Real Valladolid
Real Valladolid | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Valladolid Club de Fútbol, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Pucela Pucelanos Blanquivioletas Albivioletas | ||
Fundación | 20 de xuño de 1928 (96 anos) | ||
Estadio | José Zorrilla, Valladolid, España | ||
Inauguración | 20 de febreiro de 1982 | ||
Capacidade | 26.512 | ||
Presidente | Carlos Suárez Sureda | ||
Adestrador | Sergio González | ||
Liga | Primeira División | ||
2017–18 | 5.º (Segunda División) | ||
Na rede | |||
http://www.realvalladolid.es/ | |||
| |||
O Real Valladolid Club de Fútbol, S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Valladolid. Foi fundado o 20 de xuño de 1928 e xoga actualmente na Liga Santander.
É o club de fútbol máis importante de Castela e León por palmarés e historia, cun total de 41 tempadas en Primeira División, 30 en Segunda e 9 en Terceira. Historicamente, é o 13º equipo na Clasificación histórica da Primeira división.[1]
Conta no seu palmarés cun único trofeo de gran relevancia, a Copa da Liga de 1983-84. Foi subcampión da Copa do Rei en dúas ocasións, e participou nunha edición da Recopa e en dous da Copa da UEFA.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado o 20 de xuño de 1928 ao fusionarse os equipos valisoletanos Real Unión Deportiva e o Club Deportivo Español. O seu primeiro presidente foi Pedro Zuloaga Mañueco, alcumado o "home do bombín", e principal artífice da fusión dos clubs arriba nomeados. O día 22 de setembro dese mesmo ano facía a súa presentación fronte ao Deportivo Alavés. O primeiro "once" blanquivioleta foi o formado por Arana, Pombo, Martín, Orúe, Serralde, Echevarría, Montalbán, Perico San Miguel, Sainz, Sierra e Pablo López. O resultado, 2-1 a favor do Real Valladolid Deportivo. Aquel partido disputouse nun campo contiguo á Praza de Touros, feudo que foi substituído en 1940 polo Antigo Estadio José Zorrilla, que á súa vez sería substituído en 1982 polo Novo Estadio Municipal José Zorrilla, onde actualmente o Real Valladolid disputa os seus partidos e recinto que alberga as oficinas e outras instalacións do Club.
O primeiro ascenso á Primeira División chegou na tempada 1947–48, tras proclamarse Campión de Segunda División. Na tempada seguinte, a 1948–49, o equipo valisoletano seguiu en liña ascendente e chegou á final da Copa do Rei ante o Athletic Club, que se proclamou Campión tras derrotar ao Real Valladolid Deportivo no estadio madrileño de Chamartín na prórroga (4–1).
Desde esta tempada 1948–49, ata a 1957–58, cando se baixou á División de Prata, foron 10 anos, toda unha década, entre a elite do fútbol español. O descenso foi efémero porque na tempada seguinte, a 1958–59, conseguiuse o retorno a Primeira tras gañar ao Terrassa (5–0). O adestrador daquel ascenso era José Luís Saso, persoa lendaria para o Real Valladolid porque antes fora gran xogador do equipo valisoletano (gardameta) e posteriormente, en diferentes etapas da súa historia, foi tamén Secretario Técnico e Presidente. Ata a súa morte en setembro de 2006 foi directivo da entidade.
O Real Valladolid seguiu a súa andaina en Primeira ata a campaña 1960–61, que supuxo o segundo descenso. De novo, a historia repetiuse e na tempada 1961–62 o equipo volveu a Primeira. Na tempada 1962–63, con Antonio Ramallets como adestrador, o club obtivo o cuarto posto na Liga, a mellor clasificación do club ata o momento.
Na tempada 1997–98, o club consegue a súa marca de abonados con 18.586 abonos. Na campaña 2003–04 o equipo valisoletano descendeu á división de prata, quedando 6º na tempada seguinte e 10º na tempada 2005–06.
Na tempada 2006–07 o Real Valladolid superou a marca de máis partidos na liga de Segunda División sen perder (29) e máis partidos gañados (26). Con isto datos, o Real Valladolid ascendeu matematicamente na xornada 34 á Primeira División (con 74 puntos), faltando oito xornadas por disputarse ata o final de liga. Finalmente proclamouse campión de Liga asinando un rexistro de 88 puntos, novo récord histórico de Segunda, que arrebatou ao Deportivo Alavés, equipo que o ostentaba desde a campaña 1997–98 con 82 puntos. Avantaxou en 25 puntos ao 4º clasificado, Ciudad de Murcia (63 puntos) equipo que marca o ascenso a Primeira División.
Na tempada seguinte consegue a permanencia en Primeira. No partido Valladolid-Espanyol, o 20 de xaneiro de 2008, Joseba Llorente, marcou aos 7,08" o gol máis rápido da historia da Liga e foi, coas asistencias de Víctor, o artífice dunha vitoria ante o Espanyol (2–1). Na tempada 2008–09 acariciou os postos europeos, pero unha mala segunda volta fixo que tivera que xogarse a permanencia na última xornada no Estadio Manuel Ruiz de Lopera contra o Betis, logrando un empate que fixo descender aos sevillanos.
Na tempada 2009–10 estivo a maioría das xornadas nas últimas posicións e dous cambios de adestrador non evitaron o seu descenso a Segunda como 18º clasificado. Na seguinte tempada disputa o playoff de ascenso pero cae eliminado na semifinal contra o Elche. Na tempada 2011-12, o club aposta por Miroslav Đukić como adestrador e o equipo loita por conseguir o ascenso directo ata a última xornada pero acaba na terceira posición. No playoff supera a Córdoba e Alcorcón e volta a Primeira División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ao longo dos seus 80 anos de historia, o Real Valladolid, no Campionato Nacional de Liga, participou en 38 tempadas na Primeira División de España, 30 en Segunda e 9 en Terceira (a agora coñecida como 2ª B), con tres tempadas en branco pola suspensión da competición por mor da guerra civil.
Nestas 77 tempadas, o club foi subcampión da Copa do Rei en dúas ocasións (anos 1950 e 1989) e alcanzou as semifinais noutras catro (1942, 1952, 1961 e 1979). O club ostenta un título de competición oficial: a Copa da Liga, conquistada na tempada 83/84(vencendo sobre o 3-0 sobre o Atlético de Madrid logo de empatar 0-0 na ida). En canto a competicións europeas, participou en tres ocasións: dous na Copa da UEFA (tempadas 84/85 e 97/98, eliminado en primeira e segunda rolda, respectivamente) e unha na Recopa de Europa (tempada 89/90, na que alcanzou os cuartos de final).
Nas 3 ocasións nas que o Real Valladolid disputou competición europea sumou un total de 12 partidos (5 vitorias, 3 empates e 4 derrotas) e marcou 15 goles (10 en Recopa e 5 en UEFA) e encaixado 11 goles (2 en Recopa e 7 en UEFA). Os máximos goleadores en competición europea do Real Valladolid son Albis, Roberto e Alberto (na Recopa), e Juan Carlos (en UEFA) con 2 goles cada un.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta branquivioleta, pantalóns brancos e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta violeta e negra, pantalóns negros e medias negras.
- Terceiro uniforme: Camiseta violeta, pantalóns violetas e medias violetas.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio José Zorrilla.
O estadio do Valladolid é o Novo José Zorrilla, fundado o 20 de febreiro de 1982, con capacidade para 26.512 persoas sentadas. A tribuna principal dispón de calefacción por gas e raios infravermellos. Unha das características do estadio é o foso que rodea o terreo de xogo. Nas bancadas, pódese ler "VALLADOLID", e teñen asentos brancos e violetas.
Neste estadio xogáronse partidos da Copa Mundial de Fútbol de 1982 e a final de Copa do Rei de 1982.
Actualmente estase planeando construír unha zona comercial e un polideportivo para 12.000 espectadores nos seus arredores, onde se albergarían os partidos do Club Baloncesto Valladolid e do Balonmán Valladolid.
Na tempada 88/89, o Real Valladolid deu un paso adiante na súa política de canteira ao inaugurar os Campos Anexos, unha Cidade Deportiva a 30 metros do Estadio José Zorrilla, que alberga un campo de herba que serve de escenario dos adestramentos do primeiro equipo do Real Valladolid. Os Campos Anexos tamén presentan unha Tribuna con capacidade para 1.500 espectadores. Esta Tribuna alberga diversos vestiarios e almacéns, así como unha moderna e funcional cafetería. En canto a campos de fútbol, ademais de campo de herba natural, hai dous campos de herba artificial (inaugurados no ano 2001) nos que se empregou a máis moderna tecnoloxía neste tipo de superficie.
Cerca do Novo José Zorrilla atópanse os campos "Emilio Morrollón" de fútbol 11 e fútbol 7, que actualmente están en desuso.
Mascota
[editar | editar a fonte]Desde 1998, o Real Valladolid conta cunha mascota. O seu nome é "Pucelo", nun claro xogo de palabras cun dos nomes da cidade de Valladolid. Posúe unha morfoloxía de amea de castelo, símbolo da rexión de Castela e León. A súa misión como mascota é animar á afección os días de partido.[2] A finais de 2008, Pucelo anunciou o seu desexo de retirarse do plan de animación e pediu ao club que busque unha mascota que o substitúa, tras dez anos neste labor.[3]
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 41
- Tempadas en 2ª: 32
- Tempadas en 2ªB: 0
- Tempadas en 3ª: 9
- Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 13º
- Mellor posto na liga: 4º (tempada 1962-63)
- Peor posto na liga: 19º (tempadas 1991-92 e 1994-95)
- Maiores vitorias:
- Na liga: Real Oviedo 3-8 Valladolid
- En competicións europeas: Valladolid 5-0 Hamrum Spartans (Recopa de Europa, 1989-90)
- En Copa: Valladolid 8-0 Constancia Inca (1967-68)
- Maiores derrotas:
- Na liga: Real Madrid 7-0 Valladolid (Este resultado tamén se deu 2 veces máis contra o Atlético de Madrid).
- En competicións europeas: N. K. Rikeja 4-1 Valladolid (Copa da UEFA, 1984-85)
- En Copa: Sevilla FC 8-0 Valladolid (1928-29)[4]
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro 2012/13
[editar | editar a fonte]- Actualizado a 18 de agosto de 2012.
|
|
- Os xogadores con dorsais maiores que o 25 poden alternar o primeiro equipo co filial.
Antigos xogadores ilustres
[editar | editar a fonte]Pasaron polas filas do Real Valladolid xogadores como:
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]- Alberto: 28 goles en 35 partidos (2ª División 2006-07)
Presidentes
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Adestradores
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]- Copa Castela e León (1): 1931
Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Copa da Liga (1): 1983–84
- Segunda División de España (3): 1947–48, 2006–07
- Terceira División de España (4): 1932–33, 1933–34, 1945–46, 1946–47
- Copa Real Federación Española de Fútbol (1): 1953
- Subcampión da Copa do Rei (2): en 1949–50, 1988–89
- Copa Duward (1): 1951–52
Trofeos amigables
[editar | editar a fonte]Trofeo Cidade de Valladolid
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Trofeo Cidade de Valladolid.
Desde 1972 celébrase, no mes de agosto, o Trofeo Cidade de Valladolid, clásico torneo de verán que o Real Valladolid conquistou en 20 ocasións, participando nel equipos internacionais, como o Boca Juniors ou a Selección do Xapón, ou grandes equipos españois, como o FC Barcelona.
Disputouse baixo diferentes formatos (partido único, triangulares etc.).
Filial
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Real Valladolid Club de Fútbol B.
O Real Valladolid Club de Fútbol B é o equipo filial do club. Coñéceselle así desde 1990 xa que antes coñecíaselle como Real Valladolid Promesas (1973-1990) e antigamente como Europa Delicias (1944-1973). Actualmente xoga na Terceira División Española.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Rec.Sport.Soccer Statistics Foundation. "Spanish Premier Division All-Estafe Table 1928-2008 (77 Leagues)" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2008.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 02 de marzo de 2009.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 02 de marzo de 2009.
- ↑ http://www.realvalladolid.es/elclub/historia/records/ Arquivado 14 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Real Valladolid C.F. S.A.D - Institucion do Club