carro
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués carro, do latín carrus, do galo *karros, do protoindoeuropeo *ḱr̥sós, de *ḱers- ("correr")..
- Pronuncia: [ˈkaro̝] (AFI)
carro (sg: carro; pl: carros)
- (Carro) Vehículo de tracción animal destinado ao transporte de moi diversas cargas e materias, que consta xeralmente de rodas sobre a que vai unha estructura de táboas cuns soportes laterais ou canizos e rematada nunha peza longa ou cabezalla por onde se une ao xugo para que os animais poidan tirar.
- O que transporta ou pode transportar este vehículo.
- Utensilio con rodas para mover pequenas cargas.
- (Exército) Carro de combate.
- Aparello xiratorio empregado nos barcos para largar e recoller as redes.
- Peza móbil que posúe a máquina de escribir, que se move ao teclear.
- Grupo imaxinario de xente que segue unha idea ou interese.
Termos relacionados
- cargar o carro
- Carro das Estrelas
- carro dianteiro
- Carro Grande
- Carro Pequeno, Carriño
- carro traseiro
- carro triunfal
- coma se cantase un carro, coma se un carro cantase
- parar o carro
- poñer o carro diante dos bois
- tirar do carro
- untar o carro
Traducións
Véxase tamén
Partes do carro |
acicarro - adival - afungadoiro - aixeda - amoradoiro - betoque - botoalla - brigueira - cabezalla - cabrita - cáceres - cadea - cádiga - caínza - camallón - camba - cambón - cancil - canga - canizo - cantadeira - cazoleta - chambaril - chantón - chavella - chaveta - cheda - chedeiro - cherca - contrarrellas - corre - coucillón - cueira - dentoira - empatías - eixo - espigo - estrobo - estadullo - freo - fungueiro - fura - gato - ladral - lamia - loro - mil - miñón - mozo - ollal - paínza - pebida - penle - ponte - ranqueiro - recadén - rella - roda - rodeiro - soliño - tentemozo - tilla - treitoira - xugo - zuncho |
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do galego-portugués
- Entradas en galego derivadas do latín
- Entradas en galego derivadas do galo
- Entradas en galego derivadas do protoindoeuropeo
- Entradas en galego con etimoloxía
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Entradas en galego con son
- Substantivos masculinos en galego
- Carro en galego
- Exército en galego