Indira Gāndhi
Indira Priyadarshini Gandhi, nada co apelido Nehru en Allahabad o 17 de novembro de 1917 e finada en Delhi o 31 de outubro de 1984, foi unha política india e figura central do Congreso Nacional Indio.[1] Foi a primeira e, polo momento, única muller que exerceu como Primeira Ministra da India. Indira Gandhi era a filla de Jawaharlal Nehru, o primeiro Primeiro Ministro da India. Ela exerceu o poder no seu país entre o 19 de xaneiro de 1966 até o 24 de marzo de 1977, e novamente dende o 14 de xaneiro de 1980 até o seu asasinato en 1984, levado a cabo por extremistas sikhs. É a segunda Primeira Ministra da India que máis tempo ocupou o seu cargo, só por detrás do seu pai.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a época de goberno de Nehru como Primeiro Ministro da India dende 1947 até 1964, Gandhi foi considerada unha asistente chave que o acompañou nas súas numerosos viaxes ó estranxeiro.[3] Foi elixida como Presidenta do Congreso Nacional Indio en 1959. Logo da morte do seu pai en 1964, foi nomeada membro da Rajya Sabha (cámara alta) e membro do gabinete de Lal Bahadur Shastri como Ministra de Información e Radiodifusión.[4] Na elección de liderado parlamentario do Partido do Congreso celebrada a comezos de 1966 (logo da morte de Shastri), ela derrotou ó seu rival Morarji Desai para se converter en líder, e así sucedeu a Shastri como Primeira Ministra da India.
Como Primeira Ministra, Gandhi foi coñecida pola súa política intransixente e pola centralización de poder sen precedentes. Entrou en guerra con Paquistán en apoio do movemento de independencia de Paquistán Oriental e nunha guerra de independencia, a cal deu como resultado unha vitoria india e a creación do estado de Bangladesh. Ademais isto provocou o incremento da influencia da India, que se converteu nunha potencia rexional de Asia Meridional. Citando tendencias separatistas, e en respota dunha chamada pola revolución, Gandhi instituíu o estado de emerxencia no país entre 1975 e 1977, onde as liberdades civís básicas foron suspendidas e a prensa foi censurada. Durante a emerxencia leváronse a cabo atrocidades xeneralizadas.[5] Na década de 1980, regresou ó poder logo de eleccións libres. Logo de que Gandhi ordenase unha acción militar no Templo Dourado como parte da Operación Blue Star, os seus propios gardacostas e nacionalistas sikh asasinárona o 31 de outubro de 1984.
En 1999, Indira Gandhi foi nomeada "Muller do Milenio" nunha enquisa en liña organizada pola BBC.[6] En 2020, Gandhi foi nomeada pola revista Time como unha das 100 mulleres máis poderosas do mundo que definiron o século pasado.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ghose, Sagarika (18 November 2017). "19th November 2017: 100 years of Indira Gandhi. She was the mother of every Indian supremo". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2019.
- ↑ Tandon, P.D. (21 de maio de 2001). "The truth about Indira". Outlook India. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ "Indira Gandhi – India's democrat with an authoritarian bent". DW. 19 de novembro de 2017.
- ↑ "Smt. Indira Gandhi". Congreso Nacional Indio. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2019. Consultado o 2 de xaneiro de 2020.
- ↑ "The darkest phase in Indira's tenure as PM – Emergency!". The Economic Times.
- ↑ BBC News (ed.). "BBC Indira Gandhi 'greatest woman'". Consultado o 19 de xullo de 2017.
- ↑ "Indira Gandhi, Amrit Kaur named by TIME among '100 Women of the Year'". The Economic Times. 5 de marzo de 2020.
- ↑ "1976: Indira Gandhi". Time. 5 de marzo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Indira Gāndhi |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Skard, Torild (2014). "Indira Gandhi". Women of Power: Half a Century of Female Presidents and Prime Ministers Worldwide. Bristol: Policy Press. ISBN 9781447315780.
- Barbara Somervill (2007). Indira Gandhi: Political Leader in India. Capstone Publishers. ISBN 978-0756518851.
- Katherine Frank (2010). Indira: the life of Indira Nehru Gandhi. HarperCollins. ISBN 978-0007372508.
- Meena Agrawal (2005). Indira Gandhi. Diamond Pocket Books. ISBN 978-81-288-0901-9.
- Pranay Gupte (2012). Mother India: A Political Biography of Indira Gandhi. Penguin Books. ISBN 978-0143068266.
- Pupul Jayakar (1997). Indira Gandhi: A Biography. Penguin Books. ISBN 978-0140114621.
- Yogendra Kumar Malik (1988). India: The Years of Indira Gandhi. BRILL Publishers. ISBN 978-9004086814.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |