Nani García
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1955 (69 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Uppsala |
Actividade | |
Ocupación | pianista, produtor musical, compositor |
Instrumento | Piano |
Premios | |
| |
Nani García, nado na Coruña o 25 de abril de 1955, é un compositor, arranxador, produtor e pianista galego. Autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes, programas de televisión, conta con máis de 100 publicacións entre obras de jazz, producións audiovisuais e producións para outros artistas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa formación musical en composición e jazz en Suecia entre os anos 1976 e 1980, ao tempo que cursaba estudos de lingüística nas Universidades de Uppsala e Estocolmo. Ao seu retorno a Galicia formou parte dos diversos grupos de jazz da época. Fundou o grupo Clunia con Baldo Martínez e Fernando Llorca, e a principios dos anos 80 a súa carreira comezou como pianista de jazz, actividade que mantén alternou coa faceta de compositor. O seu selo persoal queda plasmado en obras do cine de animación como De Profundis, Engurras ou a multigalardoada curtametraxe de animación O Xigante, o cal o sinala como un dos especialistas no xénero.
Dende o ano 2009 dirixe o Festival Internacional de Jazz de Vigo "Imaxina Sons" e dende o 2010 é membro do trío de Jazz "Nani García Trío", aínda en activo.
En 2015 pasou a formar parte da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.
Discos
[editar | editar a fonte]Discografía de Jazz
- Clunia Jazz (Clunia, 1982)
- Afueras Periódicas (Clunia, 1984)
- Rúa Cega (Clunia, 1986)
- Carpe Diem (Clunia, 1995)
- 5 (Clunia, 2009)
- Renaissance (Nani García Trío, 2012)
- Serendipia (Nani García Trío, 2014)
- Cinematojazzía (Nani García trío, 2016)
- Coruña Rendez-vous (Chefa Alonso & Nani García, 2017)
Bandas sonoras publicadas
- Compostela 93 (Corisco, 1993)
- Un viaje por Galicia (Edigal,1996)
- Blanca Madison (Xingra, 2003)
- As leis de Celavella (Xingra, 2004; piano, teclados, programación e dirección)
- Océanos (serie documental; compositor)
- De Profundis (Xingra, 2007)
- O Neno De Barro (Xingra, 2008)
- Engurras (Xingra, 2011)
- Música de Cine 2000-2009 (Xingra, 2011)
- Onde está a felicidade? (Xingra, 2013)
Obras
[editar | editar a fonte]Cine
- Blanca Madison (Longametraxe de ficción, 2000)
- Ojos que no Ven (Longametraxe de ficción, 2003)
- Autópsia (Longametraxe para TV, 2003)
- Fragments (Longametraxe para TV, 2003)
- Un Bosque de Música (Longametraxe documental, 2003)
- De Profundis (Longametraxe de animación, 2006)
- De Bares (Longametraxe de ficción, 2006)
- O Neno de Barro (Longametraxe de ficción, 2007)
- Catalina (Longametraxe de ficción, 2007)
- A Casa da Luz (Longametraxe de ficción infantil, 2010)
- Onde está a Felicidade? (Longametraxe de ficción, 2011)
- Engurras (Longametraxe de animación, 2011)
- A palabra Xusta (Longametraxe documental, 2016)
- Una Mujer Fantástica (Longametraxe de ficción, 2017)
Series de televisión
- Os Outros Feirantes (Serie de ficción para TVG, 1988)
- Pratos Combinados (Serie de ficción para TVG, 1995)
- A Familia Pita (Serie de ficción para TVG, 1997)
- Avenida de América (Serie de ficción para TVG, 2001)
- As Leis de Celavella (Serie de ficción para TVG, 2003)
- E Por Que? (Mini-serie de animación de 52 capítulos, 2005)
- A Vida Por Diante (Serie de ficción para TVG, 2006)
- Patricia Marcos: Desaparecida (Serie de ficción para TVE, 2007)
- Guante Blanco (Serie de ficción para TVE, 2008)
Curtametraxes
- O resplandor da Morte (Curtametraxe de ficción, 1991)
- Atlántico Express (Curtametraxe de ficción, 1993)
- Vete, Davis (Curtametraxe de ficción, 1994)
- Coser e Cantar (Curtametraxe de ficción, 2004)
- O Xigante (Curtametraxe de animación 2D, 2012)
- Morti (Curtametraxe de animación 3D, 2013)
- Carne de Gaviota (Curtametraxe de ficción, 2014)
- The Neverending Wall (Curtametraxe animación, 2017)
Teatro
- A Fiesta Valdeira de Rafael Dieste (CDG, 1994)
- Tolos de Amor de Sam Sheppard (Teatro do Atlántico, 1995)
- Casa de Bonecas de Henrik Ibsen (Teatro do Atlántico, 1995)
- Vapor de Nell Dunn (Espello Cóncavo, 1996)
- A Noite das Tríbades de Pär Olof Enqvist (Teatro do Atlántico, 1996)
- Bailando en Verán de Brian Friell (Espello Cóncavo, 1996)
- Farsa Plautiana de Agustín Magán (Grupo de Teatro da Once, A Coruña, 1997)
- As Troianas de Eurípides, adaptación de Manuel Lourenzo (Espello Cóncavo, 1997)
- Don Perlimplín con Belisa no Xardín de F.G. Lorca (Teatro do Atlántico, 1998)
- Peter Pan de J.M.Barrie (Espello Cóncavo, 1998)
- Marsal, Marsal de Sanchís Sinisterra (Talía Teatro, 1998)
- O Cerco de Leningrado de Sanchís Sinisterra (Teatro do Atlántico, 1999)
- Footing de Gustavo Pernas (Áncora Produccións, 2001)
- La Dama del Abanico Verde de Teresa Núñez (Fundación María Xosé Love, 2004)
- Limpeza de Sangue de Rubén Ruibal (Espello Cóncavo, 2010)
Documentais
- Compostela 93 (Longrametraxe documental con motivo do Xacobeo 93, 1993)
- Galicia Terra Única (Vídeo-Documental, 1997)
- Océanos (Serie documental de 10 capítulos da TVG e FoMar, 1998)
- Gran Sol (Longametraxe documental para Canal+ España, 2002)
- Un Bosque de Músicas (Documental sobre o grupo de folk Luar na Lubre, 2004)
- Pensando en Soledad (Documental sobre a figura de José Ernesto Díaz-Noriega, 2006)
- Gallaecia Petrae (Vídeo-Documental, 2012)
Obra de concerto
- A Berenguela (Opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes, 2009)
- O factor Vento (Concerto para clarinete baixo, orquestra e vento, 2010)
- Salgueiro que contempla unha ventá que contempla un salgueiro (Reflexións musicais para orquestra, 2011)
- Audiovisualism (Suite para Jazz Ensemble, 2012)
- For whom the idiophones toll? (Overtura para banda sinfónica, 2016)
Taller de Músicas Tradicionais
- Arrolín, Arrolán (Edicións Fontel, 1994)
- Vente vindo, ven cantando (Edicións Fontel, 1997)
- Cantos de Berce (Galinova)
Outros
- Luar na Lubre: Espiral (Warner, 2002; arranxos orquestrais)
- Luar na Lubre: Saudade (Warner 2005; teclados)
- Uxia: Danza das areas (1999-2005; produtor)
- Luar na Lubre:Torre de Breoghán (Arranxos e orquestación, 2014)
- Andrea Pousa: Respirar (Produción musical, composición, arranxos e orquestación, 2017)
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Produción | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor música orixinal | Pratos combinados | Nomeado |
2003 | Mellor música orixinal | As Leis de Celavella | Gañador |
2005 | Mellor Son | Un Bosque de Músicas | Gañador |
2007 | Mellor Son | De Profundis | Gañador |
2007 | Mellor música orixinal | De Profundis | Gañador |
2008 | Mellor música orixinal | O Neno de Barro | Gañador |
2012 | Mellor música orixinal | Engurras | Gañador |
Outros Premios
Ano | Premio | Produción | Resultado |
---|---|---|---|
1983 | Premio Especial Jazz Stop
(Festival Internacional de Donostia) |
Grupo Clunia | Gañador |
2007 | Premios Nacionais da Crítica | De Profundis | Finalista |
2012 | Premios Nacionais da Crítica | Engurras | Finalista |
2012 | Peer Raben European Music Awards
SoundTRack_Cologne 9.0 |
O Xigante | Nomeado |
2012 | Premio Alerta Sonora
XXIV Festival de curtametraxes de Castela e León |
O Xigante | Gañador |
2013 | Venus de Badalona
Badalona Film Festival |
O Xigante | Gañador |
2013 | Festival Cinemacurtas en A Coruña | O Xigante | Gañador |