Saltar ao contido

Como nun espello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Como nun espello
Ficha técnica
Título orixinalSåsom i en spegel
DirectorIngmar Bergman
ProdutorAllan Ekelund
GuiónIngmar Bergman
IntérpretesHarriet Andersson
Gunnar Björnstrand
Max von Sydow
Lars Passgård
MúsicaErik Nordgren
Johann Sebastian Bach
FotografíaSven Nykvist
MontaxeUlla Ryghe
DistribuidoraJanus Films
Estrea16 de outubro de 1961
Duración91 minutos
OrixeSuecia Suecia
Na rede
IMDB: tt0055499 Filmaffinity: 401750 Allocine: 81772 Rottentomatoes: m/through_a_glass_darkly Allmovie: v49806 TCM: 93207 TV.com: movies/through-a-glass-darkly Netlix: 60029946 Editar o valor en Wikidata

Como nun espello (en sueco: Såsom i en spegel) é un filme dramático sueco de 1961 escrito e dirixido por Ingmar Bergman, coa interpretación de Harriet Andersson, Gunnar Björnstrand, Max von Sydow e Lars Passgård. Foi o primeiro dos moitos filmes que Bergman rodou en Fårö, na costa de Suecia.

O título refírese a unha pasaxe bíblica (1 Corintios, 13: 12 "Igualmente: agora vemos nun espello, escuramente; mais daquela habemos ver cara a cara".), en que ver nun espello se refire á falta de entendemento dos vivos sobre Deus. O título en sueco significa literalmente como nun espello, que é como foi escrita a pasaxe bíblica na tradución sueca da Biblia de 1917.

O filme foi emitido na TVG o 31 de maio de 2008.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Catro persoas saen do mar despois de bañarse: David é un escritor viúvo; a súa filla Karin estivo ingresada por tempadas nun hospital por esquizofrenia; Martin, médio, é o marido de Karin; Minus é o irmán de Karin e ten dezasete anos.

Durante a cea David anuncia que volverá decontado a Suíza, de onde acaba de chegar. Os irmáns representan unha obra que escribiu Minus, que trata dun escritor que só pode experimentar cando escribe sobre ese tema.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Bergman estruturou o filme como unha obra de teatro en tres actos, inspirándose nas súas experiencias e relacións persoais.

  1. "Programación da TVG". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2014. Consultado o 13 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]