Baltar
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Baltar | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 884 (2023) (9,41 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 93,99 km² | ||||
Altitude | 823 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Antonio Feijoo Alonso (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Baltar | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32005 | ||||
Baltar é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 968 habitantes[1] (1002 en 2015, 1149 no 2006, 1177 no 2005, 1180 no 2004, 1189 no 2003). O xentilicio é baltarés.[2]
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 968 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 50 (5.19 %) |
Entre 15 e 64 anos | 513 (53.27 %) |
Maiores de 65 anos | 405 (42.06 %) |
Evolución da poboación de Baltar Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3134 | 3145 | 3250 | 4018 | 1180 | 1114 | 1094 | 1076 | 1028 | 1.019 | 1002 | 986 | 957 | 968 | 962 | 942 | 919 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]Baltar é un concello de interior, cun relevo suave encaixado entre os Montes de Montecelo e os Montes de Boullosa e a Serra de Larouco ao sur que, chegando aos 1300 m, constitúe o límite natural con Portugal. Está regado por dous afluentes do río Limia, o río Faramontaos e o río Salas; o primeiro descorre cara ao norte e logo cara ao oeste e o segundo cara ao sur.
O terreo é granítico, areoso e pouco fértil. Hai bosques de frondosas e coníferas nos vales e pradairos principalmente na Serra de Larouco.
O concello está atravesado pola estrada que leva a Xinzo de Limia, a OU-1110.
Dáse unha oscilación térmica acusada (14 °C), con temperaturas medias anuais baixas (10 °C).
Historia
[editar | editar a fonte]O territorio estivo poboado polos límicos até o século I, en que foi invadido por tribos bárbaras. É posíbel que no lugar de Dourique se disputase unha batalla entre o rei de Portugal e os mouros. En época medieval, era posesión da Casa de Monterrei.
Parte do concello ―o lugar das Maus― constituíu até 1868 o Couto Mixto. Ese ano, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, todo o Couto Mixto foi incorporado a Baltar, mais os lugares de Rubiás e Santiago pediron ser integrados no concello de Calvos de Randín, solicitude que foi aprobada pola Deputación de Ourense en 1870 e se fixo vixente o ano seguinte.[3]
A partir de 1950 a emigración foi unha das causas polas que na actualidade diminuíu a súa poboación ata límites nunca vistos.
Economía
[editar | editar a fonte]Predomina o sector primario de autoconsumo (50 % da poboación), seguido da construción (20 %), os servizos (20 %) e a industria (5 %). O 45 % do chan é forestal e o 20 % son pradairos e o 35 % dedícase a sementar patacas, centeo, millo, verzas da horta etc. Críanse porcos, vacas , ovellas e coellos.
Cultura
[editar | editar a fonte]Na zona comprendida entre os ríos Salas e Faramontaos atópanse as ruínas dun lugar coñecido como Saler, do que se di que provén o nome do río.
O sivo é o traxe típico da zona e facíase con liño.
Na parroquia de Santa María de Tixós atópase un dos fornos mais antigos do concello así como un cruceiro e un peto de animas.
Baltar na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [4].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Baltar.
-
Igrexa da Boullosa
-
Cruceiro.
-
Cruceiro.
-
Placa altimétrica na casa do concello de Baltar.
-
Casa do concello.
-
Casa da Cultura "Nelson Zumel".
Parroquias
[editar | editar a fonte]
Lugares de Baltar
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baltar vexa: Lugares de Baltar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Baltar. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Couto Mixto". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 2002. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Blandearse é combarse, alabearse a madeira do piso, dun moble, etc. As Maus de Salas é parroquia do concello de Muíños; Gustós era, segundo Xaquín Lorenzo “un lugarciño preto de Calvos de Randín”, aínda que hoxe non figura no Nomenclátor; e ese Meaus é lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende, no concello de Baltar, que figura no Nomenclátor como As Maus.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baltar |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |