Bieito Romero
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Bieito Romero Copo 3 de outubro de 1964 (60 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Membro de | |
Instrumento | Gaita galega, Acordeón e zanfona |
Bieito Romero Copo, nado na Coruña o 3 de outubro de 1964, é un gaiteiro galego, membro fundador do grupo Luar na Lubre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa afección pola música comezou de moi novo, interesado polas músicas tradicionais e de raíz de Galiza e dos países celtas. Con trece anos iniciouse coa gaita galega malia a dificultade que supuña avanzar musicalmente naqueles momentos para este tipo de música.
Aos poucos anos creou, canda outros músicos coruñeses, formacións musicais nas que desenvolvía a súa aprendizaxe, como Adro, Neboeiro ou Roi Xordo, coas que fixo varias actuacións.
No ano 1985, e xa cunha formación musical máis madura, creou Luar na Lubre, grupo co que acadou o maior dos seus éxitos, logrando traspasar fronteiras, conseguindo premios, vendas e recoñecemento coma ningún grupo galego fixera antes.[Cómpre referencia] Tamén ese ano participou na primeira edición do Trofeo Macallan, no Festival Intercéltico de Lorient, logrando o segundo posto.[Cómpre referencia]
Paralelamente a Luar na Lubre, participa en distintas formacións folclóricas e etnográficas de recoñecido prestixio, como o grupo de música e bailes tradicionais Xacarandaina ou o Ballet Galego Rei de Viana, nos que desenvolveu un importante labor no eido musical.[Cómpre referencia]
Foi profesor de gaita durante moitos anos, chegando a formar a Banda de Gaitas Os Rexumeiros, na que participaban prestixiosos gaiteiros alumnos da súa escola, como Susana Seivane, Brais e Iago Maceiras, Luisa Sarmiento ou Xan Xove.
Compositor de máis de 200 temas, foi versionado por diferentes grupos e mesmo un dos seus temas, "O Son Do Ar", foi adaptado polo músico británico Mike Oldfield, sendo o tema que abre o seu CD Voyager, converténdose probablemente na canción de orixe galega máis versionada no mundo.[Cómpre referencia] https://www.youtube.com/watch?v=MO7bUhJlAek
Colaborou con diferentes grupos e de moi distintos estilos como Mägo de Oz, Lucía Pérez, Cómplices, Pablo Bicho, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Ghandi, Briganthya ou Brandania.
Foi produtor de todos os traballos discográficos de Luar na Lubre e traballou con artistas de diferentes estilos que teñen colaborado nos seus discos como Hevia, Ismael Serrano, Pablo Milanés, Lila Downs, Adriana Varela, Donal Lunny, Mairtin O'Connor, Nollaig Casey, Diana Navarro, Pat Kilbride, Miguel Ríos, Víctor Manuel, Coral de Ruada, Nani García, Sés, Marisa Valle Roso, Miro Casabella etc.
No ano 2010, e por encarga da produtora de cine Filmanova, compuxo e gravou a banda sonora da película Doentes, baseada na novela de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Gustavo Balza.[1]
Na actualidade, o seu traballo céntrase en Luar na Lubre á vez que dirixe en Radio Voz o programa Un Mundo De Músicas, dedicado ás músicas étnicas de todo o planeta.[2]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Simboloxía máxica en Galicia (2019). Baía. 248 páxs. https://baiaedicions.gal/creacion-literaria/528-simboloxia-maxica-en-galicia.html
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Luar na Lubre
[editar | editar a fonte]* | O Son do Ar | (1988) | |
* | Beira Atlántica | (1990) | |
* | Ara Solis | (1993) | |
* | Plenilunio | (1997) | Disco de ouro |
* | Cabo do mundo | (1999) | Disco de ouro |
* | XV Aniversario | (2001) | |
* | Espiral | (2002) | |
* | Hai un paraíso | (2004) | |
* | Saudade | (2005) | |
* | Camiños da fin da terra | (2007) | |
* | Ao Vivo | (2009) | 2 CD+DVD |
* | Solsticio | (2010) | |
* | Mar Maior | (2012) | |
* | Sons da Lubre nas Noites de Luar | (2012) | |
* | Extramundi | (2015) | |
* | XXX Aniversario | (2016) | |
* | Ribeira Sacra | (2018) | CD+DVD |
* | Vieiras e Vieiros, historias de peregrinos | (2020) | |
* | Luar Na Lubre XX - Encrucillada | (2023) | Libro+CD |
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- Con Xacarandaina: "Xacarandaina" (1990).
- No L.P. de Finalistas do Trofeo Fin de Siglo interpretando a Xota dos 28 puntos e a Muiñeira de Fumaior (1991).
- Co Grupo de Gaitas do IGAEM (1993).
- Con Ghandi, "Xacobeo ya estoy aquí", no LP Airiños de Rock and Roll (1993).
- Cos Diplomáticos de Monte Alto: "Terra Brava", no LP Arroutada 2 (1993).
- Con Pablo Bicho, "Home de Verés", no CD Las cosas llegan (1998).
- Con Brandania, "Nau", no CD El primer viaje (2001).
- Con Cómplices, "María y las caracolas", no CD Cómplices a veces (2002).
- Con Briganthya, "Trigallia", no CD Viaje de bruxas (2005).
- Con Mägo de Oz, "Creo" e "La cantata del diablo", no CD 2 Gaia 2, la voz dormida (2005). CD 2 Runa Llena La ciudad de los árboles (2007).
- Con Mago de Oz, " A Marcha das Meigas" no seu traballo "Hechizos, pócimas y brujería" do ano 2012.
- Con Lurte no CD "La última frontera" do ano 2013.
- Con Luis Emilio Batallán en "Quén poidera namorala" para a banda sonora de "Pradolongo" dirixida por Ignacio Vilar.
- Con Kepa Junkera en "Pousa" no CD "Galiza" do ano 2015.
- Con Andrés Penabad en "Álgora" do seu CD "Crossing" do ano 2015.
- Con Xulio Lorenzo no tema "Saudades" do seu CD "Cantos da ialma".
- Con Astarot nos temas "Cantar de Romasanta", Chove en Santiago" e "Camariñas" do seu traballo "Baixo a luz de Breogán"
Audiovisual con Luar na Lubre
[editar | editar a fonte]Videoclips
[editar | editar a fonte]- "Tu Gitana" (1997). https://www.youtube.com/watch?v=2F9GJEhOEKA
- "Chove en Santiago" (1999). https://www.youtube.com/watch?v=BI-Q8yBoV2o
- "El derecho a vivir en paz" (2002). https://www.youtube.com/watch?v=xTO5rSqFeag
- "Os animais" (2007). https://www.youtube.com/watch?v=Koe9NAby8Vs
- "Deja de llorar" (2008) Colaboración con Mago de Oz.https://www.youtube.com/watch?v=YMyRPiSxtHg
- "La Molinera" (2015). https://www.youtube.com/watch?v=762JykulBMU
- "The sailors hornpipe - Pasacorredoiras" (2016). https://www.youtube.com/watch?v=JzmhQUv1B7c
- "Os tafenos da gaurra" (2018) https://www.youtube.com/watch?v=Uh2S4AAjytw
- "Dum Pater Familias" (2020) https://www.youtube.com/watch?v=vFoWDW6TCs8
- "Romeiro ao lonxe" (2023) https://www.youtube.com/watch?v=d1eZPb-4rGA
Longametraxes
[editar | editar a fonte]- Un bosque de música, longametraxe documental sobre o grupo dirixido por Ignacio Vilar e editado por “Via Lactea Films” no ano 2004. https://www.youtube.com/watch?v=itibdfkv8Z8
- Doentes, longametraxe dirixida por Gustavo Balza editada por Filmanova e estreada nos cines de Galicia no 2011. https://www.youtube.com/watch?v=4WgrPsBR8vs
- Torre de Breoghán, longametraxe documental onde se recolle todo o proceso de gravación deste traballo inspirado no Leabhar Ghabhála Érenn e que conta coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia. Editado no ano 2014. https://www.youtube.com/watch?v=sV8oRDt1LJs
- A chave de Bascuas, historia baseada nunha vella lenda tradicional galega dirixida por Bruno Pena e editada no 2016.
Libros e participacións en diferentes publicacións
[editar | editar a fonte]- Xeometrías máxicas de Galicia, traballo etnográfico baseado nas formas xeométricas da arte popular galega, dende a época celta ata hoxe en día. Publicado no ano 2009 pola editorial Ir Indo.
- Simboloxía máxica en Galicia, editado ano 2019 por Baía Edicións compilatorio de fotografías sobre simboloxía acompañado dun C.D. de músicas compostas polo autor e interpretadas por Luar na Lubre. https://baiaedicions.gal/creacion-literaria/528-simboloxia-maxica-en-galicia.html
- Revista Grial nº 173, artigo sobre "A música galega na emigración". Editado no ano 2007.
- Conjuro, de Ana M. Rodriguez Edo. Ano 2012. Libro prologado.
- O Son do Ar, serie de artigos curtos para La Voz de Galicia.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 9 "premios da música" concedidos pola SGAE en diferentes modalidades.[Cómpre clarificar]
- 2 premios "Luar" da TVG.
- 2 discos de Ouro por vendas superiores a 50.000 copias nos seus traballos Plenilunio e Cabo do mundo.
- Premio "Ideal Gallego" ao mellor grupo folk galego.[Cómpre clarificar]
- Premio "La Opinión" ao mellor CD de Folk no ano 2012.
- Gaiteiro de honra no 1º Festifolk Costa da Morte no ano 2015.
- XVI Premio "Nordes" outorgado por Radio Nordés / Cadena Ser - Costa da Morte. Ano 2015.
- Fillo Adoptivo de Esgos. Ano 2019.[3]
- "Vieira de honor á calidade artística" outorgado pola Enxebre Orde da Vieira - Galegos en Madrid.
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor música orixinal | Un bosque de músicas | Gañador |
2011 | Mellor música orixinal | Doentes | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Doentes". luarnalubre.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2021. Consultado o 27.
- ↑ "Bieito Romero inicia hoy en Radio Voz el programa «Un mundo de músicas»". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de maio de 2003. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ depourense.gal (ed.). "Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre, fillo adoptivo do Concello de Esgos". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 28 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bieito Romero |