carcassonne.org | ||||
Carcasona[1][2] (en francés: Carcassonne; en occitano: Carcassona [karkasuno]) é un concello francés localizado no departamento de Aude, na rexión Languedoc-Rosellón. É unha cidade que contaba con 43 950 habitantes no ano 1999, sendo a capital (préfecture) do seu departamento. É coñecido baixo o apelativo "la Cité de Carcassonne" (A Cidadela de Carcasona) un conxunto arquitectónico medievo moi ben conservado e rexistrado no patrimonio mundial da UNESCO dende o ano 1997.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Historia antiga
[editar | editar a fonte]Fundada durante o Período Galorromano, a cidadela recibe a súa reputación dos seus 3 km. de muros circundantes dobres intercalados por 52 torres.[4] A cidade ten uns 2.500 anos de historia e ocupouse en diferentes idades por romanos, visigodos e Cruzados. Ao comezo da súa historia era un asentamento galo, entón no século III d.C., os romanos decidiron transformalo nunha cidade fortificada.[5] As defensas romanas estaban en marcha no 333 d.C., cando a cidade é descrita como un castellum. Os muros orixinais estaban apoiados por entre 34 e 40 torres, espazadas entre 18 e 30 metros ao longo do muro cortina. Cada torre era de planta semicircular e tiña uns 14 metros de altura. Probablemente había 40 entradas principais á cidade.
As murallas galorromanas reconstruíronse durante a ocupación da vila polos visigodos nos séculos V e VI, pero a estrutura orixinal mantívose no seu lugar.
Bernard Aton IV Trencavel, vizconde de Albi, Nîmes e Béziers, iniciou un período de prosperidade para a cidade con numerosos proxectos de construcións. Durante este período, unha nova seita coñecida como Catarismo xurdiu en Languedoc. En 1096, o vizconde de Trencavel autorizou a construción da Basílica de Saint-Nazaire coa bendición do Papa Urbano II. En 1107, os cidadáns rexeitaron a súa soberanía e pediron a Ramón Berenguer III, conde de Barcelona que o destituira. Porén, coa axuda de Bertrand, Conde de Tolosa, Bernard Aton recuperou o control da Cidadela. En 1120, houbo unha segunda revolta, pero Bernard Aton restableceu a orde poucos anos despois. En 1130, comezou a construír un palacio para si e a restauración das fortificacións galorromanas. A Cidade de Carcasona rodeouse por primeira vez por unha fortificación completa.
Neste momento, a cidade tiña unha poboación de tres a catro mil habitantes, incluíndo os residentes dos dous asentamentos baixo os muros da Cité: o bourg Saint-Vincent ao norte e o bourg Saint-Michel ao sur da porta de Narbón.
En 1208, o Papa Inocencio III chamou aos baróns do norte a montar unha cruzada contra os cátaros, comezando coa Cruzada albigense. O conde de Tolosa, acusado de herexía, así como o seu principal vasalo, o vizconde de Trencavel, foron o principal obxectivo deste ataque. O 1 de agosto de 1209, a Cité foi asediada polos cruzados. Raimond-Roger Trencavel rendeuse rapidamente o 15 de agosto a cambio da vida dos cidadáns. A cidade arredor da Cité foi destruída e os cidadáns expulsados. O vizconde morreu de disentería no seu propio castelo o 10 de novembro de 1209.
As súas terras foron entregadas a Simon de Montfort, o líder dos cruzados. Cando morreu en 1218 no asedio de Tolosa, o seu fillo, Amaury de Montfort, tomou posesión da Cité, pero non puido mantela. Cedeuna a Lois VIII de Francia, pero Raimundo VII de Tolosa e os condes de Foix aliáronse contra el. En 1224, Raimond II Trencavel retomou a Cité. Porén, Lois VIII lanzou outra cruzada en 1226. A partir dese momento, a Cité converteuse nun dominio real. Sucedeu un período de terror, con numerosos masacres e a Inquisición.
Despois de 1226, engadiuse unha liña adicional de fortificacións fóra das murallas romanas. A cidade foi finalmente anexionada ao Reino de Francia en 1247 d.C. Proporcionou unha forte fronteira francesa entre Francia e a Coroa de Aragón. Durante este período, as murallas interiores romanas foron en gran parte derrubadas e substituídas, mentres que as novas murallas exteriores foron reforzadas e ampliadas cara ao sur. As novas torres construídas durante esta obra eran principalmente circulares, pero dúas eran cadradas. A construción continuou durante o reinado de Rei Filipe IV a principios do século XIV.[6]
En 1659, despois do Tratado dos Pireneos, a provincia de Rosellón pasou a formar parte de Francia e a cidade perdeu a súa importancia militar.[7] As fortificacións foron abandonadas e a cidade converteuse nun dos centros económicos de Francia, concentrándose na industria téxtil da lá.
Restauración
[editar | editar a fonte]En 1849 o Goberno de Francia decidiu que as fortificacións da cidade debían demolerse. Esta decisión foi enérxicamente rexeitada pola poboación local. Jean-Pierre Cros-Mayrevieille e a personalidade literaria Prosper Mérimée, ambos os dous destacados arqueólogos e historiadores, levaron a cabo unha campaña para preservar a fortaleza como monumento histórico. Posteriormente o goberno revogou a súa decisión e en 1853 comezaron os traballos de restauración. O arquitecto Eugène Viollet-le-Duc foi o encargado de renovar a fortaleza.[8] A obra de Viollet-le-Duc foi criticada durante a súa vida como inadecuada para o clima e as tradicións da rexión. Despois da súa morte en 1879, o traballo de restauración continuouno o seu alumno, Paul Boeswillwald, e máis tarde polo arquitecto Nodet.[9]
A lenda de Lady Carcas
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Lady Carcas.
Lady Carcas é un personaxe lendario da cidade de Carcassonne.[10][11] Segundo a lenda, é a esposa de Ballak, o príncipe musulmán de Carcasona, que morreu en combate contra Carlomagno. A dama Carcas, tras a morte do seu marido, encargouse presuntamente da defensa da cidade contra o exército franco e repelíao. lady Carcas empregou primeiro un truco que consistía en facer soldados falsos, que fabricara e colocara en cada torre da cidade. O cerco durou cinco anos.
Pero a principios do sexto ano, a comida e a auga eran cada vez máis escasos. A señora Carcas quixo facer un inventario de todas as reservas que quedaban. A cidade era sarracena, polo que unha parte da poboación, sendo musulmá, non consumía carne de porco. Os veciños trouxéronlle un porco e unha bolsa de trigo. A ela tivo entón a idea de darlle de comer ao porco co saco de trigo e logo precipitalo dende a torre máis alta da cidade ao pé das murallas exteriores.
Carlomagno e os seus homes, crendo que a cidade aínda estaba chea de soldados e comida ata o punto de desperdiciar un porco alimentado con trigo, remataron co cerco. Ao ver que o exército de Carlomagno saía da chaira fronte á cidade, Lady Carcas encheuse de alegría polo resultado da súa artimaña e decidiu tocar todas as campás da cidade. Un dos homes de Carlomagno gritou entón: "¡Carcas está soando!", en francés "Carcas sonne!" creando así o nome da cidade.
Panorama
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ver entrada de «Ramón Berenguer». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1.747. ISBN 9788482893600.
- ↑ A forma «Carcasona» ten tradición literaria en galego. Emprégana por exemplo Cunqueiro no seu poema "Lord Dunsany" (Herba aquí ou acolá) e Méndez Ferrín en Bretaña Esmeraldina.
- ↑ Lista da UNESCO World Heritage Centre Patrimoine mondiale de l'UNESCO, consultado o 23/05/2007
- ↑ Les lieux remarquables de la Cité Arquivado 2010-12-09 en Wayback Machine., Site Officiel de la ville de Carcassonne. Consultado o 12 de maio de 2011 (en francés)
- ↑ Jean-Pierre Panouillé, Carcassonne: histoire et architecture, Rennes: Ouest-France, 1999, ISBN 978-2-7373-2194-8, p. 7 (en francés)
- ↑ Cowper, Marcus (2006), Cathar Castles: Fortresses of the Albigensian Crusade 1209-1300. Osprey Publishing, ISBN 978-1846030666 (pp. 20-21)
- ↑ François de Lannoy, La Cité de Carcassonne , Bayeux: Heimdal, 2004, ISBN 978-2-84048-197-3, p. 11 (en francés)
- ↑ Joseph Poux, La Cité de Carcassonne, précis historique, archéologique et descriptif, Toulouse: Privat, 1923, p. 50 (en francés)
- ↑ .php Carcassonne, cidade fortificada A61 patrimonio da humanidade[Ligazón morta] – Abelard Public Education Site.
- ↑ Louis Fédié, Histoire de Carcassonne, Lacour, 2000, p. 40. (en francés)
- ↑ Philippe Giraud, Les couleurs de l'Aude, Ed. du Pélican, 2002, (ISBN 2-7191-0630-5), p. 29 (en francés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carcasona |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gustave Mot, Carcassonne, ville basse 1247-1962, editado pola Société d’études scientifiques de l’Aude, (1963)
- René Descadeillas, Carcassonne, edicíos Saep, (1972)
- René Nelli e Henri Alaux Carcassonne d'heureuse rencontre, edicíos Edisud (1980)
- Claude Marquié, Carcassonne : hôtels et maisons du Moyen Âge à la Révolution, editado pola Amicale Laïque de Carcassonne, (1998), ISBN 2-9502965-0-9
- Philippe Benoist Carcassonne pays cathare, edicíos Déclic, (2002) ISBN 2-84768-005-5
- Henry Alaux, Carcassonne, quartiers et faubourgs, edicíos do Lions Club Carcassonne-Cité, (2002)
- Jean Guilaine e Daniel Fabre, Carcassonne, edicíos Privat (2001) ISBN 2-7089-8328-8
- Jean-Pierre Panouillé, Carcassonne, editor =Sud-Ouest,(2000), ISBN 2-87901-036-5
- Jean-Louis Bonnet, Carcassonne d'hier à aujourd'hui, editor La Tour Gile, (2005), ISBN 2-87802-420-6
- Jean-Louis Bonnet, La Bastide de Carcassonne en poche, editor La Tour Gile, (2007), ISBN 978-2-87802-430-2
- Laurence Catinot-Crost, Autrefois Carcassonne, Édition Atlantica, (2003)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |