Bélxica

país europeo

Bélxica (Gl-Bélxica.ogg pronunciación ) (en alemán: Belgien De-belgien.ogg [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique Fr-belgique.ogg [bɛlʒik] , en neerlandés: België Nl-belgie.ogg [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica (Gl-Reino de Bélxica.ogg pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é unha monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven un pouco máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo.

Modelo:Xeografía políticaBélxica
Koninkrijk België (nl)
Royaume de Belgique (fr)
Königreich Belgien (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoLa Brabançonne (1830) Editar o valor en Wikidata

Lema«A unión fai a forza» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialPapoula Editar o valor en Wikidata
EpónimoBelgae e Gallia Belgica Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°38′28″N 4°40′05″L / 50.6411, 4.6681
CapitalBruxelas Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.584.008 (2022) Editar o valor en Wikidata (377,48 hab./km²)
Lingua oficiallingua neerlandesa
lingua francesa
lingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie30.688 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0,8 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar do Norte Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoSignal de Botrange (694 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoDe Moeren (−4 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación4 de outubro de 1830 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
4 de outubro de 1830Revolución Belga
19 de abril de 1839Tratado de Londres Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónXosé de Nazaret Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
Monarquía parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Rei Editar o valor en WikidataFilipe de Bélxica (2013–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno Federal de Bélxica Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataAlexander De Croo (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento Federal Belga , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal constitucional de Bélxica Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal599.880.000.000 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.be Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+32 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 100, 101 e 102 Editar o valor en Wikidata
Código de paísBE Editar o valor en Wikidata
Código NUTSBE Editar o valor en Wikidata

Sitio webbelgium.be Editar o valor en Wikidata
Facebook: Belgium.be Twitter: belgiumbe Instagram: belgium Youtube: UCZzMKUSb2sRh8gd4fRsWHzA BNE: XX450597 Editar o valor en Wikidata

O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: os flamengos, de orixe xermánica, e mailos francófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría de lingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a de Flandres, de fala neerlandesa, e a de Valonia, de fala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira, Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflíctense na historia política e mais no seu complexo sistema de goberno do país.

Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional da Galia, Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas, os belgas. Historicamente, Bélxica fixo parte dos Países Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos e Luxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actual Benelux. Dende final da Idade Media ata o século XVII, foi un florecente centro de comercio e cultura. Dende o século XVIII ata a Revolución belga de 1830, Bélxica, naquela época chamada os Países Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".

Etimoloxía

editar

A uso máis antigo dos termos Belgae e Belgica rexistrado atopámolo no De Belo Gallico de Xulio César. O romano divide a Galia que conquistou en tres partes: os galos propiamente falando, os aquitanos e os belgas; sendo estes últimos separados dos galos polo ríos Sena e o Marne. Durante o reinado de Augusto, Marco Agripa divide a Galia en tres provincias, unha das cales leva o nome de Gallia Belgica. Esta última reorganizarase durante Domiciano que o divide en tres novas provincias, unha Gallia Belgica e dúas Xermania. A Gallia Belgica aínda máis tarde dividirase en dúas: a Belgica Prima e a Belgica Secunda. A actual Bélxica ten pouco que ver con estas antigas provincias romanas, a maior parte do seu territorio sitúase en Xermania Inferior (máis tarde chamada Xermania Secunda) e en Belgica Secunda.

Estes termos desaparecen completamente case despois das invasións bárbaras, subsistindo só baixo a pluma dalgúns clérigos. Non reaparecen senón até a segunda metade do século IX, despois da escisión do imperio de Carlomagno, coa creación da Lotarinxia. Os clérigos do tempo, máis por seguir a moda antiga que outra cousa, utilizan o termo Bélxica para designar o reino de Lotario II situado entre a Gallia de Carlos o Calvo e a Xermania de Luís o Xermánico. As denominacións Belgae, Belgica, Gallia Belgica desaparecen de novo ao século XII despois da desaparición da Lotaringia.

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Bélxica.
 
As dezasete provincias (en laranxa, marrón e amarelo) e a Diocese de Liexa (en verde).
 
Episodio da Revolución belga de 1830, de Egide Charles Gustave Wappers (1834)

Durante os derradeiros dous milenios, a área na que hoxe se atopa Bélxica experimentou significativos cambios demográficos, políticos e culturais. O primeiro movemento de poboación ben documentado foi a conquista da rexión pola República Romana no século I a. C., seguida no século V polos francos xermánicos. Estes estableceron o Reino Merovinxio, que pasou a ser o Imperio Carolinxio no século VIII. Durante a Idade Media, os Países Baixos estaban fragmentados en pequenos estados feudais. A maior parte deles uniuse durante os séculos XIV e XV coa casa de Borgoña, formando os Países Baixos borgoñones. Estes estados gañaron o estatuto de autonomía no século XV e foron coñecidos dende entón como as Dezasete Provincias.

A historia de Bélxica pódese distinguir da dos Países Baixos dende o século XVI. A guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) provocou a división das Dezasete Provincias nas Provincias Unidas ao norte e os Países Baixos do Sur ao sur. As provincias do sur foron gobernadas sucesivamente polos Habsburgo españois e austríacos.

Ata a independencia de Bélxica, os Países Baixos do Sur eran un territorio moi cobizado polos conquistadores, e eran o pano de fondo da maior parte das guerras franco-españolas e franco-austríacas durante os séculos XVII e XVIII. Tras as Campañas de 1794 das Guerras Revolucionarias Francesas, os Países Baixos (que incluían territorios que nunca estiveran baixo dominio dos Habsburgo, como o Bispado de Liexa) foron invadidos por Francia, rematando co mando español e austríaco na rexión. A reunificación dos Países Baixos como Reino Unido dos Países Baixos aconteceu no final do Imperio Francés, en 1815.

A Revolución belga de 1830 levou ao establecemento dunha Bélxica independente, católica e neutral, baixo un goberno provisional. Desde a instalación de Leopoldo I como rei en 1831, Bélxica foi unha monarquía constitucional e unha democracia parlamentaria. Entre a independencia e a segunda guerra mundial, o sistema democrático evolucionou dunha oligarquía caracterizada por dous partidos principais, os católicos e os liberais, a un sistema de sufraxio universal que incluíu un terceiro, o Partido Laborista, e un papel forte para os sindicatos. Nas súas orixes, o francés, que era a lingua da nobreza e a burguesía, era a lingua oficial. Dende entón, o país desenvolveu un sistema bilingüe en neerlandés e francés.

Na Conferencia de Berlín de 1885 acordouse en entregarlle o Congo ao Rei Leopoldo II como posesión privada, chamada Estado Libre do Congo. En 1908, cedeuse a Bélxica como colonia, pasándose a chamar Congo Belga. A neutralidade de Bélxica quebrantouse en 1914, cando Alemaña invadiu Bélxica como parte do Plan Schlieffen. As antigas colonias alemás de Ruanda-Urundi (actuais Ruanda e Burundi) foron ocupadas polo Congo Belga en 1916. A Liga de Nacións transferiunas a Bélxica en 1924. Bélxica foi invadida de novo por Alemaña en 1940, durante a Blitzkrieg. Estivo ocupada ata o inverno de 1944-45, no que foi liberada polas tropas Aliadas. O Congo Belga accedeu á independencia en 1960, durante a Crise do Congo, mentres que Ruanda-Urundi independizouse en 1962.

Durante o século XX, e especialmente dende a segunda guerra mundial, a historia de Bélxica estivo dominada cada vez máis pola autonomía das súas dúas comunidades principais. Este período viu un aumento nas tensións inter-comunais, e a unión do estado belga púxose a exame[1].

 
Parlamento Europeo, Bruxelas

Mediante reformas constitucionais nos anos 70 e 80, a rexionalización do estado unitario conduciu ao establecemento dun sistema federal estruturado en tres niveis, á creación de comunidades lingüísticas e de gobernos rexionais e á ratificación dun acordo concibido para minimizar as tensións lingüísticas. Hoxe en día, estas entidades federadas sosteñen máis poder lexislativo que o parlamento bicameral nacional, mentres que o goberno nacional aínda controla case toda a recadación de impostos, cerca do 80% das finanzas dos gobernos comunitarios e rexionais, e o 100% da seguridade social.

Tras a segunda guerra mundial, Bélxica uniuse á OTAN, cuxa sede atópase na capital do país, Bruxelas, e ao Benelux xunto cos Países Baixos e Luxemburgo. En 1951 Bélxica converteuse nun dos seis membros fundadores da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, e dende 1957 da Comunidade Europea da Enerxía Atómica e da Comunidade Económica Europea, hoxe en día, a Unión Europea a cal posúe parte das súas institucións e administracións na capital belga, incluíndo a Comisión Europea, o Consello da Unión Europea, e o Parlamento Europeo.

Política

editar
Artigo principal: Política de Bélxica.
 
O ex-primeiro ministro Herman Van Rompuy
 
Bélxica é un país membro da Unión Europea e na súa capital teñen a súa sede algunhas institucións europeas

Bélxica é unha monarquía constitucional popular e unha democracia parlamentaria que se desenvolveu despois da segunda guerra mundial dun estado unitario a unha federación. A bicámara do parlamento está composta polo Senado e a Cámara dos Representantes. A actual cámara é unha mestura dos políticos e representantes das comunidades e rexións; mentres os restantes son representantes maiores de idade da poboación belga nun sistema de voto proporcional. Bélxica é un dos poucos países no que o voto é obrigatorio, tendo así unha das participacións maiores do mundo.

O goberno federal, está dominado polo Rei sobre a Cámara dos Representativos, e polo Primeiro Ministro. O número de ministros de fala neerlandesa e francesa debe ser igual segundo di a constitución Belga. O Rei ou Raíña é a cabeza do estado, aínda que os seus poderes son limitados. O verdadeiro poder teno o Primeiro ministro e os distintos gobernos do país. O sistema xudicial baséase na lei civil que provén do Código Napoleónico.

As institución políticas Belgas son moi complexas; a maior parte do poder está organizado arredor da necesidade de representar ás comunidades lingüísticas máis importantes. Dende 1970, os partidos políticos belgas dividíronse en distintas formacións para tentar de satisface-las necesidades das distintas comunidades lingüísticas. Os partidos máis importantes en cada comunidade pertencen a tres importantes familias política: os Liberais de dereita, os Demócrata-Cristiáns de centro, e os Social-Demócratas. Outros partidos importantes son os Verdes, e especialmente en Flandres, os Nacionalistas de extrema dereita. A política está influenciada polos grupos de "Lobby", coma as unións de comercio e negocios da Federación Belga.

O anterior Rei, Alberte II, sucedeu ao rei Balduíno I de Bélxica en 1993. Actualmente, o primeiro ministro de Bélxica é Yves Leterme, líder do partido democristián flamengo, claro vencedor das eleccións de xuño do 2007, quen tivo que agardar máis de nove meses para acceder ao cargo de primeiro ministro, debido ás grandes dificultades para pactar un programa con partidos das dúas comunidades do país, a flamenga e a valoa, que por lei deben estar representadas no Goberno federal. Durante eses nove meses o país estivo gobernado por un goberno provisional presidido por Guy Verhofstadt[2].

Leterme renunciou dúas veces á tarefa de formar un Executivo e só o logrou ao terceiro intento, cunha coalición asimétrica, composta polos partidos do flamengo Bart Somers (do Open VLD), o liberal valón, Didier Reynders (do Movemento Reformista, MR) o democristián flamengo Etienne Schoupe (do CD&V), a democristiá francófona, Joelle Milquet (CDH); e o socialista francófono, Elio Dei Rupo (PS)[3].

O 19 de decembro de 2008, Yves Leterme presentou a súa dimisión ao rei Alberte II debido á situación de crise xerada no goberno a partir da venda da entidade financeira Fortis; Fortis foi parcialmente nacionalizado e o groso dos seus activos vendidos ao Estado holandés (a parte holandesa) e ao banco francés BNP Paribas (case todo o negocio bancario en Bélxica e Luxemburgo e os seguros de Bélxica).[4] Leterme, Jo Vandeurzen, e Didier Reynders foron acusados de violar a separación de poderes por tentar influenciar o Tribunal de Apelacións e de exercer presións dende o seu gabinete sobre os xuíces encargados do caso.[5] Tres días despois a renuncia foi aceptada polo rei Alberte II de Bélxica.[6] O elixido para formar un novo goberno foi Herman Van Rompuy quen terá que pór de acordo cos cinco partidos que sostiñan a coalición gobernamental.[7]

Dereitos humanos

editar

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Bélxica firmou ou ratificou:

  Bélxica   Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[8]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[9] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[10] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[11] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[12]
Pertenza                                   
  Firmado e ratificado,   firmado pero non ratificado,   nin firmado nin ratificado,   sen información,   accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Subdivisións

editar
Artigo principal: Subdivisións de Bélxica.
 
Mapa das rexións belgas: Flandres en amarelo, Valonia en vermello e Bruxelas-Capital en laranxa. A parte riscada corresponde á comunidade xermano-falante da Valonia.

Bélxica está subdividida en dúas rexións con cinco provincias cada unha, e unha terceira rexión, a capital Bruxelas. Aquí atópanse, listadas por rexión, coas súas capitais:

Ademais diso, hai aínda a división en comunidades lingüísticas (flamenga, con institucións coincidentes coas da rexión flamenga; francófona, non se debe confundir coa Valonia, e xermanófona, no extremo este desa rexión).

Xeografía

editar
Artigo principal: Xeografía de Bélxica.
 
Pólders ao longo do río Yser

Bélxica ten unha superficie de 30.510 km², distribuídos por tres rexións físicas principais: a chaira a costa (localizada ao noroeste), e as elevacións das Ardenas (situadas ao sueste).

A chaira costeira consiste principalmente de dunas de area e polders. Os polders son áreas de terra a unha altitude próxima ou inferior ao nivel do mar, e que foron gañadas ao mar, do cal están protexidas por diques ou están, máis lonxe do litoral,.

A segunda rexión física, a meseta central, máis no interior. É unha área pouco accidentada, cuxa altitude sobe lentamente á medida que se afasta do litoral, con moitos vales fértiles e irrigada por moitos cursos de auga. Tamén se pode atopar aquí algún terreo máis accidentado, incluíndo grutas e pequenas gorxas.

 
Vista xeral da vila de Frahan e do río Semois

A terceira rexión física, as Ardenas, é un pouco máis accidentada cas outras dúas. Trátase dunha meseta densamente forestada, moi rochosa e non moi adecuada para a agricultura, a cal se estende ata o nordeste da Francia. É aquí onde a maior parte da vida salvaxe da Bélxica pode ser atopada. Nas Ardenas pódese atopar o punto máis elevado da Bélxica: o Signal de Botrange, con apenas 694 metros de altura.

Os dous ríos principais da Bélxica son o Schelde (Escalda) e o Mosa. Estes dous ríos foron fundamentais para tornar prósperas cidades como Tournai, Gante, Anveres, Bruxas, Liexa e Namur.

O clima é fresco, temperado e chuvioso: as temperaturas medias de verán son de 25 °C e de 7 °C no inverno. Os extremos anuais (atinxidos raramente) son de -12 °C e 32 °C.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Bélxica.
 
Industria do aceiro ao longo do río Mosa en Ougrée, preto de Liexa

A economía de Bélxica e a súa infraestrutura de transporte atópanse integrados co resto de Europa. A súa localización no centro dunha rexión altamente industrializada contribiuíu a que no ano 2007 Bélxica se atopase entre as 15 principais nacións comerciais.[13][14] A economía do país caracterízase pola produtividade da súa man de obra, un alto produto interior bruto, e altas exportacións per cápita. As principais importación de Bélxica son produtos alimenticios, maquinaria, diamantes en bruto, petróleo e derivados, produtos químicos, roupa e accesorios, e materiais téxtiles. As súas principais exportacións son os automóbiles, produtos alimenticios, ferro e aceiro, diamantes rematados, téxtiles, plásticos, produtos derivados do petróleo, e metais non férreos. A economía belga atópase fortemente vencellada aos servizos e amosa unha dobre cara: unha dinámica economía flamenga fronte a unha economía valoa estancada.[15] Un dos membros fundadores da Unión Europea, Bélxica apoia fortemente a apertura da economía e a extensión dos poderes das insitucións da UE para se integrar as economías dos países membros. Dende 1922, Bélxica e Luxemburgo forman un único mercado dentro dunha unión aduaneira e monetaria: a Unión Económica Belgo-Luxemburguesa.

Xa a comezos do século XVIII Bélxica converteuse no primeiro país da Europa continental no que se desenvolveu a revolución industrial.[16] As vilas de Liexa e Charleroi axiña desenvolveron industrias relacionadas coa minería e o aceiro, as cales agromaron ata mediados do século XX no val dos ríos SambreMosa, e que fixeron de Bélxica entre 1830 e 1910 unha das tres potencias industriais do mundo.[17] Porén, na década de 1840 a industria téxtil de Flandres atópabase nunha severa crise, chegándose a padecer fames negras entre 1846 e 1850.

Trala segunda guerra mundial, as vilas flamengas de Gante e Anveres experimentaron unha rápida expansión das industrias químicas e do petróleo. As crises do petróleo de 1973 e 79 fixeron que a economía belga sufrise recesións; a crise tivo unha maior incidencia na economía da Valonia, onde a industria do aceiro fixérase menos competitiva, experimentando un serio declive.[18] Nas décadas de 1980 e 1990, o centro económico do país continuou movéndose para o norte, atopándose na actualidade na populosa área do Diamante flamengo.

No final da década de 1980, as políticas macroeconómicas do país resultaron nunha débeda gobernamental acumulada do 120% do Produto Interior Bruto. En 2006 o orzamento foi equilibrado, atopándose a débeda pública no 90.30% do PIB.[19] Nos anos 2005 e 2006, o crecemento real do PIB foi do 1,5% e 3,0%, respectivamente, lixeiramente por riba da media da zona euro. As taxas de desemprego eran do 8,4% en 2005 e do 8,2% en 2006 preto da media da zona.[Cómpre referencia]

Entre 1832 e 2002 a moeda de Bélxica foi o franco belga. Bélxica mudou a súa moeda no 2002, ano no que adoptou o euro.

Demografía

editar
Artigo principal: Demografía de Bélxica.
 
Mapa de Bélxica

A comezos do ano 2007 o 92% dos habitantes do país tiñan a nacionalidade belga, o restante 6% eran cidadáns doutros países membros da Unión Europea. As principais nacionalidades estranxeiras eran a italiana (171.918), francesa (125.061), holandesa (116.970), marroquí (80.579), española (42,765), turca (39.419), e alemá (37.621).[20][21]

Urbanización

editar
 
Bruxelas, a capital de Bélxica e a maior área metropolitana do país

Bélxica constitúe un dos países máis urbanizados do mundo, vivindo o 97% dos seus habitantes en cidades (2004).[22] A densidade de poboación de Bélxica é de 342 hab. por km cadrado —unha das maiores de Europa, despois dos Países Baixos e algúns microestados coma o principado de Mónaco. A rexión máis densamente poboada do reino é a do Diamante flamengo, delimitada polas aglomeración formada polas cidades de Anveres, Lovaina, Bruxelas e Gante. No ano 2006, a rexión de Flandres tiña unha poboación de 6 078 600, sendo as súas principais cidades Anveres (457.749), Gante (230.951) e Bruxas (117.251); Valonia tiña 3,413,978, con Charleroi (201.373), Liexa (185.574) e Namur (107.178) como as súas principais vilas. Na rexión de Bruxelas-Capital vivían 1.018,804.[23]

Linguas

editar
Artigo principal: Linguas de Bélxica.
 
Linguas de Bélxica; no centro a zona bilingüe de Bruxelas.      Zona de fala alemá      Zona de fala flamenga      Zona de fala francesa

Bélxica ten tres linguas oficiais, o holandés, o francés, e o alemán. Xunto estas tres linguas fálanse outras sen status de oficialidade.

Ao non haber ningún censo ao respecto, non existe ningunha estatística oficial do emprego e distribución das tres linguas oficiais de Bélxica e mailas súas variedades. Porén, existen distintas estimacións atendendo á lingua de uso na escola ou no traballo. Estímase que o 59%[24] da poboación belga fala o holandés (a miúdo chamado "flamengo"), a segunda lingua do país é o francés, falado polo 40% da poboación. Os falantes de holandés forman un total de 6,23 millóns, concentrados na rexión de Flandres, mentres os falantes francófonos comprenden un total de 3,32 millóns na rexión de Valonia e 870.000 (85%) da oficialmente bilingüe rexión de Bruxelas-Capital.[25][26] A comunidade xeramanófona de Bélxica fórmana unhas 73.000 persoas nunha pequena zona que se atopa ao leste de Valonia; ao redor de 10.000 alemáns e 60.000 son falantes do alemán. Aproximadamente 23.000 persoas falan a lingua nos concellos fronteirizos coa comunidade xermanófona.[27]

Tanto o flamengo coma o francés belga difiren das variedades faladas respectivamente nos Países Baixos e Francia en pequenas diferenzas respecto ao vocabulario e á semántica. A lingua valoa, noutrora a principal lingua rexional da Valonia, hoxe o seu uso atópase relegado a pequenos grupos de idade avanzada. Os diferentes dialectos nativos da Valonia non se empregan na vida pública.[28]

Relixión

editar
 
Catedral de San Miguel e Gudula en Bruxelas

Dende a independencia do país, o catolicismo, contrapesado por fortes movementos de librepensamento, tivo un importante papel na política do reino. Porén Bélxica constitúe en gran parte un país secular, tal como establece a constitución laica. Durante os reinados de Alberte I e Balduíno, a monarquía tivo sona de ser profundamente católica.

Simbolicamente e materialmente, a igrexa católica romana continúa tendo unha posición favorable. O concepto belga de 'recoñecer relixións'[29] achegou ao islam un camiño para recibir o mesmo trato có xudaísmo e mailo protestantismo. Mentres outras relixións minoritarias, coma o hinduísmo, non teñen este status, o budismo tomou os primeiros pasos caro o recoñecemento no ano 2007.[30][31] Segundo a Enquisa e estudo da relixión do 2001,[32] o 47% da poboación identifícase como membros da igrexa católica, ocupando o islam o segundo posto co 3,5% da poboación. A consulta realizada en Flandres no ano 2006, reflectiu que esta rexión é máis relixiosa cá Valonia; o 55% considerábase como relixioso, mentres un 36% cría que Deus creara o mundo.[33]

Segundo o máis recente Eurobarómetro (2005),[34] o 43% dos cidadáns belgas responderon que "crían na existencia dun deus", namentres o 29% respondeu que "crían na existencia dalgún tipo de forza ou espírito" e o 27% que "non crían en ningún tipo de espírito, deus ou forza".

Estímase que o 3-4% dos belgas son musulmáns (98% sunnita) (entre 350.000 e 400.000 persoas).[35][36] A meirande parte dos musulmáns viven nas maiores cidades, como Anveres, Bruxelas e Charleroi. O maior grupo de inmigrantes no país fórmano os marroquinos, con 264.974 persoas. Os turcos forman o terceiro maior grupo, e o segundo maior grupo de relixión musulmá, chegando aos 159.336.[37] Existen tamén pequenas minorías hindús e sikh.

Cultura

editar
Artigo principal: Cultura de Bélxica.

Bélxica ten unha cultura moi rica, con museos, legados históricos e arte. Unha vez por ano ten un concurso de música chamado "Koningin Elisabeth Wedstrijd". Todo o ano escóllese un tipo de instrumento clásico.

Durante o verán, ten moitos festivais. Os máis coñecidos son: Werchter, Sfinks, Dour e Pukkelpop. Principalmente os mozos van pular nas músicas das bandas famosas nacionais e internacionais, existen festivais para adultos, alternativos, con música do mundo enteiro, e outros.

E un diferencial é a cervexa belga, da que existen máis de 450 tipos. As cervexas 'trapist' están elaboradas por mosteiros e, cunha excepción holandesa, só existen na Bélxica. Fronte á lei alemá de empregar só malte, auga, lúpulo e lévedo, a tradición cervexeira belga comprende o uso dunha enorme variedade de ingredientes (especias, herbas, azucres, froitas como a cereixa...).

Festivos

editar
Data Nome en galego Nome local Observacións
06/12 Día dos Fillos Sinterklaas
  1. http://news.bbc.co.uk/1/hi/world/europe/4545433.stm Language dispute divides Belgium, BBC News, 13 de maio de 2005
  2. http://www.galiciae.com/nova/4156.html Arquivado 08 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Goberno provisional en Bélxica
  3. http://www.galiciae.com/nova/8360.html Arquivado 08 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Acordo para un goberno definitivo en Bélxica
  4. "Belgium Prime Minister offers resignation over banking deal". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2009. Consultado o 28 de decembro de 2008. 
  5. "O goberno belga presenta a súa dimisión polo escándalo de Fortis". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012. Consultado o 28 de decembro de 2008. 
  6. "O Rei de Bélxica acepta a dimisión do goberno de Yves Leterme". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2009. Consultado o 28 de decembro de 2008. 
  7. "Van Rompuy, encargado de facer goberno en Bélxica". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2009. Consultado o 29 de decembro de 2008. 
  8. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  9. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  10. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  11. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  12. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. 
  13. "Rank Order - Exports". CIA - The 2008 world factbook. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2008. Consultado o 2008-10-05. 15[th]: Belgium $322,200,000,000 (2007 est.)  Arquivado 27 de abril de 2019 en Wayback Machine.
  14. "Rank Order - Imports". CIA - The 2008 world factbook. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2008. Consultado o 2008-10-05. 15[th]: Belgium $323,200,000,000 (2007 est.)  Arquivado 04 de outubro de 2008 en Wayback Machine.
  15. Expatica Communications BV, ed. (2005-03-09). "Wallonia in 'decline' thanks to politicians". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 2007-06-16. 
  16. European Route of Industrial Heritage (ed.). "Industrial History Belgium". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2013. Consultado o 2007-05-08. 
  17. Jean-Pierre Rioux (1989). La révolution industrielle (en French). Paris: Seuil. p. 105. ISBN 2-02-000651-0. 
  18. US Department of State, Bureau of European and Eurasian Affairs, ed. (2007). "Background Note: Belgium". Consultado o 2007-05-08. 
  19. CIA, ed. (2007-04-17). "The World Factbook—(Rank Order—Public debt)". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2007. Consultado o 2007-05-08.  Arquivado 13 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
  20. Perrin, Nicolas, UCLouvain, Study Group of Applied Demographics (Gédap) (2006). Belgian Federal Government Service (ministry) of Interior—Immigration Office, ed. "European Migration Network—Annual Statistical Report on migration and asylum in Belgium (Reference year 2003)—section A. 1) b) Population by citizenship & c) Third country nationals, 1 January 2004" (PDF). pp. pages 5–9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o 2007-05-28. 
  21. "De vreemde bevolking". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2002. Consultado o 29 de decembro de 2008. 
  22. Belgian Federal Government Service (ministry) of Economy—Directorate-general Statistics Belgium, ed. (© 1998/2007). "Quelques résultats des précédents recensements—Indicateurs de logement (1991)" (en French switchable to Dutch). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2007. Consultado o 2007-05-08. 
  23. Belgian Federal Government Service (ministry) of Economy—Directorate-general Statistics Belgium, ed. (© 1998/2007). "Structuur van de bevolking—België / Brussels Hoofdstedelijk Gewest / Vlaams Gewest / Waals Gewest / De 25 bevolkingsrijkste gemeenten (2000–2006)" (en Dutch). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2007. Consultado o 2007-05-23. 
  24. Os falantes nativos de holandés e francés en Valonia e Flandres respectivamente constitúen pequenas minorías equilibradas. Así, o holandés é falado en Flandres por 6,079 millóns de habitantes e polo 15% da poboación de Bruxelas, uns 1,019 millóns, o que fai un total de 6,23 millóns ou o 59,3% dos 10,511 millóns de habitantes do país (2006). O alemán é falado por 70.400 persoas na rexión de fala xermana, e por uns 20.000 ou 25.000 falantes na rexión de Valonia, fóra das fronteiras da rexión de fala xermana, o que constitúe un 0,9% da poboación total. Por último, o francés é falado por 3,321 millóns de persoas na rexión de Valonia e polo 85% dos habitantes da rexión de Bruxelas (0,866 millón), o que fai un total de 4,187 millóns ou o 39,8% sobre o total.
  25. O académico flamengo Eric Corijn (iniciador de Charta 91), nun coloquio sobre a sociolingüística de Bruxelas realizado no ano 2001, declarou que na cidade o 91% da poboación falaba o francés na casa, só ou xunto a outra lingua, mentres ao redor do 20% falaba holandés na casa, só (9%) ou xunto ao francés (11%). Así pódese estimar que entre o 85 e o 90% é francófono, e entre o 15% e o 10% neerlandófilo. Estas estimacións responden á elección lingüística realizada polos cidadáns de Bruxelas no tocante aos documentos oficiais (Documento de identidade, licenza de condución, partidas de nacemento etc); estás son as únicas cifras que se poden levar a consideración ao non existires ningún outro xeito de coñecer con precisión o número exacto de falantes, xa que o país aboliu os censos oficiais respecto ás linguas da poboación.
  26. British Council (ed.). "Belgium Market background". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 2007-05-05. The capital Brussels, 80–85 percent French-speaking, ... —Strictly, the capital is the municipality (City of) Brussels, though the Brussels-Capital Region might be intended because of its name and also its other municipalities housing institutions typical for a capital.
  27. The German-speaking Community (ed.). "Citizens from other countries in the German-speaking Community". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2007. Consultado o 2007-05-05. 
    Mercator, Minority Language Media in the European Union, apoiada pola Comisión Europea e a Universidade de Gales (ed.). "German (Belgium)—Overview of the language". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 2007-05-07. 
    Leclerc, Jacques , membre associé du TLFQ (2006-04-19). Host: Trésor de la langue française au Québec (TLFQ), Université Laval, Quebec, ed. "Belgique • België • Belgien—La Communauté germanophone de Belgique". L'aménagement linguistique dans le monde (en French). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2007. Consultado o 2007-05-07. 
  28. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.) (2005). SIL International Dallas, Texas, USA, ed. "Languages of Belgium". Ethnologue: Languages of the World, 15th edition. Consultado o 2007-05-07. 
  29. "2001 Annual Report on Human Rights in Belgium" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de novembro de 2007. Consultado o 29 de decembro de 2008. 
  30. Bousetta, Hassan; Gsir, Sonia; Jacobs, Dirk (2005). Carl von Ossietzky University, Oldenburg IBKM, ed. "Active Civic Participation of Immigrants in Belgium—Country Report prepared for the European research project POLITIS, Oldenburg" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o 2007-05-08. In many respects, the Catholic Roman Church remains in a very advantageous situation both symbolically and materially. O longo e problemático proceso que finalmente levou ao recoñecemento do islam constitúe un exemplo ilustrativo da ambigüídade das relacións entre o estado belga e as relixións. Durante 25 anos, o islam mantivo unha posición de desventaxa fronte outras relixións. 
  31. "België gaat plat op zijn buik voor China (Belgium bends over backwards for China)" (PDF) (en Dutch) (#1455). Metro (Belgian newspaper). 2007-05-10. p. 2. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2007. Consultado o 2007-05-10. [Upon the Dalai Lama for the second time in two years canceling a visit to Belgium after being informed by the Belgian government of Peking's diplomatic pressure, quote newspaper:] Uittredend Senaatsvoorzitster Anne-Marie Lizin reageert teleurgesteld: 'Gezien het belang van de vergadering waaraan u wilde deelnemen en gezien de redenen van uw beslissing, betreur ik dat ik u niet kan ontvangen in ons land, een land dat openstaat voor iedereen, ongeacht de religieuze overtuiging, en dat net een eerste stap heeft gezet in de erkenning van het'[sic] 'boeddhistische filosofie'. (Lawfully resigning at the end of the government's legislation, President of the Senat Anne-Marie Lizin reacts disappointedly: 'In view of the importance of the meeting you wanted to attend and in view of the reasons of your decision, I regret not being able to receive you in our country, a country open for everyone regardless of religious conviction, and which has just set a first step towards the recognition of the Buddhist philosophy.')  Alternative urls:α Arquivado 29 de abril de 2011 en Wayback Machine., β Arquivado 15 de decembro de 2018 en Wayback Machine., pdf 1.1 MB:γ
  32. US Department of State, Bureau of Democracy, Human Rights, and Labor, ed. (2004). "Belgium". International Religious Freedom Report 2004. Consultado o 2007-05-28. 
  33. Inquiry by 'Vepec', 'Vereniging voor Promotie en Communicatie' (Organisation for Promotion and Communication), published in Knack magazine 22 November2006 p. 14 [The Dutch language term 'gelovig' is in the text translated as 'religious', more precisely it is a very common word for believing in particular in any kind of God in a monotheistic sense, and/or in some afterlife].
  34. "Eurobarometer on Social Values, Science and technology 2005 – page 11" (PDF). Consultado o 2007-05-05. 
  35. The many faces of Islam Arquivado 08 de decembro de 2009 en Wayback Machine., TIME
  36. 'Belgian Malcolm X' seeks office
  37. Voor het eerst meer Marokkaanse dan Italiaanse migranten

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar