120 Battements par minute
120 Battements par minute | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 120 Battements par minute |
Director | Robin Campillo |
Produtor | Hugues Charbonneau Marie-Ange Luciani Jacques Audiard |
Guión | Robin Campillo Philippe Mangeot |
Intérpretes | Nahuel Pérez Biscayart Arnaud Valois Adèle Haenel Antoine Reinartz |
Música | Arnaud Rebotini |
Fotografía | Jeanne Lapoirie |
Montaxe | Robin Campillo Anita Roth Stephanie Leger |
Estudio | Les Films de Pierre France 3 Cinéma Page 114 Memento Films FD Production |
Distribuidora | Memento Films |
Estrea | Festival de Cannes: 20 de maio de 2017 23 de agosto de 2017 |
Duración | 140 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Drama |
Orzamento | 6,2 millóns de dólares[1] |
Recadación | 7,7 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
120 Battements par minute é un filme francés de 2017 dirixido por Robin Campillo e protagonizado por Nahuel Pérez Biscayart, Arnaud Valois e Adèle Haenel. O filme conta a hiatoria do activismo pola SIDA de ACT UP Paris na década de 1990 en Francia. Campillo e o coguionista Philippe Mangeot baseáronse nas súas experiencias persoais con ACT UP no desenvolvemento da historia.
Estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2017. En Cannes obtivo a aclamación da crítica e catro premios, incluíndo o Gran Premio. Foi escollido como candidato de Francia ó Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A principios da década de 1990, un grupo de activistas pola SIDA asociados coa sección parisiense de ACT UP dedícase a realizar accións para loitar contra a epidemia da SIDA. Aínda que o goberno francés declaou a súa intención de apoiar os enfermos, a organización protesta en público pola súa inactividade, acusándoo de censurar e minimizar a loita contra a doenza. Cando a compañía farmacéutica Melton Pharm anuncia os seus plan de anunciar os resultados das súas investigacións nunha importante conferencia o ano seguinte, ACT UP invade as súas oficinas con sangue falso esixindo que os publique inmediatamente. Ao mesmo tempo, dentro da organización, os seus membros debaten as estratexias do grupo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Nahuel Pérez Biscayart como Sean Dalmazo
- Arnaud Valois como Nathan
- Adèle Haenel como Sophie
- Antoine Reinartz como Thibault
- Félix Maritaud como Max
- Médhi Touré como Germain
- Aloïse Sauvage como Eva
- Simon Bourgade como Luc
- Catherine Vinatier como Hélène
- Saadia Ben Taieb como nai de Sean
- Ariel Borenstein como Jérémie
- Théophile Ray como Marco
- Simon Guélat como Markus
- Jean-François Auguste como Fabien
- Coralie Russier como Muriel
- Samuel Churin como Gilberti (Melton Pharm)
- François Rabette como Michel Bernin
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "120 battements par minute (Beats Per Minute) (2017)". JP's Box-Office. Consultado o 4 de novembro de 2017.
- ↑ "BPM (Beats Per Minute) (2017) - International Box Office Results". Box Office Mojo. Consultado o 19 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 120 Battements par minute |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 120 Battements par minute na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)