Político, política

persoa involucrada na vida política

Un político ou unha política, é unha persoa activa na política de partidos, ou unha persoa que ostenta ou busca un cargo nun goberno. Os políticos propoñen, apoian e crean leis ou políticas que rexen un territorio e, por extensión, o seu pobo. En termos xerais, un "político" pode ser calquera que busque o poder político en calquera institución burocrática.

Identidade

editar
 
Pintura do século XIX de Philipp Foltz que representa ao político ateniense Pericles entregando a súa famosa oración funeraria diante da Asemblea.

Os políticos son persoas politicamente activas, especialmente na política de partidos ou que se interesa nos asuntos de goberno.[1] Os cargos van desde cargos locais ata os cargos executivos, lexislativos e xudiciais dos gobernos rexionais e nacionais.[2][3] Algúns policías elixidos, como os shériffs, son considerados políticos.[4][5]

Medios de comunicación e retórica

editar

Os políticos son coñecidos pola súa retórica, como nos discursos ou anuncios de campaña. Son especialmente coñecidos por usar temas comúns que lles permiten desenvolver as súas posicións políticas en termos familiares para os electores.[6] Os políticos habitualmente necesitan converterse en usuarios expertos dos medios de comunicación.[7] Os políticos do século XIX fixeron uso intensivo de xornais, revistas e panfletos, así como carteis.[8] No século XX, sumáronse a radio e televisión, facendo que os anuncios de televisión foran a parte máis cara dunha campaña electoral.[9] No século XXI, fóronse implicando cada vez máis nas redes sociais de Internet e os teléfonos intelixentes.[10]

Críticas

editar

Moitos críticos atacan aos políticos por estar fóra de contacto co público. As críticas inclúen a forma na que falan os políticos, que se describiu como excesivamente formal e chea de moitas expresións eufemísticas e metafóricas e comunmente percibidas como un intento de "escurecer, enganar e confundir".[11]

Na imaxe popular, os políticos son a miúdo percibidos como descoñecidos, egoístas, incompetentes e corruptos, recibindo diñeiro a cambio de bens ou servizos, en vez de traballar para o ben público en xeral.[12] Os políticos de moitos países son considerados os "profesionais máis odiados".[12]

  1. "Político no DRAG". www.academia.gal. Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  2. "politician". www.yourdictionary.com/ (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  3. "Politician en WordFind". www.wordfind.com (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  4. Gaines, Larry; Miller, Roger LeRoy (2012). Criminal Justice in Action (en inglés). Wadsworth. ISBN 978-1111835576. 
  5. Grant, Donald Lee; Grant, Jonhathan (2001). The Way It Was in the South: The Black Experience in Georgia. University of Georgia Press. p. 449. ISBN 978-0820323299. 
  6. Jonathan Charteris-Black, Politicians and rhetoric: The persuasive power of metaphor (Palgrave-MacMillan, 2005)
  7. Ofer Feldman, Beyond public speech and symbols: Explorations in the rhetoric of politicians and the media (2000).
  8. Robert J. Dinkin, Campaigning in America: A History of Election Practices (1989) online Arquivado 30 de xuño de 2017 en Wayback Machine.
  9. Kathleen Hall Jamieson and Keith Spillette, The Press Effect: Politicians, Journalists, and the Stories that Shape the Political World (2014)
  10. Nathaniel G. Pearlman, Margin of Victory: How Technologists Help Politicians Win Elections (2012) online Arquivado 30 de xuño de 2017 en Wayback Machine.
  11. Invitation to Critical Thinking - Page 319, Vincent E. Barry - 2007
  12. 12,0 12,1 Arnold J. Heidenheimer and Michael Johnston, eds. Political corruption: Concepts and contexts (2011).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar