Río Amarelo
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Asia | ||||
País da cunca | República Popular da China | ||||
División administrativa | Qinghai, República Popular da China, Sichuan, República Popular da China, Gansu, República Popular da China, Ningxia, República Popular da China, Mongolia Interior, República Popular da China, Shaanxi, República Popular da China (pt) , Shanxi, República Popular da China (pt) , Henan, República Popular da China e Shandong, República Popular da China | ||||
Localización | Kariqu (en) | ||||
Final | |||||
Localización | Mar de Bohai | ||||
| |||||
Afluentes | 26 | ||||
Conca hidrográfica | conca do río Amarelo | ||||
Características | |||||
Dimensións | 5.464 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 752.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 2.571 m³/s | ||||
O Río Amarelo[a], tamén coñecido coma Huang He, é o segundo río máis longo da China, só superado polo río Yangtzé, e o sexto sistema fluvial máis longo da Terra, cunha lonxitude estimada de 5 464 km e unha conca hidrográfica de 795 000 km².[1] Comezando nas montañas Bayan Har, o río flúe xeralmente cara ao leste antes de entrar no longo meandro de Ordos de 1500 km, que corre cara ao nordés en Gansu a través da meseta de Ordos e xira cara ao leste na Mongolia Interior. A continuación, o río vira bruscamente cara ao sur para formar a fronteira entre Shanxi e Shaanxi, xira cara ao leste na súa confluencia co río Wei, e flúe a través da chaira do norte da China antes de desembocar no mar de Bohai. O río recibe o seu nome pola cor amarela das súas augas, que procede da gran cantidade de sedimentos vertidos na auga a medida que o río flúe a través da meseta de Loess.[2]
A conca do río Amarelo foi o berce da antiga civilización chinesa. Segundo a historiografía chinesa tradicional, a dinastía Xia orixinouse nas súas marxes cara ao 2100 a.C.; o texto histórico Shiji de Sima Qian (c. 91 a.C) recolle que os Xia fundáronse despois de que as tribos dos arredores do río Amarelo unísense para combater as frecuentes inundacións da zona. O río proporcionou un solo fértil para a agricultura, pero desde entón desbordouse e cambiou de curso con frecuencia, e unha estimación conta 1.593 inundacións nos 2.540 anos transcorridos entre 595 a.C. e 1946 d.C.[3] Como tal, o río Amarelo foi considerado unha bendición e unha maldición ao longo da historia, e foi alcumado tanto «o orgullo da China» como «a dor da China».[4]
A conca do río Amarelo ten actualmente unha poboación de 120 millóns de habitantes, mentres que máis de 420 millóns de persoas viven nas provincias inmediatas que dependen del como fonte de auga.[5] A conca comprende o 13% da superficie cultivada da China.[6] A zona recibe precipitacións moi desiguais, só o 2% da escorrentía chinesa[6]; o caudal de auga e sedimentos diminuíu cinco veces desde a década de 1970 e, ata hai pouco, o río con frecuencia non chegaba ao mar.[7] Desde 2003, China traballa no Proxecto de Transferencia de Auga Sur-Norte para aliviar a presión sobre a subministración de auga do río.
É de grande importancia para a economía chinesa pois o seu val ten terras fértiles, bos pastos e importantes xacementos minerais.
Foi nese río onde a civilización chinesa comezou.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A primeira literatura chinesa refírese ao río Amarelo simplemente como 河 (en chinés antigo: *C.gˤaj[8]), unha personaxe que chegou a significar simplemente «río» no uso moderno. A primeira aparición do nome 黄河 (en chinés antigo: *N-kʷˤaŋ C.gˤaj; chinés medio: Hwang Ha[8]) atópase no Libro de Han escrito durante a dinastía Han Occidental (206 a. C. - 9 d. C.). O adexectivo "amarelo" describe a cor perenne da auga turbia no curso inferior do río, que é debido ao loess que leva augas abaixo. Outra historia conta que o dragón K'au-fu intentou atravesar o ceo montado nun dos dez soles, ao mediodía o dragón caeu no primeiro río que viu e bebeu ata a última pinga, quedando só un longo leito de barro amarelo.
Un dos nomes máis antigos en mongol era o de río Negro,[9] xa que corre claro antes da súa entrada na meseta de Loes, mais o nome actual do río entre os habitantes de Mongolia Interior é Ȟatan Gol (Хатан гол}}, "río Raíña").[10] En Mongolia, chámaselle simplemente Šar Mörön (Шар мөрөн, "río Amarelo").
En Qinghai, o nome tibetano do río é «río do Pavo Real» ((en tibetano); (en chinés)).
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]O río Amarelo formouse nalgún momento do Mioceno tardío, Plioceno ou Plistoceno,[11][12] como consecuencia do levantamento da meseta tibetana.[11][13][14]
Dinámica
[editar | editar a fonte]O río foi durante moito tempo fundamental para o desenvolvemento do norte da China, e os estudosos considérano un dos berces da civilización.[15] As crecidas do río tamén causaron moita destrución, incluídas múltiples inundacións que provocaron a morte de máis dun millón de persoas. Entre as máis mortíferas estiveron as inundacións de 1332–33 ou a inundación de 1344[Cómpre clarificar] durante a dinastía Yuan, a inundación de 1887 durante a dinastía Qing que matou entre 900.000 e 2 millóns de persoas, e unha na época da república da China. En 1931 producironse un número masivo de inundacións que matarón entre 1 e 4 millóns de persoas.[16]
A causa das inundacións é a gran cantidade de loess de gran fino arrastrado polo río desde a meseta de Loess, que se deposita continuamente ao longo do fondo da súa canle. A sedimentación fai que se acumulen lentamente presas naturais. Estas presas subacuáticas son impredicibles e xeralmente indetectables. Co tempo, a enorme cantidade de auga necesita atopar un novo camiño cara ao mar, o que a obriga a tomar o camiño de menor resistencia. Cando isto ocorre, desbórdase pola chaira do norte da China, ás veces tomando unha nova canle e alagando a maioría das terras de cultivo, cidades ou pobos que atopa ao seu paso.
A resposta tradicional chinesa de construír diques cada vez máis altos ao longo das ribeiras ás veces tamén contribuía á gravidade das inundacións: Cando a auga traspasaba os diques, xa non podía volver ao leito do río como o faría tras unha crecida normal, xa que o leito do río era ás veces máis alto que a paisaxe circundante. Estes cambios podían facer que a desembocadura do río se desprazase até 480 km, chegando unhas veces ao océano o norte da península de Shandong e outras o sur.[17]
Outra fonte histórica de inundacións devastadoras é o colapso do encoro de xeo río arriba na Mongolia Interior, coa conseguinte liberación repentina de grandes cantidades de auga embalsada. No século pasado producíronse 11 grandes inundacións deste tipo, cada unha das cales causou enormes perdas humanas e materiais. Hoxe en día utilízanse explosivos lanzados desde avións para romper os diques de xeo antes de que se volvan perigosos.[18]
Antes de que aparecesen as modernas presas na China, o río Amarelo era moi propenso ás inundacións. Nos 2.540 anos transcorridos entre o ano 595 a.C. e o 1946 d.C., calcúlase que o río Amarelo desbordouse 1.593 veces, cambiando o seu curso 26 veces de forma notable e nove de forma grave.[3] Entre estas inundacións cóntanse algunhas das catástrofes naturais máis mortíferas xamais rexistradas. Antes da xestión moderna de catástrofes, cando se producían inundacións, parte da poboación podía morrer afogada nun primeiro momento e moitos máis sufrían máis tarde pola fame negra e a propagación das enfermidades subseguintes.[19]
Historia
[editar | editar a fonte]Durante máis de 3000 anos, varias dinastías da historia chinesa construíron os seus capitais na conca do río, convertendo á rexión en “o centro da política, a economía e a cultura do país”.[20]
Inicio da Civilización Chinesa
[editar | editar a fonte]Os primeiros chineses probábelmente emigraron do sur, do val do Río Mekong para o norte, establecéndose nas terras fértiles das proximidades do Río Amarelo. Nesta terra irrigada, os antigos chineses cultivaron paínzo, hortalizas e froitas nativas, sobre todo ao longo dos cursos alto e medio do río. No sector baixo do Río Amarelo, cultivábase arroz. Durante o terceiro milenio antes de Cristo, o excedente de produción favoreceu o establecemento de vilas permanentes, como Banpo e Erlitou, e logo a mediados daquel milenio había case que un continuo poboamento ao longo do río, asentando as bases da civilización.
Tempos antigos
[editar | editar a fonte]Na mitoloxía chinesa, o xigante Kua Fu drenou o río Amarelo e o río Wei para saciar a súa ardente sede mentres perseguía ao Sol.[21] Documentos históricos do período de primavera e outono[22] e da dinastía Qin[23] indican que naquela época o río Amarelo fluía considerablemente ao norte do seu curso actual. Estes documentos mostran que despois de que o río pasase Luoyang, fluía ao longo da fronteira entre as provincias de Shanxi e Henan. e continuaba ao longo da fronteira entre Hebei e Shandong antes de desembocar na baía de Bohai, preto da actual Tianjin. Outra desembocadura seguía esencialmente o curso actual.[3]
O río abandonou estes camiños no ano 602 a.C. e desprazouse varios centos de quilómetros cara ao leste.[22][24] A sabotaxe de diques, canles e encoros e a inundación deliberada de estados rivais converteuse nunha táctica militar habitual durante o período dos Estados Combatentes.[25] Como o val do río Amarelo era a principal entrada á zona de Guanzhong e ao estado de Qin desde a chaira do norte da China, o estado Qin fortificou fortemente o paso de Hangu que foi escenario de numerosas batallas e tamén un importante punto de estrangulamento que protexía as capitais han de Chang'an e Luoyang. Unha gran inundación no ano 11 d.C. atribúese á caída da efémera dinastía Xin, e outra inundación no ano 70 d.C. devolveu o río ao norte de Shandong ao seu curso actual.[3]
Época imperial
[editar | editar a fonte]Desde principios do século III, a importancia do paso de Hangu reduciuse e as principais fortificacións e bases militares trasladáronse río arriba, ao paso Tongguan. En 923, Tuan Ning, un xeneral Liang desesperado, volveu romper os diques, inundando uns 2600 km² de terras nun intento fracasado de protexer a capital Liang da dinastía Tang tardía. Unha proposta semellante do enxeñeiro Song Li Chun para inundar as partes baixas do río e protexer así as chairas centrais dos Khitai foi revogada en 1020: o Tratado de Shanyuan entre os dous estados prohibira expresamente aos Song establecer novos fosos ou cambiar o curso do río.[26]
As rupturas producíronse a pesar de todo: unha en 1034, en Henglong, dividiu o curso en tres e inundou repetidamente as rexións do norte de Dezhou e de Bozhou (Song).[26] Os Song traballaron inutilmente —con máis de 35 000 empregados, 100 000 recrutas e 220 000 toneladas de madeira e bambú nun só ano[26]— durante cinco anos intentando restablecer o curso anterior antes de abandonar o proxecto en 1041. O río, entón máis lento, causou unha fenda en Shanghu que ocasionou que a saída principal fose cara ao norte cara a Tianjin en 1048[3] En 1128, as tropas Song ao mando de Du Chong (杜充, Dù Chōng, m. 1141), gobernador de Kaifeng, romperon os diques meridionais do río Amarelo nun esforzo por deter o avance do exército dos Jin. A importante avulsión fluvial resultante permitiu ao río Amarelo capturar o río Si e outros afluentes do río Huai.[27] Por primeira vez na historia, o río Amarelo desprazouse completamente ao sur da península de Shandong e desembocou no mar Amarelo. En 1194, a desembocadura do Huai quedara bloqueada.[28] A acumulación de depósitos de limo foi tal que mesmo despois de que o río Amarelo cambiase máis adiante o seu curso, o Huai xa non foi capaz de fluír ao longo do seu único leito histórico, pero, en cambio, as súas augas encharcanse no lago Hongze e logo corren cara ao sur, rumbo ao río Yangtzé.[29]
Unha crecida en 1344 devolveu a canle do río Amarelo ao sur de Shandong. A dinastía Yuan estaba a decaer, e o emperador obrigou a enormes equipos a construír novos diques para o río. As terribles condicións contribuíron a alimentar rebelións que conduciron á fundación da dinastía Ming.[17] O curso volveu cambiar en 1391 cando o río se desbordou desde Kaifeng até Fengyang en Anhui. Finalmente foi estabilizado polo eunuco Li Xing durante os proxectos de obras públicas que seguiron á crecida de 1494.[30] O río desbordouse moitas veces no século XVI, entre elas en 1526, 1534, 1558 e 1587. Cada crecida afectou o curso baixo do río.[30]
A inundación de 1642 foi provocada polo home, causada polo intento do gobernador Ming de Kaifeng de utilizar o río para destruír aos rebeldes campesiños baixo o mando de Li Zicheng que estiveran cercando a cidade durante os últimos seis meses.[31] Ordenou aos seus homes que rompesen os diques nun intento de alagar aos rebeldes, pero en lugar diso destruíu a súa propia cidade: calcúlase que a inundación, a fame negra e a peste subseguintes mataron a 300.000 dos 378.000 habitantes que tiña a cidade anteriormente.[32] A cidade, outrora próspera, estivo a piques de ser abandonada até a súa reconstrución baixo o mandato do emperador Kangxi da dinastía Qing.
A cuestión de con que agresividade deberían controlarse as inundacións e se deberían ser conducidas de volta ás súas canles orixinais cando migraron, foi un tema de controversia na corte imperial. As camarillas rivais esgrimían argumentos baseados en criterios orzamentarios, técnicos e estratéxicos. O xeógrafo Charles Greer identifica dúas escolas de pensamento enfrontadas sobre como controlar o río Amarelo. Unha, que el identifica como confuciano, avogaba por conter o río entre diques máis altos, maximizando así a cantidade de terra da conca fluvial que se podía cultivar. A outra, que el asocia co taoísmo, favorecía diques máis baixos separados entre si até 5-10 quilómetros.[33] Durante os reinados dos emperadores Renzong e Shenzong, no século XI, cando o río rompía repetidamente os seus diques e desprazábase cara ao norte e o oeste, os funcionarios discutían si debían tomarse medidas custosas para devolvelo á súa canle anterior. Finalmente, o emperador Shenzong decretou que o río permanecese no seu novo curso.[34]
As técnicas tradicionais de control de inundacións utilizaban diques, muros de contención para absorber a enerxía da auga, concas de desbordamento, canles de drenaxe e pólders.[35] Os tratados sobre técnicas tradicionais de control de inundacións foron escritos por funcionarios como Pan Jixun,[36] ue argumentaron que a unión de ramas do río aumentaba a potencia da auga e isto á súa vez aumentaba a súa capacidade de lavar sedimentos.[37] Con todo, a difícil situación ao redor da confluencia do río Amarelo, o Huai e a Gran Canle provocou unha gran inundación do centro rexional de Sizhou e a destitución de Pan da corte. Posteriormente, a enchente do río en 1680 mergullou por completo Sizhou xunto co mausoleo dos Antepasados Ming baixo o lago Hongze durante séculos, ata que a rega moderna e o control das inundacións baixaron o nivel da auga o suficiente como para permitir a súa escavación e a restauración das tumbas a partir da década de 1970.
Tempos recentes
[editar | editar a fonte]Entre 1851 e 1855,[3][28][30] o río Amarelo volveu ao norte no medio das inundacións que provocaron a rebelión de Nien e a rebelión de Taiping. Calcúlase que a crecida de 1887 causou a morte de entre 900.000 e 2 millóns de persoas,[38][39] e é o segundo peor desastre natural da historia (excluíndo fames negras e epidemias). O río Amarelo adoptou máis ou menos o seu curso actual durante a Inundación de 1897.[28][40]
A inundación de 1931 causou a morte de entre 1.000.000 e 4.000.000 de persoas,[38] e é o peor desastre natural rexistrado (excluíndo fames negras e epidemias).
O 9 de xuño de 1938, durante a segunda guerra sino-xaponesa, as tropas nacionalistas chinas ao mando de Chiang Kai-shek romperon os diques que retiñan o río preto da aldea de Huayuankou en Henan, causando o que foi chamado pola historiadora canadense Diana Lary, un «desastre natural inducido pola guerra». O obxectivo da operación era deter o avance das tropas xaponesas seguindo a estratexia de «utilizar a auga como substituto dos soldados». A rotura dos diques asolagou unha zona que abarcaba 54000 km2 e cobrouse entre 500.000 e 900.000 vidas chinesas, xunto cun número descoñecido de soldados xaponeses. A inundación impediu ao exército xaponés tomar Zhengzhou, na beira sur do río Amarelo, pero non lle impediu alcanzar o seu obxectivo de capturar Wuhan, que se atopába nas confluencias do río Yangtzé e era a sede temporal do goberno chinés.[41]
En 1954, a República Popular China anunciou o seu plan xeral para controlar fundamentalmente os desastres causados polas inundacións do río Amarelo e desenvolver as obras hidráulicas do río Amarelo.[42](pp111–113) O seu obxectivo era facer fronte aos riscos de inundación e converter os campos da chaira do norte da China, alimentados pola choiva, en campos de regadío.[42](p114) A construción comezou en 1957.[42](p114)
Desde a década de 1970 até a de 1990, a tendencia á desecamento acelerouse, e o río Amarelo non chegou á súa desembocadura durante unha media de aproximadamente 180 días ao ano na década de 1990.[42](p168) En 1997, o río Amarelo non chegou ao mar durante 226 días consecutivos.[42](p168)
Xeografía
[editar | editar a fonte]A conca do río Amarelo ten unha extensión este-oeste duns 1900 km e norte-sur duns 1100 km. A súa área de drenaxe total é duns 795.000 km2.
Segundo a Sociedade de Exploración e Investigación da China,[43] a fonte do río Amarelo atópase nos 34°29′31″N 96°20′25″L / 34.49194, -96.34028 nas montañas Bayan Har cerca do extremo oriental da prefectura autónoma tibetana de Yushu. Os seus afluentes desembocan no lago Gyaring e no lago Ngoring, no extremo occidental da prefectura de Golog, no alto das montañas Bayan Har de Qinghai. Na conca de Zoige, ao longo da fronteira con Gansu, o río Amarelo fai un bucle cara ao noroeste e logo cara ao nordés antes de virar cara ao sur, creando o «meandro de Ordos», e logo flúe en xeral cara ao leste a través da chaira do norte da China até o golfo de Bohai, drenando unha conca de 752.443 km2 que alimenta a 140 millóns de persoas con auga potable e de regadío.[44]
Produción hidroeléctrica
[editar | editar a fonte]Na actualidade existen 16 centrais hidroeléctricas ao longo do río Amarelo, ordenadas a continuación segundo o ano no que comezaron a funcionar.
- Presa de Sanmenxia (1960), de 106 m de altura.
- Central hidroeléctrica de Sanshenggong (1966).
- Central hidroeléctrica da garganta de Qingtong (1968) (Qingtongxia City, Ningxia).
- Presa de Liujiaxia (1974) (condado de Yongjing, Gansu).
- Presa de Yanguoxia (1975) (condado de Yongjing, Gansu).
- Central hidroeléctrica de Tianqiao (1977).
- Presa de Bapanxia (1980) (Distrito de Xigu, Gansu).
- Presa de Longyangxia (1992) (condado de Gonghe, Qinghai), cunha altura de 178 m.
- Presa de Lijiaxia (1997) (condado de Jainca, Qinghai), cunha altura de 165 m.
- Central hidroeléctrica da garganta de Da (1998);
- Central hidroeléctrica da garganta de Li (1999);
- Presa de Wanjiazhai (1999);
- Presa de Xiaolangdi (2001) (Jiyuan, Henan), de 154 m de altura.
- Presa de Gonboxia (2006), (condado de Longhua, Qinghai), cunha altura de 132 m.
- Presa de Laxiwa (2010) (condado de Guide, Qinghai), cunha altura de 250 m.
- Presa de Jishixia (2010), (condado de Longhua, Qinghai), cunha altura de 101 m.
Segundo se informou no ano 2000, as sete maiores centrais (Longyangxia, Lijiaxia, Liujiaxia, Yanguoxia, Bapanxia, Daxia e Qinglongxia) xa tiñan en funcionamento unha capacidade instalada total de 5.618 MW[45].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ chino simplificado: 黄河; chinés tradicional: 黃河; pinyin: Huánghé
- Referencías
- ↑ Yellow River (Huang He) Delta, China, Asia. Geol.lsu.edu (2000-02-28). Consultado o 4 de febreiro de 2013.
- ↑ Mostern, Ruth; Horne, Ryan M. (2021). The Yellow River: A Natural and Unnatural History. Yale University Press. p. 58. ISBN 978-0-300-23833-4. JSTOR j.ctv1vbd1d8.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Tregear, T. R. (1965) A Geography of China, pp. 218–219.
- ↑ Cheng, Linsun and Brown, Kerry (2009) Berkshire encyclopedia of China, Berkshire, p. 1125 ISBN 978-0-9770159-4-8
- ↑ Cardascia, Silvia; Panella, Tom (outubro de 2023). "Achieving Water Security in the Yellow River Basin" (PDF). ADB Briefs. Consultado o 3 de xaneiro do 2025.
- ↑ 6,0 6,1 Li, Guangyong (outubro de 2022). "People's Republic of China: Yellow River Basin Green Farmland and High-Quality Agriculture Development Project" (PDF). NAREE International Limited (Hong Kong).
- ↑ "Yellow River". n-h-i.org. Consultado o 3 de xaneiro do 2025.
- ↑ 8,0 8,1 Baxter, Wm. H. & Sagart, Laurent. Baxter–Sagart Old Chinese Reconstruction, p. 41. 2011. Consultado o 11 de outubro de 2011.
- ↑ Parker, Edward H. China: Her History, Diplomacy, and Commerce, from the Earliest Times to the Present Day, p. 11. Dutton (Nova York), 1917.
- ↑ Geonames.de Arquivado 16 de xullo de 2016 en Wayback Machine.. "geonames.de: Huang He Arquivado 05 de marzo de 2018 en Wayback Machine.".
- ↑ 11,0 11,1 Wang, Xin; Hu, Gang; Saito, Yoshiki; Ni, Guanzhong; Hu, Han; Yu, Ziying; Chen, Jingping; Wang, Mi; Yuan, Xiaoping; Wang, Lei; Hu, Zhenbo; Nie, Junsheng; Pan, Baotian (2022). "Did the modern Yellow River form at the Mid-Pleistocene transition?". Science Bulletin 67 (15). pp. 1603–1610. Bibcode:2022SciBu..67.1603W. PMID 36546288. doi:10.1016/j.scib.2022.06.003 – vía Elsevier Science Direct.
- ↑ Xue, Chunting (agosto de 1993). "Historical changes in the Yellow River delta, China". Marine Geology 113 (3–4). pp. 321–330. Bibcode:1993MGeol.113..321X. doi:10.1016/0025-3227(93)90025-Q.
- ↑ Mostern, Ruth; Horne, Ryan M. (2021). The Yellow River: A Natural and Unnatural History. Yale University Press. p. 58. ISBN 978-0-300-23833-4. JSTOR j.ctv1vbd1d8.
- ↑ Zhenbo Hu, Baotian Pan, Lianyong Guo, Jef Vandenberghe, Xiaopeng Liu, Junping Wang, Yunlong Fan, Junwei Mao, Hongshan Gao, Xiaofei Hu, Rapid fluvial incision and headward erosion by the Yellow River along the Jinshaan gorge during the past 1.2 Ma as a result of tectonic extension. Quaternary Science Reviews, Volume 133, 2016, Pages 1-14, ISSN 0277-3791, https://doi.org/10.1016/j.quascirev.2015.12.003.
- ↑ Little, Archibald John (1905). The Far East. Clarendon Press. p. 53. ISBN 978-1-108-01387-1.
- ↑ White, Matthew (2012). The Great Big Book of Horrible Things. W. W. Norton. p. 47. ISBN 9780393081923.
- ↑ 17,0 17,1 Gascoigne, Bamber and Gascoigne, Christina (2003) The Dynasties of China, Perseus Books Group, ISBN 0786712198
- ↑ The Ice Bombers Move Against Mongolia. strategypage.com (29 March 2011)
- ↑ "Flooding and communicable diseases fact sheet". World Health Organization. p. 2. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2004. Consultado o 3 de xaneiro do 2025.
- ↑ "The Yellow River, mother river of Chinese nation". Xinhua News Agency (en inglés). 20 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 9 de agosto de 2020. Consultado o 4 de xaneiro do 2025.
- ↑ Resumo da historia dada na definición de 夸父追日: 现代汉语词典(第七版) [A Dictionary of Current Chinese (Seventh Edition)] (en chinés). Beijing: The Commercial Press. 1 September 2016. pp. 513, 755. ISBN 978-7-100-12450-8.
- ↑ 22,0 22,1 Gernet, Jacques. Le monde chinois, p. 59. Map "4. Major states of the Chunqiu period (Spring and Autumn)".
Versión inglesa: Gernet, Jacques (1996). A History of Chinese Civilization (Second ed.). Cambridge, England: Cambridge University Press. ISBN 0-521-49781-7. - ↑ "Qin Dynasty Map Arquivado 5 de xaneiro de 2015 en Archive.is".
- ↑ Viollet, Pierre-Louis (2017). Water Engineering in Ancient Civilizations: 5,000 Years of History. CRC Press. p. 230. ISBN 978-0203375310.
- ↑ Allaby, Michael & Garrat, Richard. Facts on File Dangerous Weather Series: Floods, p. 142. Infobase Pub., 2003. ISBN 0-8160-5282-4. Accessed 15 October 2011.
- ↑ 26,0 26,1 26,2 Elvin, Mark & Liu Cuirong (eds.) Studies in Environment and History: Sediments of Time: Environment and Society in Chinese History, pp. 554 ff. Cambridge Uni. Press, 1998. ISBN 0-521-56381-X. Consultado o 15-10-2011.
- ↑ Chen, Yunzhen; Syvitski, James PM; Shu, Gao; Overeem, Irina; Kettner, Albert J (2012). "Socio-economic Impacts on Flooding: A 4000-Year History of the Yellow River, China". Ambio 41 (7). pp. 682–698. Bibcode:2012Ambio..41..682C. PMC 3472015. PMID 22673799. doi:10.1007/s13280-012-0290-5.
- ↑ 28,0 28,1 28,2 Grousset, Rene. The Rise and Splendour of the Chinese Empire, p. 303. University of California Press, 1959.
- ↑ Pietz, David A. (2015). The Yellow River. Harvard University Press. p. 50. ISBN 9780674058248.
- ↑ 30,0 30,1 30,2 Tsai, Shih-Shan Henry. SUNY Series in Chinese Local Studies: The Eunuchs in the Ming Dynasty. SUNY Press, 1996. ISBN 0791426874, 9780791426876.
- ↑ Lorge, Peter Allan. War, Politics and Society in Early Modern China, 900–1795, p. 147. Routledge, 2005. ISBN 978-0-415-31691-0.
- ↑ Xu Xin. The Jews of Kaifeng, China: History, Culture, and Religion, p. 47. Ktav Publishing Inc, 2003. ISBN 978-0-88125-791-5.
- ↑ Davis, Mike. Late Victorian Holocausts. Verso. pp. 387–88. ISBN 978-1-78168-061-2.
- ↑ Lamoroux, Christian (1998). From the Yellow River to the Huai, chapter 15 in Elvin and Ts'ui-jung, Sediments of Time. Cambridge University Press. pp. 556–571. ISBN 0-521-56381-X.
- ↑ Davis, Mike. Late Victorian Holocausts. Verso. p. 388. ISBN 978-1-78168-061-2.
- ↑ Overview on River Management (《河防一覽》 Héfáng yīlǎn), 1590.
- ↑ Elvin, Mark and Su Ninghu (1998). The Influence of the Yellow River on Hangzhou Bay since AD 1000, chapter 10 in Elvin and Ts'ui-jung, Sediments of Time. Cambridge University Press. p. 400. ISBN 0-521-56381-X.
- ↑ 38,0 38,1 International Rivers Report. "Before the Deluge
- ↑ Arquivado 4 July 2008 en Wayback Machine.". 2007.
- ↑ Needham, Joseph. Science and Civilization in China. Vol. 1. Introductory Orientations, p. 68. Caves Books Ltd. (Taipei), 1986 ISBN 052105799X.
- ↑ Lary, Diana. "The Waters Covered the Earth: China's War-Induced Natural Disaster". Op. cit. in Selden, Mark & So, Alvin Y., eds. War and State Terrorism: The United States, Japan, and the Asia-Pacific in the Long Twentieth Century, pp. 143–170. Rowman & Littlefield, 2004 ISBN 0742523918.
- ↑ 42,0 42,1 42,2 42,3 42,4 Harrell, Stevan (2023). An Ecological History of Modern China. Seattle: University of Washington Press. ISBN 9780295751719.
- ↑ "China Exploration & Research Society". cers.org.hk. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2023. Consultado o 12 de xaneiro do 2025.
- ↑ China's Yellow River, Part 1. The New York Times (2007-05-30)
- ↑ Yellow River Upstream Important to West-East Power Transmission (en inglés) Arquivado 12 de maio de 2013 en Wayback Machine. People's Daily, 14 decembro de 2000
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Amarelo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sinclair, Kevin (1987). The Yellow River: A 5000 Year Journey Through China (en anglès). Chatswood, Sydney, Australia: Child & Associates Publishing. ISBN 0-86777-347-2..