Justo Beramendi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1941 Madrid, España |
Morte | 3 de xullo de 2024 (82 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Interesado en | Nacionalismo galego e nacionalismo |
Obra | |
Doutorando | Víctor Manuel Santidrián Arias |
Premios | |
| |
Justo Beramendi González, tamén chamado Xusto Beramendi[1], nado en Madrid o 16 de xullo de 1941 e finado en Santiago de Compostela o 3 de xullo de 2024[2], foi un historiador e escritor galego, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou estudos de Enxeñaría Industrial en Madrid (1959-1967), de tradución en Barcelona (1969-1974) e de doutoramento en Historia na Universidade de Santiago de Compostela (1987), da que é catedrático emérito de Historia Contemporánea e da que foi vicerreitor entre 1990 e 1994. Xubilou no ano 2012.
Foi cofundador do Museo do Pobo Galego e presidente da súa xunta reitora. É membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco. Participou na creación das revistas Negaciones (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1997).
Especializado na historia das ideoloxías e dos nacionalismos, foi editor das obras de Losada Diéguez, Ramón Villar Ponte, Peña Novo, Castelao e Vicente Risco. Organizou e coeditou as actas dos congresos Nacionalismos y regionalismos en la España de la Restauración (1983), Castelao (1986), Los nacionalismos en la España de la Segunda República (1988), Nationalisms in Europe. Past and Present (1993) e Memoria e Indentidade (2004).
No ano 2017 recibiu a Medalla Castelao.[3]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Vicente Risco no nacionalismo galego, 1981, Edicións do Cerne.
- A vida e a obra de Ramón Villar Ponte, 1991, Ediciós do Castro.
- Manuel Murguía, 1998, Xunta de Galicia.
- Alfredo Brañas no rexionalismo galego, 1998, Fundación Alfredo Brañas.
- A Autonomía de Galicia, 2005, Museo do Pobo Galego.
- A revolución de 1846, 2006, Concello de Santiago.
- De provincia a nación: Historia do galeguismo político, 2007, Xerais.
- A transición en Galicia, 2007.
- A Galicia Autónoma. Os primeiros pasos da autonomía, 2008.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Actas do Congreso Castelao, 1989, Universidade de Santiago de Compostela. Editor, con Ramón Villares.
- Galicia e a Historiografía, 1993, Tórculo.
- O nacionalismo galego, 1995, A Nosa Terra. Con Xosé Manuel Núñez Seixas.
- Nationalism in Europe. Past and present, 1995, Universidade de Santiago de Compostela.
- Memoria e identidades, 2004, Universidade de Santiago de Compostela.
- A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- O nacionalismo galego nos seus programas políticos. O século XX, 2009, Fundación Galiza Sempre.
- 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
- A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre.
- Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, 2011, A. C. Alexandre Bóveda.
- Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, 2015, Galaxia.
- As Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Laiovento.
- Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Galicia, de Manuel Murguía, 1982, Xerais.
- Obra completa, de Antón Losada Diéguez, 1985, Xerais.
- Obra completa, de Lois Peña Novo, 1995, Universidade de Santiago de Compostela.
- Teoría do nacionalismo galego, de Vicente Risco, 2000, Sotelo Blanco.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- El nacionalismo gallego, 1997, Arco Libros.
- La historia política: algunos conceptos básicos, 1999, Tórculo.
- Historia mínima de Galicia, 2016, Turner, ISBN 978-84-16354-07-8.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Miseria de la Economía, 1974, Península. Con Eduardo Fioravanti.
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia. Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X..
- La España de los nacionalismos y las autonomías, 2001, Síntesis. Con J. L. Granja e P. Anguera.
- "De la dictadura a la democracia (1936-2000)" en Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. USC.[4]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Irmandade do Libro 2008: Obra Editorial 2007[5].
- Pedrón de Ouro no 2008.
- Premio da AELG, na categoría de ensaio (2008), por De provincia a nación: Historia do galeguismo político.
- Premio da Crítica de Galicia, na categoría de ensaio (2008), por De provincia a nación: Historia do galeguismo político.
- Premio Nacional de Ensayo, concedido polo Ministerio de Cultura (2008)[6].
- Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda no 2009.
- A título póstumo, Premio Arraianos 2024.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Álvarez Arcos e foi pai de Pablo e Mario Beramendi Álvarez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xusto Beramendi González". Hispona. 2014-01-23. Consultado o 2024-07-03.
- ↑ "Falece en Santiago o historiador Justo Beramendi, un «labrego da cultura»". La Voz de Galicia. 2024-07-03. Consultado o 2024-07-03.
- ↑ "Gayoso, Beramendi, Cristina Pato, Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2017.
- ↑ Beramendi, J. (2003). "XI. De la dictadura a la democracia (1936-2000)". Historia de la ciudad de Santiago de Compostela (en castelán). USC. pp. 559–630. ISBN 84-9750-137-3.
- ↑ Os libreiros premian a Luís Rei Núñez, Justo Beramendi e Xosé María Álvarez Cáccamo.
- ↑ Justo Beramendi González, Premio Nacional de Ensayo 2008 Arquivado 21 de outubro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Diario, Nós (2024-08-02). "Os Premios Arraianos honran a Uxía, Beramendi e a Fundación Rosalía". Nós Diario. Consultado o 2024-08-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Justo Beramendi |