Tuineje
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas | ||||
Capital | Tuineje (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.967 (2023) (57,85 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 276 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 205 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Salvador Delgado Guerra (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35629 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35030 | ||||
Páxina web | ayuntamientotuineje.com |
Tuineje é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado no sueste da illa de Fuerteventura. Os principais núcleos de poboación son Gran Tarajal, Tarajalejo, Tesejerague e Tuineje.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi dependente do municipio de Betancuria ata finais do século XVIII. Constitúese en municipio en 1872 grazas ás Cortes de Cádiz. En 1740, durante a guerra angloespañola, corsarios ingleses desembarcan na vila para realizar saqueos. Con todo, e a pesar da súa desvantaxe en armamento, os nativos conseguen unha vitoria sobre os invasores. Meses máis tarde vólvense a reproducir os acontecementos con igual resultado. Esta batalla coñécese como Batalla de Tamasite ou de Llano Florido.
Demografía
[editar | editar a fonte]1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
2.205 | 2.396 | 3.078 | 4.385 | 5.636 | 9.851 | 13.536 |
Economía
[editar | editar a fonte]A economía en Tuineje baséase na agricultura de tomate e forraxe (primeiro produtor insular) e na gandería (carne de cabra e queixos). Cobra tamén un papel relevante o sector turístico. Destacan as praias de Gran Tarajal, Tarajalejo, Giniginámar e Las Playitas.
Edificios de interese
[editar | editar a fonte]- Ermida de San Marcos en Tiscamanita, de finais do século XVII.
- Igrexa de San Miguel Arcanxo, en Tuineje, data do século XVIII.
- Ermida de San José, en Tesejerague, data da primeira metade do século XVIII.
- Forno de cal, en Gran Tarajal, construído en 1953, é o maior de Fuerteventura.
Espazos protexidos
[editar | editar a fonte]Espazos compartidos con outros municipios da illa:
- Paisaxe Protexida do Malpaís Grande: campo de lavas de emisións volcánicas.
- Monumento Natural de Cuchillos de Vigán: reduto de especies ameazadas como o guirre, a aguia pescadora e o falcón de berbería.
- Parque Rural de Betancuria: de grande interese faunístico e refuxio tamén para varias rapaces ameazadas.
- Monumento Natural de Caldera de Gairía: cono volcánico de erupción recente.