Saltar ao contido

Miro Casabella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiro Casabella
Biografía
Nacemento(gl) Ramiro Cecilio Domingo Casabella López Editar o valor en Wikidata
30 de agosto de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
O Valadouro, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoCanción protesta e folk Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAriola Records Editar o valor en Wikidata

Discogs: 1294104 Editar o valor en Wikidata

Ramiro Cecilio Domingo Casabella López, máis coñecido como Miro Casabella, nado en Ferreira do Valadouro o 30 de agosto de 1946, é un músico galego vencellado nos seus inicios ao colectivo Voces Ceibes e máis adiante ao grupo de folk DOA.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras cursar estudos en Ferreira do Valadouro e Lugo, Miro emigrou a Barcelona en 1964, cidade onde rematou o bacharelato e estudou na Escola de Arquitectos Técnicos. Aínda que o seu interese pola música é temperán, a experiencia catalá meteuno en contacto co movemento da Nova Cançó, que o marcou profundamente. O seu debut musical aconteceu no ano 1967 nesa cidade, acompañando a cantantes da Nova Cançó Catalá. Foi tamén en Cataluña onde gravou os seus primeiros discos, a finais da década dos sesenta: Miro canta as súas cancións e Miro canta Cantigas de Escarnho e Mal Dizer. Ambos os dous traballos son EP's de catro cancións. O seu contacto co grupo Voces Ceibes tivo lugar a mediados do ano 1968, cando Benedicto e Xerardo Moscoso acudiron á capital catalá co gallo de gravaren os seus primeiros traballos. Miro integrouse no colectivo e mesmo chegou a participar do seu concerto fundacional en Compostela, o 1 de decembro daquel mesmo ano. Porén, o feito de continuar vivindo en Barcelona afastouno da meirande parte das súas actividades, sendo a longo prazo un dos factores da disolución do mesmo[1]. No ano 1969 coñeceu en Barcelona a Paco Ibáñez, con quen tivo unha longa amizade e ao que acompañou nos anos vindeiros en xiras polo Estado francés. En París coñeceu tamén ao cantor portugués exiliado Luís Cília con quen, nos seguintes anos, tocou en Galiza e no resto do Estado español.

No ano 1970 participou no I Festival da Canción Ibérica, xunto con Paco Ibáñez, Luís Cília, Xavier Ribalta, e José Afonso. Tamén nese mesmo ano tocou en París na Festa da Humanité, a festa do Partido Comunista de Francia, onde actuaron tamén figuras como Georges Moustaki, Paco Ibáñez ou Joan Baez.

A finais do ano 1974 o grupo Voces Ceibes decidiu finalizar o seu proxecto e dar comezo ao Movemento Popular da Canción Galega onde, cunha perspectiva ampla, tiveron cabida múltiples artistas de distintos estilos.

Nos anos seguintes, Miro participou en multitude de concertos e festivais, en Galiza e en toda a Península Ibérica, ademais de colaborar musicando pezas de teatro en galego e discos de historias para rapaces. A partir de 1976 a desaparición da censura franquista propiciou tamén a aparición dos seus primeiros traballos longos.

En 1977 veu a luz o disco Ti, Galiza, onde figura (con letra de Xoán Manuel Casado), O meu país, unha das súas cancións máis populares. Un ano máis tarde publicouse Treboada, con arranxos de José Mário Branco e a colaboración de Pi de la Serra. A composición que dá título a este segundo disco está inspirada no Cerimonial da Treboada de Tomiño. Ambos os dous traballos amosan unha peculiar mestura entre a canción de intervención social e a música tradicional, unha marca característica do autor, que ademais de inspirarse en formas populares e cantigas medievais, non desbota o emprego doutros instrumentos alén da guitarra, como a zanfona ou a arpa.

A finais dos anos 70, Miro entrou en contacto co grupo folk DOA, que lle propuxo colaborar no que ía ser o seu primeiro traballo. O cantor incorporouse ao grupo, co que xa colaborara facendo arranxos, en labores de produción, e tamén como cantante nalgúns dos temas, aínda que a orientación do grupo seguía a ser eminentemente instrumental. A súa colaboración non foi máis alá do primeiro traballo (O son da estrela escura, 1979) e rematou a principios dos anos 80.

Últimas achegas

[editar | editar a fonte]

O último traballo individual do cantor foio disco Orballo, do ano 2004, onde ademais de revisar algúns antigos temas, toca novamente a problemática social do pobo galego dende unha perspectiva contemporánea, cunha canción dedicada ao Prestige. Ese disco e o feito de seguir participando en concertos, convérteno no último representante de Voces Ceibes en activo, tras a morte de Suso Vaamonde e o abandono da carreira musical do resto dos seus formantes.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Discos en solitario

[editar | editar a fonte]
  • Miro canta as súas canciós (EP, Edigsa-Xistral, Barcelona, 1968)
  • Miro canta Cantigas de Escarnho e Mal Dizer (EP, Edigsa-Xistral, 1969)
  • Coma os vellos trobeiros/O meu país (Single, EMI, 1972)
  • Miro Casabella A Bandeira (Single, Ariola, 1977)
  • Ti, Galiza (LP, Ariola, 1977)
  • Treboada (LP, Ariola, 1978)
  • Orvallo (CD, Picap, 2004)

Como membro de DOA

[editar | editar a fonte]
  • O son da estrela escura (1979)

Recompilatorios e discos colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Galicia canta (LP colectivo, Pobovox, Caracas, Venezuela, 1970)
  • 7 anos de canción galega (LP colectivo, Ruada, A Coruña, 1979)
  • Galiza a José Afonso (concerto ao vivo, 1985, duplo CD, Edicións do Cumio, 2000)
  • Noticia da Nova Canción Galega (Duplo CD recompilatorio; 1996).
  • Está en nuestras manos (Amnistía Internacional, Principado de Asturias, Fono Astur, 2006)
  • A voz da terra. Músicas do Instituto Lucus Augusti (CD, 2007)
  • Miro Casabella, CD recompilatorio persoal feito por Miro Casabella para acompañar a edición do libro de Xan Fraga Miro Casabella e a Nova Canción Galega. Galaxia, Vigo, 2008

Colaboracións

[editar | editar a fonte]
  • Falsterbo 3 (1969), recitando Monólogo do vello traballador de Celso Emilio Ferreiro.
  • Aló cando os animais falaban... (contos do pastor conteiro),(Ruada, 1979), participando na adaptación, interpretación e dirección musical, xunto a Bernardo Martínez.
  1. Voces Ceibes; Autor: Vicente Araguas; Editorial: Xerais, 1991.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]