Marrocos

País do noroeste de África

Marrocos[1] (en árabe: المغرب; Al-Magrib, en bérber: ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; lmeɣrib), oficialmente Reino de Marrocos (en árabe: المملكة المغربية; Al-mamlaka al-maḡribiyya, en amazigh: ⵜⴰⴳⵍⴷⵉⵜ ⵏ ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; Tageldit n lmeɣrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.

Modelo:Xeografía políticaMarrocos
المملكة المغربية (ar)
المغرب (ar)
ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ (zgh)
ⵜⴰⴳⵍⴷⵉⵜ ⵏ ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ (zgh) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoAl-nashid al-sharif Editar o valor en Wikidata

Lema«الله، الوطن، الملك»
«Gwlad, Mamwlad, y Brenin» Editar o valor en Wikidata
EpónimoMarrakech, oeste e mauros Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°N 6°O / 32, -6
CapitalRabat Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación37.076.584 (2021) Editar o valor en Wikidata (83,03 hab./km²)
Número de fogares9.275.038 (2024) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua árabe
Amazigh estándar marroquí Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie446.550 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo, Océano Atlántico e Estreito de Xibraltar Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoJebel Toubkal (4.167 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoSebkha Tah (−55 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación789 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• Rei Editar o valor en WikidataMohamed VI de Marrocos (1999–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCabinet of Morocco (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataAziz Akhannouch (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Morocco (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Morocco (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal142.866.583.125 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaDirham Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ma Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+212 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia15 (en) Traducir, 19, 112 e 177 Editar o valor en Wikidata
Código de paísMA Editar o valor en Wikidata

Sitio webmaroc.ma… Editar o valor en Wikidata
Youtube: UC7zr0TKchUJyJ7D8u5gK7HQ Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Marrocos.
 
Agadir, Marrocos.
  • 1894 : Morte de Mulai-al-Hasan. Proclamación do novo sultán, o novo Mulai Abd el Aziz. Pero o verdadeiro poder ostentábao Ba Ahmed, quen mostra a influencia dos elementos negros nos asuntos marroquís.
  • 1900 : As finanzas marroquís prosperan grazas aos resultados da acción económica de Mulai-al-Hasan. Isto garántelle a Marrocos a independencia nacional.
  • 1900 : Morte de Ba Ahmed que é substituído polo pródigo Mulai Abd el Aziz. As súas dispensas favorecen a intervención dos organismos de crédito europeo integrados pola banca de París e dos Países Baixos.

O Protectorado Francés

editar
  • 1902-1912: A penetración económica europea intensifícase até tal punto que o sultán Mulai Hafid, irmán de Mulai Abd el Aziz, é forzado a asinar en 1912 o tratado de protectorado na convención de Fez.
  • 1907: As forzas francesas deben intervir para protexeren os seus nacionais.
  • 1907-1910: Hubert Lyautey pacifica Marrocos oriental, o xeneral Drude, que sucede o xeneral Amade, debe pacificar Marrocos occidental.
  • 1911: As tropas francesas teñen que librarse do sultán asentado en Fez. Esta intervención provoca a segunda crise marroquí.
  • 1912: Hubert Lyautey é nomeado xeneral residente de Francia, o que provoca a sublevación das tribos. Mouley Youssef substitúe o sultán Mulei Hafid, que ve a súa autoridade afianzada en Marrocos.

Primeira guerra mundial

editar
  • 1915: Hubert Lyautey recibe a orde de París de retirar as tropas do interior para envialas a Francia. Esta evacuación parece prematura na medida en que a pacificación se encontra agora co problema dos movementos rebeldes sostidos polos alemáns.

Sáhara occidental

editar

Marrocos anexionouse de feito parte do Sáhara Occidental en 1976, tras acordar España a súa independencia, pero a resolución final sobre o status do territorio queda en suspenso en espera dun referendo organizado pola ONU, que se viu aprazado varias veces a causa dun desacordo de Marrocos sobre o censo do corpo electoral elaborado pola ONU.

Política

editar

Marrocos é unha monarquía parlamentaria.

Xeografía

editar

Os países limítrofes son Sáhara Occidental ao sur e Alxeria ao leste e ao sueste. A certa distancia da costa atlántica atópanse as Illas Canarias, Madeira e as Salvaxes. Ao norte do estreito de Xibraltar atópase a Península Ibérica.

Hai tamén catro enclaves españois situado ao longo da costa mediterránea: Ceuta e Melilla no mesmo continente e Peñón de Vélez de la Gomera e Peñón de Alhucemas como illotes próximos; así como varios illotes Perexil e Chafarinas. A existencia destes territorios é unha fonte de tensión entre os dous estados.

A capital é Rabat. Entre as vilas salientables atópanse Casablanca, Agadir, Fez, Marrakech, Mequinez, Tánxer ou Tetuán.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Marrocos.

Cultura

editar
 
Ahidus en 2002.

Linguas

editar

O idioma oficial de Marrocos é o árabe clásico; é a lingua da lexislación, aínda que as leis tamén se traducen ao francés e ás veces ao español.

A lingua maioritaria falada pola poboación é o árabe marroquí, cada día máis influído pola chamada lingua culta. De feito, existe unha diglosia e, incluso unha triglosia. O rei marroquí cando quere que un discurso chegue a todo o mundo vese obrigado a utilizar o árabe dialectal.

As zonas rurais berberófonas, nos seus tres dialectos das linguas bérberes (tarifit, tamazight e tachelhit) empregan a súa lingua diariamente.

A lingua francesa é a lingua do comercio; e a ensinanza superior impártese en francés.

Nas cidades de Tetuán e Nador o coñecemento e uso do español é elevado; tamén na poboación saharauí do antigo Sáhara Español; na maior parte da poboación de Larache, Tánxer, Al-Hoceima e Ifni é usual. Existen grupos de hispanofalantes en cidades como Rabat, Agadir, Kenitra, Casablanca, Taza, Fez, Marrakech, Mequinez e Uxda. Actualmente, existen seis centros do Instituto Cervantes, sendo unha das maiores concentracións nun só país desta institución encargada da difusión da lingua española no mundo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para marroquí.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar