Fideo
Os fideos (internacionalmente coñecidos coma noodles) son unha clase de pasta de fariña, en forma de fío, que se come despois de cocida[1]. Son a base dalgúns pratos tales coma os espaguetes, ou os linguine (tallaríns) italianos, ou os soba ou os udon xaponeses. O termo refírese a miúdo tanto ás pastas húmidas cociñadas, como aos fideos secos que deben ser cociñados tanto fervendo coma enchoupando na auga.
É unha das pastas máis empregadas en Galicia e das primeiras que chegaron á gastronomía galega[2]. Cos fideos fanse sopas e pratos de pasta variados con carnes, mariscos e peixes.
Historia
[editar | editar a fonte]Os chineses, árabes e italianos por igual sosteñen ter sido os primeiros en ter creado esta pasta con forma de fío. Sexa como for, a primeira referencia escrita dos fideos procede do leste da Dinastía Han entre o ano 25 e 220 d.C. En outubro de 2005 descubriuse o fideo máis vello do mundo en Lajia (cultura Qijia) ao longo do río Amarelo en Qinghai, China. Determinouse que a súa antigüidade era duns 4.000 anos e que quizais se elaboraron con paínzo (Setaria italica) e millo miúdo (Panicum miliaceum).[3]
Tipos de fideos como ingrediente
[editar | editar a fonte]Fideos de ovo
[editar | editar a fonte]Empregados xeralmente como unha mestura de ovo e fariña:
- Fideos asiáticos de ovo, coñecidos como ba mee (บะหมี่) en tailandés, son moi comúns na China e o sueste de Asia e no Xapón.
- Pasta - Denomínase así aos fideos elaborados.
- Reshteh - Fideos de medio oeste.
Fideos de fariña
[editar | editar a fonte]- Mee pok (麪薄) - son planos, fideos amarelos chiness, moi populares no sueste de Asia.
- Lamian (拉麵) - fideos estirados a man.
- Chuka men (中華麺) - "fideos chineses" en xaponés, empregados para o ramen, chanpon e yakisoba.
- Udon (うどん) - fideos grosos xaponeses.
- Sōmen (そうめん) - finísimos fideos xaponeses.
- A fideuà valenciana.
Fideos de arroz
[editar | editar a fonte]Os fideos de arroz úsanse por exemplo en:
- Vermicelli de arroz - finísimos fideos de arroz, coñecidos como mǐfěn ou been hoon (米粉) ou sen mee (เส้นหมี่).
- Fideos planos de arroz, coñecidos como héfěn ou ho fun (河粉), kway teow ou sen yai (เส้นใหญ่).
Fideos de amidón
[editar | editar a fonte]Estes fideos elabóranse co amidón dos garavanzos verdes ou patacas:
- Fideo celofán, coñecidos tamén como fideos de cristal, ou feixóns vermicelli. fěnsī (粉絲) en chinés, harusame (春雨) en xaponés, wun sen (วุ้นเส้น) en tailandés.
Fideos de trigo negro
[editar | editar a fonte]Os fideos elaborados de farina de trigo mouro ou sarraceno (Fagopyrum esculentum) son:
- Soba (蕎麦) - fideos de trigo negro xaponeses.
- Naengmyon - Fideos coreanos elaborados de trigo negro e amidón de pataca doce (Ipomoea batatas).
Tipos de fideos
[editar | editar a fonte]- Fideos fritidos - fideos elaborados de fideos cocidos en caldos de carne, moluscos ou verduras. Exemplos típicos inclúen o chow mein, mee goreng, hokkien mee, yakisoba e o pad thai.
- Sopa de fideos - os fideos sérvense en caldo de carne. Exemplos son a: sopa de fideos que se pode facer en Galicia en caldo de carne de vitela, a phở, o ramen, laksa e saimin.
- Fideos fríos - neste caso sérvense como ensalada. Un exemplo é a ensalada de fideos de cristal tailandesa yam woon sen. No Xapón, os tradicionais fideos tales como a soba e sōmen sérvense fríos con algún mollo para mollar.
- Spätzle, fideos alemáns feitos de fariña, ovo e sal. Sérvense doces ou salgados.
- Wai-Wai - Fideos da India.
- Reshteh - Fideos da cociña árabe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fideo.
- ↑ No Tesouro Informatizado da Lingua Galega noméanse os fideos xa en textos de 1877, macarróns dende 1925 e as demais pastas italianas a partir de 1970. Os fideos nos primeros textos aparecen acompañados con coello, lacón, grelos etc.
- ↑ Oldest noodles unearthed in China, BBC News, 12 de outubro 2005