Astronauta
Un astronauta ( pronunciación (axuda · info)) é unha persoa instruída e adestrada para comandar, pilotar ou tripular unha astronave.
Existen outras denominacións derivadas das diversas linguas: ós soviéticos ou rusos chámaselles cosmonautas e ós chineses, taiconautas: O termo cosmonauta vén do ruso kosmonavt (космонавт), derivado á súa vez do grego kosmos (κοσμος, universo) e nautes (ναύτης, navegante); taiconauta é un neoloxismo formado a partir do chinés 太空 (tàikōng, espazo) e o grego ναύτης (nautes, navegante), ambos de xeito semellante a astronauta (do latín e o grego). Como curiosidade, a verba oficial chinesa para nomear un astronauta é 宇航員 (yǔhángyuán) pero o termo taikonaut emprégase nos medios de comunicación para nomear ós astronautas chineses[1].
Os pioneiros
[editar | editar a fonte]Unión Soviética
[editar | editar a fonte]O primeiro cosmonauta da historia foi Iuri Gagarin, quen foi lanzado o 12 de abril de 1961 a bordo da nave Vostok 1, sendo dese xeito o primeiro ser humano en saír ó espazo. A primeira muller en ir ó espazo foi Valentina Tereshkova, en xuño de 1963 a bordo do Vostok 6.
Estados Unidos
[editar | editar a fonte]Alan B. Shepard foi o primeiro estadounidense en realizar un voo suborbital, e John Glenn o primeiro en entrar en órbita. A primeira persoa en camiñar por un mundo extraterrestre foi Neil Armstrong, o 21 de xullo de 1969 durante a misión lunar Apollo 11.
A vida de astronauta
[editar | editar a fonte]Unha persoa que pretenda ser astronauta necesita unha preparación previa acorde coa función que realizará no espazo. Unha vez no exterior terrestre, están entre as súas funcións dende a vixilancia do mantemento das propias necesidades vitais (por exemplo, ter unha atmosfera respirable) ó desenvolvemento de experimentos científicos ou o mantemento da aparataxe, incluídos os paseos espaciais (Extra-Vehicular Activity, ou EVA).[2]
O desenvolvemento vital no espazo implica o estar sometidos a condicións diferentes que na Terra, polo que sofren variacións diversas, como perda de masa muscular ou debilitamento óseo debido á aparente falta de gravidade, tendo que compensar ditos cambios coa realización de exercicio como preparación á súa volta á Terra. Tamén sofren variacións na percepción do tempo ó estar orbitando e poder observar moitas saídas e postas de Sol ó longo de 24 horas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chinese taikonaut dismisses environment worries about new space launch center.
- ↑ 2,0 2,1 esa. "It takes a team". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-04-01.
Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |