Saltar ao contido

Xurxo Lobato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXurxo Lobato

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo, fotoxornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Sitio webxurxolobato.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: xurxo.lobato Twitter: XurxoLobato Youtube: UCZheijRu0xnqRzNspM3vhjQ Flickr: xurxolobato BNE: XX850096 BUSC: lobato-xurxo-1956 Editar o valor en Wikidata

Xurxo Lobato Sánchez, nado na Coruña o 29 de abril de 1956, é un fotógrafo galego. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario".[1]

En 2020 foi Premio da Cultura Galega.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Foi estudante de bacharelato no IES Monelos da Coruña e licenciado en Xeografía e Historia coa especialidade de Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1979.

Actividade profesional

[editar | editar a fonte]

En 1977 foi fotógrafo colaborador nos seguintes xornais e revistas: Teima, Man Común, A Nosa Terra, correspondente gráfico de El País e a Axencia Cover, Cambio16, Vogue, Elle, Telva, Geo, Feinsmeicker, Der Spiegel, El Mundo, La Vanguardia, El Periódico, El Dominical, El Semanal, National Geographic, Historia National Geographic, Viajar, Spain Gourmetour, Sobremesa e Capital. Esta ampla actividade fotoxornalística valeulle ser incluído dentro da corrente fotográfica do documentalismo español.[3]

En 1980 comezou a traballar en La Voz de Galicia, onde desde o 1986 é xefe de fotografía e coordinador da axencia Voz Noticias. Chegou a ser redactor xefe de fotografía e Arquivo Gráfico de La Voz de Galicia até 2004. Entre 1990 e 1991 foi director do seminario Fotoxornalismo no "Centro de Enseñanzas de la Imagen" de Santiago de Compostela. De 1993 a 2002 foi profesor de Fotoperiodismo na Escola de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia, na Universidade da Coruña. En 1996 foi nomeado director do seminario Fotoperiodismo y comunicación visual. En 1997 foi director do seminario Imaxe e información, da UIMP. Un ano despois foi o coordinador do encontro A fotografía como memoria histórica, organizado polo Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Así mesmo, participou noutros seminarios sobre fotoperiodismo e fotografía dixital.

En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo fotográfico que axudou na paralización dos verquidos radioactivos.

Dende 1998 a súa obra chegou ao público a través de numerosas exposicións e publicacións, tanto individuais como colectivas. Asemade recibiu múltiples premios e bolsas en recoñecemento ao seu traballo, que se atopa representado en moitas das mellores coleccións de centros de arte de España. Así, por exemplo, recibiu o Premio da Crítica no Día das Letras Galegas (1991), o premio Compostela 93, o premio Ortega y Gasset (2003),[4] o premio Polo prestixio na información pola Plataforma Nunca Máis en Vigo (2003), o premio Fotoperiodismo Desarrollo Sostenible en Doñana (2004), o premio Sumiller Gallaecia (2005) , o Gourmand World Cookbook (2008), o Best Wine Book Award 2013 na categoría de Fotografía e viño de España polo libro Rías Baixas, o viño do mar.[5][6][7] e o "Premio Artes Plásticas da Cultura Galega" (2020).[8] No 2006 foi elixido Académico numerario da Sección de Artes da Imaxe da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario. Por outra banda, ten obra exposta no Museo Raíña Sofía (Madrid), na Deputación da Coruña, no IVAM (Valencia) e no Centro de Estudos Fotográficos (Vigo).[9]

Bibliográfica

[editar | editar a fonte]
  • Lobato, X.; Valle Pérez, J. (1991). Imaxes da arte en Galicia. Catalogación arqueolóxica e artística de Galicia do Museo de Pontevedra. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza. ISBN 84-87819-11-7. 
  • Lobato, X.; Carandell, L (1991). El Camino de Santiago (en castelán). Barcelona: Lunwerg , S.L. ISBN 978-84-7782-147-2. 
  • Lobato, X.; García Bayón, C. (1993). Nomadeando los montes y ríos de "O Invernadeiro" (en castelán). A Coruña: Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-0955-1. 
  • Lobato, X.; Varela, J. (1994). Ancares. Santiago de Compostela: Fundación Caixa Galicia. ISBN 978-84-605-1505-0. 
  • Lobato, X. (1995). Galegos na escaleira. Santiago de Compostela: Fundación Caixa Galicia. ISBN 978-84-89231-09-2. 
  • Lobato, X. (1998). Viguíssimos. Santiago de Compostela: Fundación Caixa Galicia. ISBN 978-84-89231-76-4. 
  • Lobato, X.; Rey Berguer, E.; Berlanga Martínez, N (2000). El color del sur ano (en castelán). A Coruña: Concello da Coruña. ISBN 978-84-86836-23-8. 
  • Lobato, X.; Rivas, M.; Estévez Fernández, X.; Truini, W. (2000). Compostela, vanguardia y sosiego (en castelán). Barcelona: Lunwerg, S.L. ISBN 978-84-7782-650-7. 
  • Lobato, X.; Patiño Pérez, A.; Coombs, S. (2001). Xurxo Lobato: la mirada encrucijada (en castelán). Madrid: La Fábrica. ISBN 978-84-95471-26-0. 
  • Lobato, X.; Alonso, Sandra; Blanco, Ignacio; Barreiro, Dolores; Cabana, Miguel; Flores, Jesús; Fraga, Jesús; Parada, Carmen; Seoane, Pepe (2001). La Galicia de los pazos. A Coruña: La Voz de Galicia-Biblioteca Gallega. p. 312. 
  • Lobato, X.; Casares, C. (2001). O antigo Café Moderno de Pontevedra. Santiago de Compostela: Fundación Caixa Galicia. ISBN 978-84-95491-33-6. 
  • Lobato, X.; Rozas, M.; Martínez Castro, X.; Joyce, D. (2002). Imágenes de la memoria. A Coruña: Fundación Eugenio Granell. ISBN 978-84-89440-29-6. 
  • Lobato, X. (2003). Orgullo de Ferrol. A Coruña: La Voz de Galicia, S.A.-Biblioteca Gallega. ISBN 978-84-9757-110-4. 
  • Lobato, X. (2003). No país do nunca máis: reportaxe. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-616-9. 
  • Lobato, X.; Zarzalejos Nieto, M.; Sacha (2003). Gastronomía en el camino de Santiago (en castelán). Barcelona: Lunwerg , S.L. ISBN 978-84-7782-977-5. 
  • Lobato, X. (2003). Galicia camino celeste (en castelán). Barcelona: Lunwerg , S.L. ISBN 978-84-7782-926-3. 
  • Lobato, X.; Zarzalejos Nieto, M.; Langdon-Davies, A.; Rees, R.; Sacha (2003). Cuisine on the road to Santiago (en inglés). Barcelona: Lunwerg, S.L. ISBN 978-84-7782-978-2. 
  • Lobato, X. (2004). Homenaje a Claudio Movilla (en castelán). Barcelona: Editorial Ronsel. ISBN 978-84-88413-83-3. 
  • Lobato, X.; Chamorro, E. (2004). La Galicia de los monasterios. A Coruña: La Voz de Galicia-Biblioteca Gallega. p. 276. ISBN 978-84-9757-123-4. 
  • Lobato, X.; Sotelo Blanco, O. (2006). Xentes do mar do Grove. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións. ISBN 978-84-7824-487-4. 
  • Lobato, X.; Costa Clavell, J. (2006). A cociña galega en España. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións. ISBN 978-84-7824-498-0. 
  • Lobato, X.; Candán Illán, J.; Langdon-Davies, A. (2007). Mares de Finisterrae (en castelán). Barcelona: Lunwerg , S.L. ISBN 978-84-9785-400-9. 
  • Lobato, X.; Truini, W. (2007). Ebro: el río y la vida (en castelán). Barcelona: Lunwerg, S.L. ISBN 978-84-9785-382-8. 
  • Lobato, X.; Truini, W. (2008). Peregrinajes: 365 pasos por el Camino de Santiago (en castelán). Barcelona: Lunwerg, S.L. ISBN 978-84-9785-408-5. 
  • Lobato, X.; Pérez Alberti, A.; Langdon-Davies, A.; Greedy, M. (2008). Espacios naturales de Galicia (en castelán). Barcelona: Lunwerg , S.L. ISBN 978-84-9785-484-9. 
  • Lobato, X.; Morganti, F.; Caseiro Nogueiras, D. (2008). Vacas: a súa dignificación sexual e gastronómica. León: Editorial Everest, S.A. ISBN 978-84-441-0117-0. 
  • Lobato, X.; Rosario Sarmiento (2016). Contravento e marea. Itinerarios converxentes. Centro Municipal Valente, Concello de Ourense / Museo Interactivo de Historia de Lugo, Concello de Lugo. 
  1. Real Academia Galega de Belas Artes (ed.). "Xurxo Lobato Sánchez" (PDF). academiagallegabellasartes.org. Consultado o 10-4-2018. 
  2. "Danse a coñecer os nomes dos gañadores dos Premios Cultura Galega 2020 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-12-05. 
  3. López Mondéjar, Publio (1997). Historia de la fotografía en España (en castelán). Barcelona: Lunwerg Editores. p. 262. ISBN 84-7782-441-X. Al margen de estas actitudes de desconfianza hacia la propia naturaleza del lenguaje fotográfico (que, a la larga, han ido creando un nuevo academicismo experimentalista), se detectan numerosas corrientes o especialidades, desde el reportaje (...), el documentalismo (Xurxo Lobato, Clemente Bernard, Manuel Sendón, Juan Manuel Díaz Burgos, Rafael Trobat, Marta Sentís, José Muñoz, Jorge Lens, Miguel Trillo, Alberto García Alix), el retrato (...), la fotografía de moda y publicidad (...), hasta el documentalismo íntimo, con componentes mágicos y oníricos (...)... 
  4. "Xurxo Lobato gaña o premio Ortega y Gasset de Xornalismo cunha fotografía sobre o Prestige. Ortega e Lobato". Cultura Galega (Santiago de Compostela). 15-4-2003. Consultado o 10-4-2018. 
  5. "“Rías Baixas, o viño do mar”, elegido como Best Wine Book". www.grupovalei.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-05-16.  Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  6. "Gourmand Awards 2014 Winners May 20". www.cookbookfair.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2019. Consultado o 2019-05-16. 
  7. "Xurxo Lobato, premio Gourmand por el libro 'Vacas'". El País (en castelán) (Madrid). 16-4-2008. Consultado o 10-4-2018. 
  8. "Los Premios da Cultura Galega 2020 ya tienen ganadores". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago de Compostela). 5-12-2020. Consultado o 8-4-2021. 
  9. Sánchez Vigil, Juan Miguel (director); Fernández Fuentes, Belén; Cadilla Baz, María; Carabantes Alarcón, David (2002). "Lobato, Xurxo". Diccionario Espasa Fotografía (en castelán). Espasa Calpe. p. 434. ISBN 84-670-0282-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]