Enrique Orizaola
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1922 Santander, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 10 de xuño de 2013 (91 anos) Santander, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Enrique Orizaola Velázquez, nado en Santander o 26 de marzo de 1922 e finado na mesma cidade o 10 de xuño de 2013,[1] foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e dianteiro e desenvolveu toda a súa carreira como futbolista en dous clubs cántabros: o Racing de Santander e o Gimnástica de Torrelavega. Como adestrador dirixiu 19 equipos das tres primeiras categorías do fútbol español, entre eles cinco de Primeira División. Levou o FC Barcelona ata a final da Copa de Europa 1960/61, onde perderon contra o Benfica. Conseguiu un único ascenso, co Deportivo da Coruña á Primeira División, na tempada 1965/66.
Foi pai de Enrique Orizaola Paz, avogado e presidente do Córdoba CF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como futbolista no Racing de Santander, co que debutou na primeira xornada da tempada 1941/42 da Segunda División, contra o Barakaldo no Sardinero. Co equipo cántabro disputou un total de 126 partidos e marcou quince goles.[2] En total militou sete tempadas co conxunto santanderino: cinco en Segunda División e dúas en Terceira (1943/44 e 1947/1948).[3]
Tras finalizar a súa etapa racinguista, fichou por outro club de Cantabria: a Gimnástica de Torrelavega. A súa primeira tempada (1948/49) xogouna na Terceira División, logrando o ascenso e disputando as dúas seguintes en Segunda División. Formou parte do equipo que quedou preto do ascenso a Primeira División en 1950 e que ese mesmo ano derrotou por primeira vez ao Racing de Santander nun partido oficial no Sardinero.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Comezos no fútbol cántabro
[editar | editar a fonte]Os dous primeiros equipos que adestrou foron os dous nos que xogou.[4] Primeiro dirixiu a Gimnástica de Torrelavega, para posteriormente adestrar o Racing de Santander en Segunda dende 1956 ata 1958.[5] Na súa primeira tempada á fronte do Racing, a 1956/57, o equipo acabou a liga no oitavo posto. Na seguinte ocupou os primeiros postos durante boa parte da tempada, pero tralo regreso ao Barcelona dos cedidos Vicedo e Duró e a marcha ao Sevilla de Martín e Santín, produciuse unha caída do rendemento do equipo, perdéndose as posibilidades de ascender. Este feito motivou a saída de Orizaola do club en maio de 1958.[6]
Jaén e Murcia
[editar | editar a fonte]Na tempada 1958/59 fichou polo Real Jaén, que acababa de descender a Segunda División e co que rematou na novena posición.[7] En abril de 1959 foi traspasado ao Real Murcia, equipo tamén da Segunda División.[8] Dirixiu ese ano ao club murciano na Copa do Xeneralísimo e tamén durante toda a seguinte tempada, rematando a liga na sétima posición.
FC Barcelona e final da Copa de Europa
[editar | editar a fonte]En 1960 soou, xunto a Daučík, para substituír a Antonio Barrios no banco do Espanyol,[9] e contou tamén con ofertas do Betis, o Valencia e o Oviedo.[10] Con todo, incorporouse á disciplina do FC Barcelona, sendo presentado o 17 de xuño como profesor técnico e segundo adestrador de Ljubiša Broćić. Pero debido aos malos resultados, Broćić dimitiu e Orizaola fíxose cargo do equipo o 12 de xaneiro de 1961.[11] Con Orizaola no banco o equipo catalán chegou ata a final da Copa de Europa, onde se enfrontou ao Benfica no Wankdorfstadion de Berna. O adestrador cántabro aliñou a Ramallets, Foncho, Gensana, Gràcia, Vergés, Garay, Kubala, Kocsis, Evaristo, Suárez e Czibor.[12] O partido acabou 3-2 para os portugueses con goles de José Águas, Ramallets en propia meta e Mário Coluna, e foi coñecido como "a final dos postes cadrados", pola cantidade de disparos barcelonistas que acabaron batendo nos postes cadrados da portería defendida por Costa Pereira.[13][14] Foi o derradeiro partido de Orizaola no banco do Barcelona.
Selección española xuvenil
[editar | editar a fonte]En febreiro de 1962 foi nomeado adestrador da selección española xuvenil para o Torneo Internacional da UEFA Xuvenil celebrado en abril dese mesmo ano en Romanía,onde España quedou encadrada no grupo C, xunto coas seleccións de Francia, Turquía e Hungría. A selección española rematou a fase de grupos cun empate e dúas derrotas, quedando así eliminada.[15]
Osasuna, Oviedo e Levante
[editar | editar a fonte]En xuño de 1962 foi contratado polo Osasuna para disputar a liga 1962/63, na que o equipo navarro acabou penúltimo e descendendo, lastrado sobre todo polos seus resultados fóra da casa, con só catro puntos como visitante. Na seguinte campaña fichou polo Real Oviedo, tamén de Primeira, pero os malos resultados provocaron que fose destituído en xaneiro,[16] co equipo ocupando a 14ª posición de entre 16 equipos, e que fose substituído polo muxián Eduardo Toba.[17] Na tempada 1964/65 dirixiu o Levante na súa segunda campaña na máxima categoría, rematando a competición no 14º lugar e deixando o club antes da disputa da fase de permanencia, para a que o Levante contratou a Quique, que non conseguiu salvar o equipo.
Primeira etapa no Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]En xuño de 1965 asinou como novo adestrador do Deportivo da Coruña para a tempada 1965/66 de Segunda División.[18] O equipo coruñés reforzouse ese ano coa chegada de xogadores como Joanet, González, Santos, Ribada ou Chapela, que se sumaron a nomes importantes que xa estaban no club, como Domínguez, Manolete ou Loureda. Na sexta xornada o equipo colocouse primeiro, posición que xa non abandonou ata o remate da liga, proclamándose campión por diante do Celta de Vigo.
O contrato do adestrador foi renovado para a seguinte campaña, a 1966/67.[19] A pesar das numerosas fichaxes, entre elas as de Sertucha, Gatell, Campanal II, Sánchez Lage, Suco ou García Verdugo, o Deportivo tardou nove xornadas en conseguir a primeira vitoria, e sumou ata 12 derrotas nas primeiras 19 xornadas, motivo polo que Orizaola foi cesado en febreiro, sendo substituído por Dagoberto Moll.[20]
Valladolid e Salamanca
[editar | editar a fonte]En outubro de 1967 converteuse no novo adestrador do Valladolid, tralo despedimento despois de só cinco xornadas de liga de José Luis Molinuevo.[21] Conseguiu endereitar o rumbo do equipo valisoletano e acadou o subcampionato do Grupo Norte da Segunda División, pero non puido levar o equipo a Primeira, ao perder na promoción de ascenso contra a Real Sociedad. Tras isto abandonou o club por non chegar a un acordo económico.[22] Con todo, regresou a finais de outubro de 1968, tralo cesamento de Antonio Barrios,[23] e rematou a tempada na décima posición.
Na tempada 1969/70 chegou á UD Salamanca, club que militaba en Segunda e polo que xa pasaran esa campaña os adestradores Benavente e José Bermúdez. O equipo ocupaba a derradeira posición no momento da súa chegada, e aínda que o conseguiu sacar dos postos de descenso directo nalgunha xornada, o equipo acabou penúltimo e consumando a perda de categoría. Continuou no equipo para a seguinte tempada pero finamente foi cesado en outubro.[24]
Rayo Vallecano e Sabadell
[editar | editar a fonte]En febreiro de 1971 foi contratado como técnico do Rayo Vallecano, da Segunda División, trala destitución de Manolo Peñalva. Acabou a tempada ás portas do ascenso e renovou por outra tempada máis.[25] Nesa segunda campaña no equipo madrileño só puido ser oitavo, deixando o equipo ao final da tempada. Tralo descenso do Sabadell da Primeira División na tempada 1971/72, Orizaola púxose á fronte do equipo co propósito de ascender de novo á máxima categoría do fútbol nacional.[26] Pero debido aos malos resultados que levaba o equipo, foi cesado en xaneiro de 1973 e substituído por Antonio Jaurrieta.[27]
Segunda etapa no Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1974 fichou, por segunda vez, polo Deportivo da Coruña, sendo o terceiro adestrador do conxunto galego esa tempada, tras Fernando Riera e Carlos Torres.[28] Esta segunda etapa no club galego durou só tres meses, sendo cesado despois de 16 partidos, cun saldo de 9 cun saldo de 3 vitorias, 4 empates e 9 derrotas, e co equipo ocupando a penúltima praza da Segunda División. Foi substituído por José Antonio Irulegui,[29] que tampouco puido salvar o equipo do descenso a Terceira.
Terceira División e Segunda B
[editar | editar a fonte]Durante os seguintes anos adestrou catro equipos da Terceira División (Xerez, Atlético Marbella, Gimnástico de Melilla e Albacete), antes de fichar en 1978 polo Calvo Sotelo de Puertollano, que acababa de descender á nova Segunda División B. Por primeira vez na súa carreira, dirixu a un equipo durante dúas tempadas completas, á que sumou unha terceira, todas elas na Segunda B. Na tempada 1981/82 adestrou o seu último equipo, o Badajoz, tamén de Segunda B,[30] ata que foi cesado en abril de 1982 trala dimisión do presidente do club, Carlos Uriarte.[31]
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Tras finalizar a súa etapa como adestrador, traballou durante anos no corpo técnico do FC Barcelona e foi xerente do Zaragoza durante a reconversión do club como sociedade anónima deportiva e director deportivo do Albacete.[32][33] Faleceu en Santander o 10 de xuño de 2013, aos 91 anos de idade.[34]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sport, ed. (10 de xuño de 2013). "Fallece Enrique Orizaola, el entrenador de la final de los postes".
- ↑ "Una felicitación especial: la de Enrique Orizaola" (en castelán). 21 de maio de 2008. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Los grises años cuarenta" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Enrique Orizaola, el fútbol en las venas" (en castelán). 3 de maio de 2007. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Adestradores do Racing de Santander". realracingclub.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2010. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Enrique Orizaola ha dejado el Santander que encumbró". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de maio de 1958. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "El santanderino Orizaola entrenará al Jaén". Mundo Deportivo (en castelán). 8 de agosto de 1958. p. 3. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "La danza de los entrenadores Barrios, Pons, Orizaola, Miro...". Mundo Deportivo. 23 de abril de 1959. p. 3. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Se alzan las candidaturas de Daucik y Orizaola". Mundo Deportivo (en castelán). 26 de maio de 1960. p. 1. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Enrique Orizaola nuevo entrenador del C. de F. Barcelona". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de xuño de 1960. p. 3. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Ljubisa Brocic (1960-61)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Benfica 3-2 Barcelona". UEFA (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Lo que fue el partido". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de xuño de 1961. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ Relaño, Alfredo (8 de xuño de 2015). "Aquella final de los postes cuadrados". El País (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Torneo Juvenil de la U.E.F.A. en Rumanía. En Constanza, Turquía vence a España (1-0)". Mundo Deportivo (en castelán). 25 de abril de 1962. p. 3. Consultado o 22 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola rescindió contrato". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de xaneiro de 1964. p. 4. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Tobar se encarga de la preparación técnica del Oviedo". La Noche (en castelán) (13153). 25 de xaneiro de 1964. p. 5. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola entrenador del Deportivo". La Noche (en castelán) (13585). 16 de xuño de 1965. p. 9. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola renovó contrato con el Deportivo de La Coruña y el equipo se refuerza". Mundo Deportivo (en castelán). 2 de xuño de 1966. p. 2. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola, presento la dimisión como entrenador del Coruña". El Progreso (en castelán) (18507). 7 de febreiro de 1967. p. 5. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola entrenador del Valladolid". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de outubro de 1967. p. 30. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola dejó el Valladolid". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de xuño de 1968. p. 7. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola nuevo entrenador del Valladolid". ABC (en castelán). 25 de outubro de 1968. p. 105. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola cesa en el Salamanca". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de outubro de 1970. p. 26. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "A la tercera va la vencida. El Rayo espera ascender este año". Mundo Deportivo (en castelán). 26 de agosto de 1971. p. 13. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "El Sabadell con «espíritu de primera»". ABC (en castelán). 6 de agosto de 1972. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola: «en el fútbol ya no hay sorpresas»". Mundo Deportivo (en castelán). 17 de xaneiro de 1973. p. 10. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Toma de posesión de Orizaola". El Pueblo Gallego (en castelán) (18306). 10 de xaneiro de 1974. p. 13. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Irulegui, entrenador deportivista". El Pueblo Gallego (en castelán) (18395). 25 de abril de 1974. p. 18. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola entrenará al Badajoz". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de maio de 1981. p. 35. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola, cesado en el Badajoz". Mundo Deportivo (en castelán). 3 de abril de 1982. p. 14. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola, nuevo gerente del Zaragoza". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de xullo de 1989. p. 14. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Orizaola saluda a la plantilla". Mundo Deportivo (en castelán). 7 de novembro de 1993. p. 7. Consultado o 23 de decembro de 2021.
- ↑ "Fallece Enrique Orizaola, el entrenador de la final de los postes" (en castelán). 10 de xuño de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1922
- Finados en 2013
- Nados en Santander
- Futbolistas de Cantabria
- Centrocampistas de fútbol
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores da Gimnástica de Torrelavega
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores da Gimnástica de Torrelavega
- Adestradores do Racing de Santander
- Adestradores do Real Jaén
- Adestradores do Real Murcia
- Adestradores do FC Barcelona
- Adestradores do CA Osasuna
- Adestradores do Real Oviedo
- Adestradores do Levante UD
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Adestradores do Real Valladolid
- Adestradores da UD Salamanca
- Adestradores do Rayo Vallecano
- Adestradores do CE Sabadell
- Adestradores do Xerez CD
- Adestradores do Atlético Marbella
- Adestradores do Albacete Balompié
- Adestradores do CD Puertollano
- Adestradores do CD Badajoz
- Directores deportivos de fútbol de España