Guillerme III dos Países Baixos
- Non confundir con Guillerme III de Orange-Nassau.
Guillerme III dos Países Baixos (orixinariamente en neerlandés: Willem Alexander Paul Frederik Lodewijk van Oranje-Nassau), nado na cidade belga de Bruxelas o 17 de febreiro de 1817 e finado na vila holandesa de Apeldoorn o 23 de novembro de 1890, foi príncipe de Orange, gran duque de Luxemburgo e terceiro rei dos Países Baixos.[1]
Xenealoxía e familia
editarXenealoxía
editarGuillerme era fillo do rei Guillerme II dos Países Baixos e da súa Ana Pavlovna de Rusia, filla do tsar Paulo I e da emperatriz María Fedorovna (Sofía Dorotea de Württemberg).[2]
Casou coa súa curmá Sofía de Wurtemberg, filla do rei de Württemberg Guillerme I e da gran duquesa Catarina Pavlovna de Rusia en 1839.
Ao enviuvar en 1877, dous anos máis tarde casou en segundas nupcias coa princesa Emma, do pequeno principado alemán de Waldeck-Pyrmont.
Dos catro fillos de Guillerme III, só tres sobreviviron ata a idade adulta. Dous eran fillos do seu primeiro matrimonio coa raíña Sofía, e a filla era do seu matrimonio coa raíña Emma.
- O príncipe Guillerme dos Países Baixos (1849-1879). Herdeiro ao trono ata o seu falecemento,
- O príncipe Mauricio dos Países Baixos (1843-1850).
- O príncipe Alexandre dos Países Baixos (1851-1884). Herdeiro ao trono ata o seu falecemento.
- A princesa Guillermina dos Países Baixos (1880-1962). Raíña dos Países Baixos entre 1890 e 1948.
Vida familiar
editarO seu primeiro matrimonio foi infeliz e caracterizouse polas liortas entre os cónxuxes e entre os seus fillos. Sofía era unha muller liberal e intelectual, que odiaba a rixidez e á que lle desagradaba o ambiente militar. No entanto, Guillerme era un home sinxelo, conservador, fora educado no exército e gustáballe a vida militar. Como resultado destas disputas familiares chegou a prohibir o exercicio intelectual na súa casa, polo cal a raíña Vitoria do Reino Unido, que mantiña correspondencia coa raíña Sofía, chamoulle “pailán maleducado”. Por outra banda, as súas aventuras extramatrimoniais levaron o The New York Times a considerar o rei holandés como "o monarca máis decadente da época". Outra causa de tensións no seu matrimonio era o seu carácter caprichoso: podía enfadarse até o límite con alguén un día, e mostrarse extremadamente educado o seguinte.[3]
Traxectoria
editarO príncipe Guillerme
editarGuillerme rexeitaba os cambios constitucionais iniciados en 1848 polo seu pai e o seu primeiro ministro. Guillerme II e a súa nora Sofía consideraban que eses cambios eran necesarios para salvar a monarquía a longo prazo. No entanto, o príncipe Guillerme considerábaos limitacións inútiles do poder real e desexaba gobernar como o seu avó, Guillerme I.
Ante a perspectiva de gobernar un reino constitucional, tratou de cederlle os seus dereitos ao trono ao seu irmán máis novo, o Príncipe Henrique, pero a súa nai convenceuno de que non o fixese. Un ano despois, en 1849, Guillerme convertíase en rei dos Países Baixos á morte do seu pai.[4]
Rei dos Países Baixos
editarEn reiteradas ocasións, o xa rei Guillerme III considerou a posibilidade de abdicar o trono cando o seu fillo máis vello cumprise dezaoito anos, o que ocorreu en 1858, pero finalmente decidiu continuar no cargo. O seu primeiro acto de goberno foi a inauguración do gabinete parlamentario do primeiro ministro Thorbecke, o arquitecto liberal da constitución holandesa de 1848, que o monarca detestaba.
Cando a xerarquía católica foi restaurada nos Países Baixos en 1853, Guillerme III aproveitou a oportunidade para disolver o Goberno de Thorbecke. Nas dúas décadas seguintes do seu reinado disolveu o Parlamento holandés en varias ocasións, creando gabinetes reais que gobernaron brevemente ao non contar co apoio do parlamento electo.
En 1867 intentou vender o Gran Ducado de Luxemburgo a Napoleón III, pero a súa proposta case provocou o estoupido dunha guerra entre Francia e Prusia, e a impopularidade da decisión finalmente terminaría provocando que se convertese nun Estado independente.[5]
Malia os seus periódicos enfrontamentos cos parlamentarios, o rei Guillerme III gozaba de gran popularidade entre os holandeses, amosando unha actitude moi cordial e aberta co pobo.
Coa morte en 1877 da raíña Sofía, as tensións matrimoniais remataron e as da súa corte diminuíroron. Algúns políticos holandeses opuxéronse á súa voda en segundas nupcias con Emma de Waldeck-Pyrmont dous anos despois, porque a nova raíña era 41 anos máis nova el. Con todo, Emma demostrou ser unha muller cordial e comprensiva e, finalmente, as tensións entre o parlamento (que debía dar a súa aprobación ao enlace) e o rei finalizaron e a parella puido casar. Non fora a súa primeira elección, anteriormente o rei Guillerme fora rexeitado pola princesa Paulina de Waldeck-Pyrmont (irmá de Emma) e pola princesa Thyra de Dinamarca.
A raíña Emma tivo unha influencia salientable sobre a caprichosa personalidade de Guillerme, e o matrimonio foi especialmente feliz. En 1880 naceu a princesa Guillermina, que se converteu en herdeira en 1884 despois da morte do derradeiro dos fillos do primeiro matrimonio de Guillerme.
O rei enfermou gravemente en 1887 e morreu tresa nos despois. Os seus restos mortais descansan na cripta real da Igrexa Nova da cidade surholandesa de Delft.[6] Como Guillermina aínda non alcanzara a idade adulta, a raíña Emma converteuse na rexente da súa filla ata que Guillermina cumpriu os 18 anos en 1898. Como o Gran Ducado de Luxemburgo só podía ser herdado por homes naquel momento, debido á existencia dunha lei sálica, Luxemburgo foi herdado polo gran duque Adolfo de Luxemburgo, anteriormente duque de Nassau.
[7]
Predecesor: Guillerme II |
Rei dos Países Baixos 1849 - 1890 |
Sucesor: Guillermina |
Predecesor: Guillerme II |
Gran duque de Luxemburgo 1849 - 1890 |
Sucesor: Adolfo de Luxemburgo |
Notas
editar- ↑ "William III, King of the Netherlands". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
- ↑ Xenealoxía de Guillerme III (en castelán)
- ↑ "Koning Willem III (1817-1890)". En AbsoluteFacts.nl (en neerlandés)
- ↑ Elzinga, D. J., ed. (2007). The Dutch constitutional monarchy in a changing Europe. Kluwer. Páxinas 125-129. ISBN 978-90-13-04866-7 (en inglés)
- ↑ Huberty, Christiane. "Le Conseil d’État; un produit du conflit constitutionnel du milieu du XIXe siècle Arquivado 07/08/2016, en Archive.is". En Forum für Politik, Gesellschaft und Kultur. "150 Jahre Staatsrat". Nº 261. Novembro de 2006. Páxinas 15-20 (en francés)
- ↑ "Cripta Real Arquivado 13 de decembro de 2017 en Wayback Machine.". Na web oficial da Igrexa Nova de Delft (en castelán)
- ↑ "Willem, III Willem Alexander Paul Frederik Lodewijk". En Blok, P.J.; Molhuyen, P.C. Nieuw Nederlandsch biografisch woordenboek. 1911 (en neerlandés)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guillerme III dos Países Baixos |
Bibliografía
editar- Volkmann, Jean-Charles. Généalogies des rois et des princes d'Europe. Gisserot. 1998. ISBN 2877473740 (en francés)
Ligazóns externas
editar- Biografía do Rei Guillerme III no sitio Web da Casa Real dos Países Baixos (en inglés)
- Biografía da familia Orange-Nassau (en castelán)