Saltar ao contido

A Roda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Roda
A Roda en concerto en 2007.
OrixeGalicia Galicia
Período1976-presente
Xénero(s)Música tradicional galega
Na rede
grupoaroda.es

A Roda é un grupo de música tradicional galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A Roda naceu en 1976, durante a transición, formado por amigos que adoitaban cantar nas tabernas. O seu primeiro disco, que incluía clásicos como "Pousa, pousa", "O andar miudiño" e "O gato", foi un éxito de vendas e acadou en 1978 un dos Premios da Crítica de Galicia.[1].

No seu seu segundo LP, Falemos galego, incluíanse as coñecidas "Foliada do Celta" e "Falemos galego". O terceiro, Pra os amigos, seguiu a liña dos anteriores. Foi a partir de entón que comezaron a tocar por toda Galiza e por Centros Galegos na diáspora, como Venezuela, México, Panamá, Arxentina, Gran Bretaña ou Bélxica.

Logo dunha longa etapa sen gravar, en 1990 presentaron Os mariñeiros, no que aparece a picaresca e retranqueira cantiga "Os bistéqueles". Dous anos máis tarde, en 1992, apareceu o seu quinto traballo, Eu teño un compadre, que significou un punto de inflexión na formación, entón renovada e baixo outra dirección. Comezan a compor temas propios ("A gaivota") e a musicar textos literarios, como "Eu teño un compadre", de Fermín Bouza Brey. En 1993 apareceu o primeiro recompilatorio, A Roda rodando. En 1995 apareceu a escolma Lembranzas.

En 1996 editouse Na branca noite, como homenaxe á importancia do xénero das panxoliñas no conxunto do cancioneiro popular galego e na literatura galega en xeral.

En 2020, foi galardoado coa medalla Castelao.[2]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018.
  • A Roda (1977)
  • Falemos Galego (1979)
  • Pra os Amigos (1980)
  • Os mariñeiros (1990)
  • Eu teño un compadre (1992)
  • A Roda Rodando (1993)
  • Lembranzas (1994)
  • Os Quintos (1995)
  • Na Branca Noite (1996)
  • Galicia terra única (1997)
  • Onde Galicia é Portugal (1998)
  • R. C. Celta - A Roda (1999)
  • Aí o vén (1999)
  • O son do camiño (2004)
  • A Roda alalá adora (2006)
  • Outra volta de roda (2014)
  1. [1] Arquivado 06 de xullo de 2015 en Wayback Machine. web da Fundación Premios da Crítica de Galicia
  2. "A Roda, Amigos do Camiño de Santiago, Pilar Cernuda, ‘Súper Piñeiro’ e Ana Peleteiro, Medallas Castelao 2020". Nós Diario. 19 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]