Saltar ao contido

Veit Stoss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVeit Stoss

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1447 Editar o valor en Wikidata
Horb am Neckar, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte20 de setembro de 1533 Editar o valor en Wikidata (85/86 anos)
Núremberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaJohannisfriedhof (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Cracovia
Núremberg Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor, artista gráfico, pintor, tallista, gravador de cobre Editar o valor en Wikidata
MovementoGótico internacional (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosVeit Stoß, Stanisław Stwosz, Andreas Stoss Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Stoß, Veit, 230)
Enciclopedia soviética armenia
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4699164 Find a Grave: 20924215 Editar o valor en Wikidata
Retablo maior da basílica de Cracovia
Salutación do Anxo (1517-1518) por Stoss en Lorenzkirche, Nuremberg

Veit Stoss (en polaco: Wit Stwosz) (nado entre 1445 e 1450 en Horb am Neckar e morto o 20 de setembro de 1533 en Nuremberg), foi un escultor alemán considerado como o máis importantes da súa época no territorio do sur de Alemaña e Cracovia, na Galitzia de Polonia.

En 1477 estabeleceu o seu taller en Cracovia, pero en 1496 retornou a Nuremberg. Con Adam Kraft e Peter Vischer, considéraselle o representante máis importante da última escultura gótica de Alemaña. Era un escultor rápido, de grande habilidade técnica, que na súa mocidade foi capaz de transmitir un naturalismo extremo. Talvez correspondese a riscos do seu propio carácter, pois os documentos do seu tempo descríbeno como un "cidadán inquieto, bulideiro". Os seus traballos posteriores, porén, mostran unha profundidade indubidábel de sentimentos. En canto á cuestión das súas obras, as últimas investigacións sinálano como o creador de gran parte das obras ata agora atribuídas ao célebre Peter Vischer.

Durante a súa etapa en Cracovia en 1477, no seu primeiro traballo, construíu un altar de madeira policromada magnífico na Basílica de Santa María. No centro, case de tamaño natural, a Virxe morre non brazos dun apóstolo. Outro altar na mesma igrexa describe seis escenas da vida de Santo Estanislau. As calidades excepcionais deste traballo, especialmente a animación do retrato e a eficacia compositiva, comportaron que unha comisión lle encargue a tumba do rei Casimiro IV Jagellón para a catedral de Wawel, tamén en Cracovia, que realiza en mármore vermello.

Por razóns descoñecidas Stoss retornou a Nuremberg, onde executou unha gran cantidade de obras, mais cómpre ter en conta que só algúns dos traballos que se lle atribúen son auténticos, pois en tempos pasados calquera peza importante no Sur de Alemaña imputábaselle ao taller de Stoss. Quizais a súa mellor obra sexa a "Salutación do Anxo" na Igrexa de San Lourenzo de Nuremberg (1518): o arcanxo, de figura finamente executada, e María, están envoltos por unha coroa enorme de rosas, entre as que figuran os sete gozos de María. Outras producións excelentes, pero menos célebres son: a táboa conmemorativa de Konrad Imhoff, agora no Museo nacional de München, e mais o Xesús Cristo cargando a Cruz e o Enterramento de Cristo na Igrexa de Nosa Señora de Nuremberg.

Outros traballos importantes son o altar da catedral de Bamberg, en Schwabach e máis esculturas en Nuremberg.