Conversa usuario:Breobot
Benvida
[editar a fonte]Benvido, amigo. Os bots tamén falan galego. --BotDHojalata (conversa) 29 de maio de 2019 ás 19:26 (UTC)
Bandeira
[editar a fonte]Breogan2008, a conta xa ten bandeira de bot, cando queiras podes comezar a traballar, parabéns :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2019 ás 15:15 (UTC)
axuda con categoría
[editar a fonte]Ola, Breogán! Como vai todo?
Quería pedirche axuda co bot. Poderías mover Categoría:Imaxes da semana a Categoría:Imaxe do día? Unha vez corrixida a categoría dos 588 ficheiros, cumpriría mover o contido da categoría vella á nova. Non hai urxencia ningunha. Moitas grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de agosto de 2022 ás 01:20 (UTC)
- Feito, movín a categoría e cambiei a categoría das imaxes. Algunhas delas seguen aparecendo na categoría vella, non sei o motivo. Bótalle un ollo!! Un saúdo. Breobot (conversa) 8 de agosto de 2022 ás 16:07 (UTC)
- Moitas grazas! Quedaran doce atrás porque eran redireccións, mais xa corrixín o asunto. Apertas!! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de agosto de 2022 ás 16:52 (UTC)
Mai / Nai
[editar a fonte]A RAG dáos como sinónimos e non estabelece preferencia. Por outra banda, o troco non agrega nada. Teño entendido que, no caso de alternativas duplas, adóitase repectar a elección do primeiro redactor/a. Prego que non se modifique mai por nai no que escribo eu, por exemplo, o artigo de Rodari. Saúdos!! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 26 de agosto de 2022 ás 21:34 (UTC)
superficie e capacidade
[editar a fonte]Ola!
É viable mudar m2 por m² (tamén hm, km etc.) e m3 por m³? Estiven a pensar en posibles excepcións que non haxa que modificar, pero non se me ocorre como afinar a busca para evitar erros :(
Moitas grazas! Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de novembro de 2023 ás 12:04 (UTC)
- Boa tarde!! Teño unha nova petición: podes homoxeneizar *hab/km e *h/km -> hab./km? Aparecen as dúas formas mal no corpo do texto en numerosas ocasións ao falar da densidade de poboación. Moitas grazas!! --Estevo(aei)fálame aquí 23 de novembro de 2023 ás 12:56 (UTC)
Artillaría vs artillería
[editar a fonte]Porque artillaría e non artillería?, xa que as dúas estan recollidas no DRAG como correctas, e artillería e a elección que escolleu o primeiro editor do artigo (falo de Guerra de trincheiras) polo que segundo as normas da galipedia e a que prevalece a hora da edición no artigo. Un saudo a quen corresponda.Alfonso mande 12 de marzo de 2024 ás 11:43 (UTC)
espazos
[editar a fonte]Ola!
Teño unha nova petición para o bot. Podes suprimir os espazos antes das referencias? Tanto antes de "<ref>" coma antes de "<ref name=", e non se me ocorre se habería máis casos; quizais tamén antes de "{{Sfn|"?
Mil grazas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 27 de maio de 2024 ás 18:53 (UTC)
- Vou tentar a ver se o consigo. Xa o intentei algunha vez e non din feito. Saúdos meu. Breobot (conversa) 4 de xuño de 2024 ás 10:09 (UTC)
coidado co and lóxico
[editar a fonte]Boas. @Breobot
O bot mudou un &and que era un and lóxico, non texto. Pillei o fallo por pouco.
A ver se podes tocar o bot para que non faga esa mudanza
Atentamente Andresv.63 (conversa) 3 de xuño de 2024 ás 00:04 (UTC)
- Grazas polo aviso Andres. O cambio do &and foi automático da ferramenta. Os cambios que fago co bot son "semiautomáticos", é dicir, as correccións de texto son manuais pero hai outras de formato que as fai por defecto o replacer. Tereino en conta para futuros cambios, en especial os de matemáticas. Grazas por estar pendente. Saúdos meu. Breobot (conversa) 4 de xuño de 2024 ás 10:08 (UTC)
solicitude de corrección
[editar a fonte]Bo día!
Quería pedirche un favor. Podes darlle ao bot para que corrixa "º edición" por "ª edición"? Ao ser un substantivo feminino, o adxectivo debe selo tamén, e hai bastantes ocasións en que aparece incorrectamente, por exemplo, "1º edición". Mil grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de xuño de 2024 ás 07:15 (UTC)
- Tres cuartos do mesmo pasa con "º rolda", que debería mudarse por "ª rolda". Mil grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de xuño de 2024 ás 09:58 (UTC)
- Boas Estevo, queda anotado. A ferramenta que usaba para estas cousas esta inoperativa polo momento. Tan axiña como poida fago os cambios Breobot (conversa) 29 de xuño de 2024 ás 10:18 (UTC)