Saltar ao contido

parlamento

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «parlamento».
Porta do Pazo de Fonseca, primeira sede do Parlamento de Galicia
  • Pronuncia: /paɾ.la.ˈmeŋ.to̝/ (AFI)

Substantivo masculino

parlamento
(sg: parlamento; pl: parlamentos)

  1. (Política) Cámara ou Asemblea lexislativa dun Estado, dunha Nación ou dunha Rexión, cuns poderes que son regulados, xeralmente, pola Constitución, e que pode estar formada por unha soa cámara (unicameralismo) ou por dúas (bicameralismo.)
    • Exemplo: O Parlamento español está formado polo Congreso dos Deputados e o Senado.

      .
  2. (Arquitectura) Edificio que é a sede desta institución.
    • Exemplo: O Parlamento de Galicia está situado no Pazo do Hórreo.

      .
  3. (Arte) Intervención longa, en prosa ou en verso, que realiza un actor ou unha actriz nunha obra teatral.
    • Exemplo: No primeiro acto da traxedia houbo un longo e áspero parlamento entre os dous antagonisgtas.

  4. Discurso oral que realiza unha persoa.
    • Exemplo: O conferenciante aburriu ao público co seu parlamento, unha soportífera perorata.

      .
  5. (Historia) Asemblea convocada polo rei co fin de chegar a acordos ou obter favores, consellos ou axudas dos estamentos.
    • Exemplo: O rei convocou un Parlamento para conseguir unha suba dos impostos.

Termos relacionados

Véxase tamén

Traducións


Castelán

Substantivo masculino

parlamento (sg: parlamento; pl: parlamentos)

  1. Parlamento.


Italiano

Substantivo masculino

parlamento (sg: parlamento; pl: parlamenti)

  1. Parlamento.


Portugués

Substantivo masculino

parlamento (sg: parlamento; pl: parlamentos)

  1. Parlamento.