Trois hommes et un couffin
Trois hommes et un couffin | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Trois hommes et un couffin |
Director | Coline Serreau |
Produtor | Jean-Francois Lepetit |
Guión | Coline Serreau |
Intérpretes | |
Música | Franz Schubert |
Fotografía | Jean-Jacques Bouhon Jean-Yves Escoffier |
Montaxe | Catherine Renault |
Distribuidora | Acteurs Auteurs Associés |
Estrea | 1985 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
Trois hommes et un couffin é un filme francés de 1985 dirixido por Coline Serreau.[1] O filme tivo un remake de Hollywood titulado Three Men and a Baby e estreado en 1987. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 58ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Tres homes novos (Jacques, Pierre e Michel) comparten un piso en París e teñen moitas mozas e festas. Unha vez, durante unha destas festas, un amigo de Jacques dille que ten un paquete moi comprometeder (que resulta ser heroína) para entregar, e pídelle se pode deixalo discretamente na súa casa. Jacques acepta e, como traballa como auxiliar de voo, marcha nunha viaxe dun mes ao Xapón, cóntandolles a Pierre e a Michel do paquete. Entón, unha ex moza de Jacques deixa un bebé na porta, o que fai crer aos seus compañeiros de piso que ese era o paquete que agardaba. As súas vidas cambian completamente, cos solteiros tratando con gánsters, policías e a responsabilidade da paternidade.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Roland Giraud como Pierre
- Michel Boujenah como Michel
- André Dussollier como Jacques
- Philippine Leroy-Beaulieu como Sylvia
- Dominique Lavanant como Madame Rapons
- Marthe Villalonga como Antoinette
- Annick Alane como a farmacéutica
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "FILM: '3 MEN AND CRADLE'". The New York Times. 25 de abril de 1986. Consultado o 6 de xullo de 2021.
- ↑ "The 58th Academy Awards (1986) Nominees and Winners". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS). Consultado o 6 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 58ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Trois hommes et un couffin na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)