Saltar ao contido

Gran Premio de Portugal de 1959

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Portugal de 1959
Nome oficialVIII Portuguese Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Portugal Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1959 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Mosanto Park 38°43′11″N 9°12′11″O / 38.719722222222, -9.2030555555556 Editar o valor en Wikidata
PaísPortugal Editar o valor en Wikidata
Data23 de agosto de 1959 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoStirling Moss Editar o valor en Wikidata
Pole positionStirling Moss Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaStirling Moss Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Portugal de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 23 de agosto de 1959 no circuíto de Monsanto. Foi a sétima carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o oitavo Gran Premio de Portugal e o segundo que era puntuable para o campionato mundial de Fórmula 1 de pilotos. Era a terceira vez que se celebraba a carreira en Monsanto e a primeira que puntuaba para a Fórmula Un. A carreira levouse a cabo sobre 62 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia total de carreira de 337 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto británico Stirling Moss, foi a súa undécima vitoria nun Gran Premio, pilotando un Cooper T51 para o equipo de carreiras privado Rob Walker Racing Team. Moss terminou unha volta por diante do corredor americano Masten Gregory que pilotaba un Cooper T51 semellante ó do equipo de fábrica de Cooper Car Company. O piloto americano da Scuderia Ferrari Dan Gurney terminou terceiro no seu Ferrari Dino 246.

Informe da carreira

[editar | editar a fonte]

As vitorias en Francia e Alemaña deran a Tony Brooks un cómodo lugar no segundo posto no campionato detrás de Jack Brabham. Stirling Moss mellorou a súa pobre posición no campionato gañando a carreira o segundo posto foi para Masten Gregory e o terceiro para Dan Gurney. Phil Hill e Graham Hill estrelaronse un contra outro na volta 6, mentres que Brabham tivo un enorme accidente, dando unha volta de campá, do que saíu ileso. Gurney foi o único Ferrari entre os oito primeiros con Maurice Trintignant e Harry Schell completando os cinco primeiros.

Con Brabham non rematando a carreira e Brooks terminando noveno, Moss pechou a brecha no campionato a só 9 puntos e medio detrás de Brabham e 5 puntos e medio detrás de Brooks.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 4 Stirling Moss Cooper-Climax 62 2:11:55.41 1 9
2 2 Masten Gregory Cooper-Climax 61 + 1 volta 3 6
3 16 Dan Gurney Ferrari 61 + 1 volta 6 4
4 5 Francia Maurice Trintignant Cooper-Climax 60 + 2 voltas 4 3
5 6 Harry Schell BRM 59 + 3 voltas 9 2
6 10 Roy Salvadori Aston Martin 59 + 3 voltas 12
7 8 Ron Flockhart BRM 59 + 3 voltas 11
8 9 Carroll Shelby Aston Martin 58 + 4 voltas 13
9 14 Tony Brooks Ferrari 57 + 5 voltas 10
10 18 Portugal Mário de Araújo Cabral Cooper-Maserati 56 + 6 voltas 14
Ret 3 Bruce McLaren Cooper-Climax 38 Transmisión 8
Ret 1 Australia Jack Brabham Cooper-Climax 23 Transmisión 2
Ret 7 Jo Bonnier BRM 10 Motor 5
Ret 15 Phil Hill Ferrari 5 Accidente 7
Ret 11 Graham Hill Lotus-Climax 5 Accidente 15
Ret 12 Innes Ireland Lotus-Climax 3 Caixa de cambios 16

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados .

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1959
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1959
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1959
Carreira anterior:
Gran Premio de Portugal de 1958
Gran Premio de Portugal Carreira seguinte:
Gran Premio de Portugal de 1960

Clasificación

[editar | editar a fonte]