Saltar ao contido

San Cibrao das Viñas

Modelo:Xeografía políticaSan Cibrao das Viñas
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°17′49″N 7°52′17″O / 42.296944444444, -7.8713888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalSan Cibrao das Viñas Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.675 (2023) Editar o valor en Wikidata (143,74 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie39,48 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude259 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMarta Nóvoa Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en San Cibrao das Viñas Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32911 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32075 Editar o valor en Wikidata

Páxina websancibrao.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: concellosancibrao Twitter: csancibrao Instagram: concellodesancibrao Editar o valor en Wikidata

San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 5.036 (2015)
Menores de 15 anos 659 (13.09 %)
Entre 15 e 64 anos 3.283 (65.19 %)
Maiores de 65 anos 1.094 (21.72 %)
Evolución da poboación de San Cibrao das Viñas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.410 3.913 3.789 3.303 3.867 4.441 4.579 4.745 4.906 4.972 5.036 5.113 5.184 5.249
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello, de 37,4 km², sitúase no noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte con Ourense e Pereiro de Aguiar, ao leste con Paderne de Allariz, ao oeste con Barbadás e ao sur coa Merca e Taboadela. As principais vías de comunicación son a estrada N-525 (Benavente - Santiago de Compostela), a estrada N-540 (Ourense - Maceda), a estrada N-120 (Vigo - Logroño), e a autovía A-52.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]

Os primeiros xacementos humanos datan do paleolítico inferior. Un deles atopouse na parroquia de Santa Comba de Gargantós. O outro achouse na parroquia de Pazos de San Clodio, nos terreos hoxe ocupados polo Polígono Industrial. Nel levouse a cabo en 1977 unha cata arqueolóxica, descubríndose numerosas pezas de talla de pedra de cuarcita adscrita ao período acheuliano, hai entre 700.000 e 120.000 anos. Atopáronse bifaces, fendedores, raediras e útiles sobre lasca.

A capital do concello está situada polo paso dunha vía romana dirixida dende San Cibrao cara á Rabeda e enlazando posteriormente coa Vía Nova do itinerario de Antonino. Na vila atopouse un miliario do século III, unha peza de granito ben executada co seguinte texto en letra capital rústica:

MºAUR
CARINO
NOB
CAES

Aparece o pouco frecuente tratamento co praenomen Mº. O emperador Carino é de procedencia ilírica, e gobernou entre os anos 283 e 285, se ben o miliario está datado no ano 282, cando foi elixido César polo seu pai, o tamén emperador Caro. Trátase dun fito viario de carácter honorífico. O miliario foi descuberto en 1972 na capela románica do Santo Cristo, situado en posición vertical coas letras invertidas. Estaba pegado ao muro absidal, embutido no piso de madeira e sostendo o retablo. Actualmente constitúe o pedestal do altar da capela.

Daquela época tamén se conservan os alicerces dunha ponte sobre o río Barbaña á altura da aldea de Ponte Noalla.

O rei Afonso III desmembrou a dotación á catedral de Ourense para descargar ao cabido da susceptione peregrinorum et sustentationibus pauperum, ao que antecedera o abade da Trindade co seu hospital. O coto xurisdicional de San Cibrao das Viñas foi asignado, xunto cos da Valenzá, Villaescusa, Lamas e Pontón, á abadía da Trindade de Ourense, a máis pobre das doce dignidades que ocuparon un lugar preponderante durante a Baixa Idade Media, con posición relevante a carón dos bispos e con xurisdición común sobre as igrexas do seu territorio.

O abade Alonso de Fonseca e Ulloa fixo as capitulacións cos veciños de San Cibrao das Viñas para a creación da igrexa parroquial baixo a advocación de San Ildefonso no lugar sinalado polo meiriño Nuño Ortega. A nova igrexa foi costeada polos veciños, así como as súas reparacións, dependendo os seus capeláns da abadía. Os veciños posuidores de viñas pagaban anualmente á abadía 6 azumes de viño, e estaban obrigados a ir á abadía en Pascuas e o día da Santísima Trindade, asistir á misa e ás procesións, baixo pena dunha libra de cera.

Fronte a todos estes privilexios da abadía, un elevado número de fregueses promoveron a emancipación da parroquia respecto da abadía, obtendo o apoio de Henrique IV e dos Reis Católicos, e en 1577 a Audiencia do Reino de Galicia resolveu ao seu favor, obtendo a vila xurisdición propia.

Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, presidente do Consello de Indias e Vicerrei de Nápoles, solicitou da Corte un privilexio de iguais prerrogativas e condicións cás da abadía, as que accedeu a Corte, dando a San Cibrao das Viñas o título de Vila e Couto. O Conde mandou construír xunto á Igrexa de San Ildefonso unha capela para o seu culto particular. Tamén construíu unha casa vivenda con muralla dende onde se divisa a capela.

Co tempo, as posesións dos condes de Lemos pasaron á familia de Tor, precedente e orixinaria da provincia de Lugo, que tiñan por señorío os coutos de San Xoán procedentes dun cóengo de Bobadela.

Daquel período de fidalguía e nobreza consérvanse algunhas casas ou pazos con paredes brasonadas. Boa parte da documentación perdeuse no incendio que en 1890 asolou o arquivo municipal.

Economía

[editar | editar a fonte]

O Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é o polígono máis antigo de Galicia. Foi promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense o 25 de maio de 1965.

A localización foi decidida pola proximidade das estradas N-120 e N-540, preto da capital provincial (a 6,5 km), e preto da liña de ferrocarril Zamora - Ourense, próxima á estación de Taboadela. O 31 de maio de 1974 o decreto 1.890/74 delimitaba os terreos como chan industrial, e o 5 de xullo foi incluído na Grande Área de Expansión Industrial de Galicia.

As primeiras empresas en instalarse no polígono foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. En 1975 Citroën adquiriu 56 ha de terreo. Trala total ocupación das parcelas, a Caixa de Aforros promoveu, en colaboración con Sigalsa, unha segunda fase de compra de parcelas. Adquiríronse 810.000 m², nos que se asentaron 27 empresas, entre elas Coren Uteco.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Cibrao das Viñas

Gargantós (Santa Comba) | Noalla (San Salvador) | Pazos de San Clodio (San Clodio) | Rante (Santo André) | San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso) | Santa Cruz da Rabeda (Santa Cruz) | Soutopenedo (San Miguel)

Lugares de San Cibrao das Viñas

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de San Cibrao das Viñas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.