Francisco Salgado López

avogado, xornalista e escritor galego

Francisco Salgado López-Quiroga, nado en Monterroso en 1859 finado na Coruña o 8 de novembro de 1940, foi un avogado, xuíz, xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaFrancisco Salgado López

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Salgado López-Quiroga Editar o valor en Wikidata
1859 Editar o valor en Wikidata
Monterroso, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de novembro de 1940 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, xornalista, xuíz, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAntonio Salgado López Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1118882 BUSC: salgado-y-lopez-quiroga-f-n-1859

Traxectoria

editar

Irmán de Antonio Salgado López. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1884), dirixiu La Prensa Gallega de Santiago de Compostela en 1885. Comezou a exercer como avogado no Xulgado de Chantada. En 1890 aprovou as oposicións á xudicatura, e tivo o seu primeiro destino en Salas de los Infantes (Burgos). Foi xuíz en Callosa d'en Sarrià (Alacant) en 1902, e despois en Cambados e Pontedeume; foi fiscal da Audiencia de Ourense (1916-1924) e fiscal da Audiencia Territorial da Coruña (1924-1927). Publicou poemas en La Región, Vida Gallega e El Eco del Ulla. Utilizou os pseudónimos Proscenio e Lady Sofrosine. Finou na Coruña o 8 de novembro de 1940.[1]

Vida persoal

editar

Casou con Consuelo Boo. Foi pai de Sara, Raquel (que casou en 1921 con Primitivo Rodríguez Sanjurjo), e Lia Salgado Boo.

En castelán

editar
  • El secuestro del poder judicial, 1902.
  • Los bacilos y los bastoncitos de doña Perfecta, 1902.
  • Poesías, cuentos, aforismos y poemas breves.

En galego

editar
  • A leenda d’un probe. A soedá do campo, 1918.
  • A Galicia, 1918.
  • Cantares d’a Terra (2 volumes), 1922,1927.
  1. El Ideal Gallego, 9-11-1940, p. 3.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar