John Evans (arqueólogo)
John Evans, nado o 17 de novembro de 1823 en Burnham, Buckinghamshire, e finado o 31 de maio de 1908 en Berkhamsted, Herrtfordshire, foi un arqueólogo, numismático e xeólogo inglés.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1823 Burnham, Reino Unido (pt) |
Morte | 31 de maio de 1908 Berkhamsted. Hertfordshire. Inglaterra. |
Presidente da Sociedade Xeolóxica de Londres | |
1874 – 1876 ← George Campbell (pt) – Peter Martin Duncan (pt) → | |
10º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1874 – 1908 ← William Sandys Wright Vaux (en) – Henry Hoyle Howorth → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, arqueoloxía e xeoloxía. |
Ocupación | antropólogo, empresario, numismático, xeólogo, historiador da arte, arqueólogo, anticuario |
Membro de | |
Influencias en | |
Familia | |
Cónxuxe | Harriet Ann Dickinson. Frances Phelps. Maria Millington Lathbury. |
Fillos | Arthur Evans, Lewis Evans, Joan Evans |
Premios | |
- (1880): Medalla Lyell. - (1887): Medalla da RNS. | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography, second supplement (en) Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) |
Traxectoria
editarJohn Evans era o terceiro dos seis fillos do reverendo Arthur Benoni Evans (1781-1854), un escritor e erudito amplo coñecedor de linguas clásicas e modernas, e de Anne Dickinson.[2] Aos 17 anos comezou a traballar na compañía de produción de papel John Dickinson & Co. Ltd. en Nash Mills, no condado de Hertfordshire, que fora establecida polo seu tío (e máis tarde sogro) John Dickinson (1782-1869), quen tamén era o seu socio principal. En 1850 John Evans foi admitido como novo socio da compañía e desde entón xa non se retirou da súa xestión ata 1885.[3][4]
Ademais da atención aos seus negocios, John Evans foi un salientable anticuario, arqueólogo, numismático e xeólogo. Ao longo da súa carreira presidiu as seguintes institucións académicas e científicas:[5]
- Sociedade de Anticuarios de Londres (1885-1892).
- Real Sociedade Numismática (1874-1908).
- Sociedade Xeolóxica de Londres (1874-1876).
- Instituto Antropolóxico de Gran Bretaña e Irlanda (1877-1879).
- Sociedade da Industria Química (1891-1893).
- Asociación Británica para o Avance da Ciencia (1897-1898).
En 1864 foi elixido membro da Royal Society, institución da que foi tesoureiro durante dúas décadas (1878-1898).[5][6]
En tanto que presidente da Sociedade de Anticuarios de Londres, Evans tiña atribuído o posto de administrador do Museo Británico, e despois mantivo este posto con carácter permenente ata a súa xubilación en 1898.[5] Logo da doazón feita polo seu fillo, Arthur Evans, este museo alberga unha colección de antigüidades da Idade de Ferro procedentes das escavacións que John Evans fixo xunto con John Lubbock no sitio arqueolóxico de Hallstatt, en Austria.[7]
A maior parte da súa ampla colección arqueolóxica foi doada, tamén polo seu fillo, ao Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford. Entre as pezas máis salientables están as xoias anglosaxoas coñecidas como "Cruz de Ixworth" e "Fibela de Tostock".[8] Os seus fondos bibliográficos foron doados á Biblioteca Bodleian e hoxe forman parte da Biblioteca Sackler, da Universidade de Oxford.[9]
Recoñecementos
editarAs súas honras académicas inclúen graos honoríficos por diversas universidades (Oxford, Dublín, Cambridge, Toronto etc.) e foi nomeado membro correspondente ou membro honorario de entidades de países como Francia, Luxemburgo, Portugal, Italia, Irlanda, os EEUU, Canadá, Bélxica e Mónaco.[5]
Vida familiar
editarJohn Evans casou en tres ocasións, enviuvou dúas delas e tivo seis fillos. A súa primeira muller foi Harriet Ann Dickinson, filla do inventor e empresario John Dickinson e de Ann Grover. Neste primeiro matrimonio tivo cinco fillos:[13][14]
- Arthur John Evans (1851-1941), conservador do Museo Ashmolean e arqueólogo particpante nas escavacións da Creta minóica.[15]
- Lewis Evans (1853-1930), continuador dos negocios familiares e coleccionista de instrumentos científicos que acabaron formando o núcleo da colección do Museo da Historia da Ciencia, en Oxford.
- Philip Norman Evans (1854-1893), químico, traballador da empresa familiar.
- Alice Evans (1856-1882), casada co terratenente e filántropo William Minet (1851-1933).
- Harriet Ann Evans (1857-1938), casada cun membro da familia de editores Longman.
A súa primeira muller morreu o 1 de xaneiro de 1858 e Evans casou entón cunha curmá dela, Frances Phelps, nada en 1826 e que faleceu o 22 de setembro de 1890.[13]
O 9 de xullo de 1892, John Evans casou con Maria Millington Lathbury (1856-1944), coa que tivo unha filla, Dame Joan Evans, unha recoñecida historiadora da arte medieval francesa e inglesa, autora dunha biografía familiar.[4][13][16]
Publicacións
editarJohn Evans é autor de máis de 140 artigos en revistas de arqueoloxía e numismática,[17] ademais de diversos traballos monográficos, dos que varios foron no seu día foron considerados como referencias no seu ámbito:[18][19]
- (1860). Account of Some Rare and Unplublished Ancient British Coins. Numismatic Society of London.
- (1861). An account of a hoard of ancient British coins discovered in the neighbourhood of Frome. Separata de The Numismatic Chronicle. Numismatic Society of London.
- (1862). Flint Implements in the Drift. Londres.
- (1863). Account of a hoard of Roman coins found near Luton, Bedfordshire. Numismatic Society of London.
- (1864). The Coins of the Ancient Britons. Smith, Londres.
- (1864). Instruments de silex dans le diluvium. Jeunet, Amiens.
- (1872). The Ancient Stone Implements, Weapons and Ornaments of Great Britain. Longmans, Green & Co., Londres. [2ª ed. revisada en 1897].
- (1876). Petit album de l'âge du bronze de la Grande Bretagne. Longmans, Green & Co., Londres.
- (1881). The Ancient Bronze Implements, Weapons and Ornaments of Great Britain and Ireland. Longmans, Green & Co., Londres.
- (1885). Anniversary address to the Numismatic Society of London, June 18, 1885. Numismatic Chronicle, Londres.
- (1890). Address of John Evans, Esq., D.C.L., LL.D., F.R.S. : president of the Society of antiquaris of London, delivered at their anniversary meeting, April 23, 1890. The Society of Antiquaries, Londres.
- (1893). Hydriotaphia, urn burial: with an account of some urns found at Brampton in Norfolk (con T. Browne). Whittingham & Co., Londres.
- (1900). The origin, development and aims of our scientific societies. W. Trounce, Londres.
- (1901). A popular history of the ancient Britons or the Welsh people from the earliest times to the end of the nineteenth century. E. Stock, Londres.
Notas
editar- ↑ Hugh, C. (ed.) (1911).
- ↑ "Sir John Evans's Family Life - His Early Years". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
- ↑ "Sir John Evans the Papermaker". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
- ↑ 4,0 4,1 Evans, D. J. (1943).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Sir John Evans: Learned Societies and Awards". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
- ↑ "Fellow details: Evans; Sir; John (1823 - 1908) Arquivado 10 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". The Royal Society.
- ↑ "Sir Arthur John Evans". The British Museum.
- ↑ "Sir John Evans's Artefact Collection". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
- ↑ "Evans's Book Collection". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
- ↑ "Lyell Medal. Past Winners". The Geological Society.
- ↑ "Papers of John Evans as High-Sheriff of Hertfordshire". The National Archives.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 "Sir John Evans's Family Life - Marriages". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
- ↑ "Sir John Evans's Family Life - Children". Sir John Evans Centenary Project. Ashmolean Museum.
- ↑ "Evans, Sir Arthur John (1851-1941)". Oxford Dictionary of National Biography.
- ↑ "Evans, Dame Joan (1893-1977)". Oxford Dictionary of National Biography.
- ↑ "John Evans F.R.S., F.S.A., F.G.S.". Archaeology Data Service (ADS).
- ↑ "Evans, John 1823-1908". WorldCat Identities.
- ↑ "Evans, John 1823-1908 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Evans |
Bibliografía
editar- Evans, D. J. (1943). Time and Chance: The Story of Arthur Evans and His Forebears. Longmans, Green & Co., Londres. [Reedición: Greenwood Pub., 1974. ISBN 978-0837147376]
- Hugh, C. (ed.) (1911). "Evans, Sir John". En Encyclopaedia Britannica. 11ª ed. Cambridge University Press.
- McGregor, A. (2008). Sir John Evans 1823-1908: Antiquity, Commerce and Natural Science in the Age of Darwin. Ashmolean Museum. ISBN 978-1854442376
Ligazóns externas
editar
Predecesor: William Sandys Wright Vaux |
Presidente da Royal Numismatic Society 1874 - 1908 |
Sucesor: Henry Hoyle Howorth |