Saltar ao contido

Timor Leste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Timor-Leste»)
Modelo:Xeografía políticaTimor Leste
Repúblika Demokrátika Timor-Leste (tet)
República Democrática de Timor-Leste (pt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoPátria Editar o valor en Wikidata

Lema«Unidade, Acção, Progresso» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 8°58′00″S 125°45′00″L / -8.96667, 125.75
CapitalDili (1769–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.243.235 (2017) Editar o valor en Wikidata (83,33 hab./km²)
Xentiliciotimorense Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua portuguesa
Tetún Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo, Protestantismo e Islam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie14.918,72 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoFoho Tatamailau (2.963 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar de Timor (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de novembro de 1975 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública semipresidencialista
república
Estado unitario Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataJosé Ramos-Horta (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCabinet of East Timor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataXanana Gusmão (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento Nacional (pt) Traducir , (Escano: 65) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal3.621.222.400 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedadólar estadounidense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.tl Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+670 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísTL e TP Editar o valor en Wikidata

Páxina webtimor-leste.gov.tl… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456003

Timor Leste[1][2][3] (/tiˈmɔːr ˈlɛʃt/; Modelo:IPA-pt; tetum: Timór Lorosa'e[4]), oficialmente a República Democrática de Timor-Leste[5] (portugués: República Democrática de Timor-Leste,[6] tetum: Repúblika Demokrátika Timór-Leste[4]),[7] ou Timor Oriental (Escoitari/ˈtmɔːr/) é un país insular do Sueste asiático.[8] O seu territorio comprende a metade oriental da illa de Timor, as illas de Ataúro e Jaco, e o enclave de Ocusi, na costa norte da metade occidental da illa, un enclave no lado noroeste da illa rodeado polo Timor Occidental indonesio. As únicas fronteiras terrestres que o país ten lígano á Indonesia, ao oeste da porción principal do territorio, e ao leste, sur e oeste de Ocusi, mais ten tamén fronteira marítima con Australia, no Mar de Timor, ao sur. Conta con 15.007 km² de superficie e máis dun millón trescentos mil habitantes. A súa capital é Dili.

O país foi colonizado polo Imperio portugués no século XVI e foi coñecido como Timor portugués até a descolonización. O 28 de novembro de 1975, cando a Fronte Revolucionaria para un Timor Oriental Independente (Fretilin) declarou a súa independencia, pero só nove días despois o país foi invadido e ocupado por Indonesia, país que o converteu na súa provincia número 27 ao ano seguinte. A ocupación indonesia de Timor Leste caracterizouse por un violento conflito de décadas entre grupos separatistas (especialmente Fretilin) ​​e o exército indonesio. En 1999, despois dun acto de autodeterminación, patrocinado pola ONU, o goberno indonesio abandonou o control do territorio e Timor Leste converteuse no primeiro novo Estado soberano do século XXI, o 20 de maio de 2002. Despois da independencia, o país incorporouse como membro da ONU e da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa. En 2011, anunciou a súa intención de participar na Asociación de Nacións do Sueste Asiático, a través dunha carta de candidatura para se converter no undécimo membro do grupo.[9]

Timor Leste é un dos dous únicos países maiormente católicos de Asia (o outro é Filipinas). As linguas oficiais do país son o portugués e o tetún, estando recoñecidas tamén na constitución o inglés e o indonesio como linguas de traballo.

O país ten unhas rendas medias inferiores ás da economía mundial,[10] cun 37% dos habitantes vivindo por debaixo do limiar de pobreza, e arredor da metade da poboación é analfabeta. Timor Leste segue a sufrir os efectos dunha loita de décadas pola independencia contra a ocupación indonesia, que danou seriamente as infraestruturas e matou polo menos cen mil persoas. O país ocupa o posto 128º no Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo "Timor" deriva de timur, o termo para "leste" en indonesio e malaio. O nome actual Timor Leste (Timor-Leste en portugués) é redundante, pois significa "Leste Leste". En tetún, o nome do país é Timór Lorosa'e (sendo Lorosa'e a palabra tetún para "leste", literalmente "sol saínte") e en indonesio Timor Timur, usando a palabra portuguesa da illa seguida de "leste" en indonesio.

Os nomes oficiais do país segundo a Constitución son República Democrática de Timor-Leste (en portugués)[11], Repúblika Demokrátika Timor-Leste (en tetún)[12] e Democratic Republic of Timor-Leste (en inglés).[13]

O nome oficial proposto pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO) para o inglés e as demais linguas é Timor-Leste (códigos TLS e TL), e foi adoptado pola ONU, a Unión Europea e as organización de estandarización dos Estados Unidos (ANSI), Francia (AFNOR), Reino Unido (BSI), Alemaña (DIN) e Suecia (SIS).

Artigo principal: Historia de Timor Leste.

O actual territorio de Timor Leste estivo habitado desde hai máis de 40.000 anos por pobos australoides, máis recentemente chegaron ó territorio poboacións melanesias e protomalaias.

Os portugueses chegaron aquí no 1512 na busca do sándalo, madeira nobre utilizada na fabricación de mobles de luxo e na perfumaría, que cubría practicamente toda a illa. Durante catro séculos, os portugueses utilizaron o territorio timorense para fins comerciais, explotando os recursos naturais da illa. Apenas nos anos 60 do século XX a capital Dili comezou a dispor de luz eléctrica, e na década seguinte, auga, escolas e hospitais.

Despois da Revolución dos Caraveis, o goberno portugués decidiu abandonar a illa en agosto do 1975, pasando o poder á FRETILIN (Frente Revolucionaria de Timor Leste), que proclamou a república en 29 de novembro do mesmo ano. Porén, a independencia durou pouco tempo. O xeneral Suharto, gobernante da Indonesia, mandou tropas do exército invadiren a illa. En 7 de decembro, os militares indonesios desembarcaban en Dili, ocupando brevemente toda a parte oriental de Timor, a pesar do repudio da Asemblea Xeral da ONU.

A ocupación militar da Indonesia en Timor Leste fixo que o territorio se tornase a 27ª provincia Indonesia. Unha política de xenocidio resultou nun longo masacre de timorenses. Centenas de aldeas foron destruídas polos bombardeos do exército da Indonesia, sendo que foron utilizadas toneladas de napalm contra a resistencia timorense. O uso do produto queimou boa parte das fragas do país, limitando o refuxio dos guerrilleiros na densa vexetación local.

Mapa das principais estradas e cidades de Timor Leste

Baixo presión internacional, non foi ata 1999 cando a Indonesia aceptou a execución dun referendo sobre a independencia do territorio. No mesmo período, o goberno indonesio iniciou programas de desenvolvemento social, como a construción e recuperación de escolas, hospitais e estradas, para promover unha boa imaxe xunto aos timorenses.

En 2006, unha grave crise política estalou no país. Preto de seiscentos soldados desertaron e producíronse combates civís, roubos, manifestacións e asasinatos. Grazas á intervención de forzas internacionais en xuño dese ano, comezou a regresar a estabilidade do país. A crise terminaría coa renuncia do primeiro ministro Mari Alkatiri, sendo sucedido no seu cargo polo Premio Nobel da Paz e ex chanceler José Ramos-Horta.

Gusmãou decidiu convocar a novas eleccións presidenciais, cuxa segunda volta realizada o 9 de maio declarou como vencedor a Ramos-Horta con máis dun 70% dos votos, asumindo o cargo de Presidente o 20 de maio seguinte.

Entrementres, a visita do Papa Xoán Paulo II a Timor Leste, en outubro de 1989, foi marcada por manifestacións pro-independencia, que foron duramente reprimidas. No día 12 de novembro de 1991, o exército indonesio disparou moitos tiros a diversas persoas que homenaxeaban un estudante morto pola represión no cemiterio de Santa Cruz, en Dili. Cerca de 200 persoas morreron no local. Outros manifestantes morreron nos días seguintes, "cazados" polo exército da Indonesia.

A causa de Timor Leste pola independencia gañou maior repercusión e recoñecemento mundial coa atribución do Premio Nobel da Paz ao bispo Carlos Filipe Ximenes Belo e José Ramos-Horta en outubro de 1996. En xullo de 1997, o presidente surafricano Nelson Mandela visitou o líder da FRETILIN, Xanana Gusmão, que estaba na prisión. A visita fixo que aumentase a presión para que a independencia fose feita a través dunha solución negociada. A crise da economía da Asia no mesmo ano afectou duramente a Indonesia. O réxime militar de Suharto comezou a sufrir diversas presións con manifestacións cada vez máis violentas nas rúas. Tales actos levan á dimisión do xeneral en maio de 1998.

Os gobernos de Portugal e da Indonesia comezaron, entón, a negociar a realización dunha consulta popular, baixo a supervisión dunha misión da Organización das Nacións Unidas. Percibindo que Timor Leste estaba disposto a conquistar a independencia, a á radical do exército indonesio recrutou e adestrou milicias armadas locais para espallaren o terror entre a poboación. A pesar das ameazas, mais do 98% da poboación timorense foi ás urnas o 30 de agosto de 1999 para votar na consulta popular, e o resultado apuntou que o 78,5% dos timorenses querían a independencia.

As milicias, protexidas polo exército indonesio, desencadearon unha violencia incríbel antes da proclamación dos resultados. Homes armados mataron nas rúas todas as persoas sospeitosas de votaren pola independencia. Millares de persoas foron separadas das familias e colocadas á forza en camións; o seu destino aínda hoxe é descoñecido. A poboación comezou a fuxir para as montañas e buscar refuxio en predios de organizacións internacionais e nas igrexas. Os estranxeiros foron evacuados, deixando Timor entregado á violencia dos militares e das milicias indonesios.

A ONU decide crear unha forza internacional para intervir na rexión. O 22 de setembro de 1999, soldados da ONU entraron en Dili e atoparon un país totalmente incendiado e devastado. Gran parte da infraestrutura de Timor Leste fora destruída e o país estaba case totalmente devastado. Xanana Gusmão, líder da resistencia timorense, foi liberado deseguido.

En abril de 2001, os timorenses foron novamente ás urnas para escoller o novo líder do país. As eleccións consagraron a Xanana Gusmão como novo presidente timorense, e o 20 de maio de 2001, Timor Leste tornouse totalmente independente.

Política

[editar | editar a fonte]
Casa tradicional en Díli
Lospalos, vila tradicional (o topónimo nada ten que ver co castelán, ven do fataluco lohoasupala)

O Xefe de Estado da república de Timor Leste é o Presidente, electo por sufraxio popular para un período de cinco anos, e cuxo papel é soamente simbólico, aínda que ten certas atribucións para vetar lexislacións. Logo das eleccións lexislativas, o Presidente nomea como Primeiro Ministro ao líder do partido ou coalición que consegue a maioría dos escanos. Como Xefe de Goberno, o Primeiro Ministro encabeza o Consello de Estado ou gabinete.

O congreso timorense unicameral é chamado Parlamento Nacional, e os seus membros tamén son elixidos por sufraxio popular para períodos de cinco anos. O número de escanos pode variar dun mínimo de 52 a un máximo de 65. A Constitución timorense está baseada na de Portugal.

Partidos políticos

[editar | editar a fonte]

Os principais partidos políticos son o Fronte Revolucionaria de Timor Oriental Independente (FRETILIN), o Congreso Nacional de Reconstrución de Timor do Leste (CNRT), a Asociación Social Demócrata Timorense (ASDT), o Partido Social Demócrata (PSD) e o Partido Democrático.

Lectura de Rosalía de Castro en Timor Leste

A cultura de Timor Lestel reflicte varias influencias, incluíndo portugueses, católicos e indonesios, procedentes das culturas Austronesias e Melanesias indíxenas. A cultura timorense está fortemente influenciada polas lendas austríacas. Por exemplo, o mito da creación timorense afirma que un vello crocodilo converteuse na illa de Timor, como parte dun pago dunha débeda a un rapaz que o axudou cando estaba enfermo. [14][15]

Como resultado, a illa ten forma de crocodilo e os descendentes do neno son os nativos timorenses que a habitan. A frase "saír do crocodilo" refírese á angustia dos timorenses orientais por abandonar a súa illa. Timor-Leste está ultimando os seus expedientes necesarios para as candidaturas na lista de Patrimonio Mundial, Patrimonio Cultural Inmaterial, Rede de Cidades Creativas, Rede mundial de xeoparques e Reserva da Biosfera, todos os programas da UNESCO. Actualmente o país conta cun documento no World Memory Register da UNESCO, chamado Sobre o nacemento dunha nación: puntos decisivos.[16]

Dialectos falados en Timor Leste (datos de 2010)

Segundo a Constitución de Timor-Leste, o Tetum e o portugués teñen o status de linguas oficiais. Segundo o apartado 3 do artigo 3 da Lei 1/2002, en caso de dúbida na interpretación das leis, prevalece o portugués.[17]

Ademais do tetum, hai máis de 31 linguas nacionais en Timor-Leste: ataurense, Baiqueno, Becais, Búnaque, Fataluco, Galloli, Habo, Idalaca, Lovaia, Macalero, Macassai, Mambai, Quémaque, Uaimoa, Naueti, Mediki, Cairui, Tetum-terik, Dadu'a, Isní, Nanaek, Rahesuk, Raklungu, Resuk, Sa'ane, Makuva, Lolein, Adbae, Laclae e Tocodede.[18]

Timor-Leste é un país membro da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), tamén coñecida como Comunidade Lusófona. Tamén pertence á Unión Latina.[19] Ademais, o inglés e o indonesio teñen a condición de linguas de traballo nas disposicións transitorias da Constitución.[20]

A mercé dos fluxos migratorios de poboación chinesa, o mandarín, o cantonés e, principalmente, hakka tamén fálanse por pequenas comunidades

Véxase tamén: Música de Timor-Leste.

Tamén hai unha forte tradición de poesía no país.[21] O primeiro ministro Xanana Gusmão, por exemplo, é un distinguido poeta, gañando o alcume de "poeta guerreiro".[22] Tamén están estendidas as artesanías e o tecido de lenzos tradicionais (tais).

Arquitectonicamente pódense atopar edificios de estilo portugués, xunto coas casas totem tradicionais da rexión oriental. Coñécense como lulik ("casas sagradas") en tétum e lee teinu ("casas con patas") en fataluku.[23]

No National Film and Sound Archive de Australia mantense unha extensa colección de material audiovisual timorense. Estas participacións identificáronse nun documento titulado "O perfil da colección NFSA Timor-Leste", que inclúe entradas de catálogo e ensaios para un total de 795 imaxes en movemento, sons e documentación que capturaron a historia e a cultura de Timor-Leste desde o principios do século XX.[24] A NFSA está a traballar co goberno timorense para asegurar que todo este material poida ser usado e accesible aos cidadáns do país.[25]

División administrativa

[editar | editar a fonte]

Timor Leste subdivídese en 14 distritos administrativos ou concellos, cada un cunha capital, e que mantén, con poucas diferenzas, os límites dos 13 concellos existentes durante os últimos anos do Timor Portugues. O país tamén está formado por 66 postos administrativos, o número oscila entre tres e sete postos por concello. Os postos administrativos divídense en 452 sucos, compostos por unha localidade sede e subdivisións administrativas, que van de dous a dezaoito sucos por posto administrativo.

Estado Capital Estado Capital
1 Lautém Lospalos 8 Liquiçá Liquiçá
2 Baucau Baucau 9 Ermera Gleno
3 Viqueque Viqueque 10 Ainaro Ainaro
4 Manatuto Manatuto 11 Bobonaro Maliana
5 Dili Dili 12 Cova-Lima Suai
6 Aileu Aileu 13 Oecussi-Ambeno Pante Macassar
7 Manufahi Same 14 Atauro Vila Maumeta

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Xeografía de Timor Leste.

A illa caracterízase pola existencia dunha cordilleira central con orientación leste-oeste, que divide o país na costa norte, máis cálida e irregular, e a costa sur, con chairas inundables e un clima máis moderado. O punto máis alto do país, o monte Ramelau (ou Tatamailau), rexistra 2.960  metros de altitude, con outros catro puntos que se elevan por encima dos 2.000  metros : Monte Cablaque, no límite dos municipios de Ermera e Ainaru (Ainaro), os montes Merique e Loelaco, no leste e o Matebian, entre Baukau (Baucau) e Vikeke ( Viqueque).

A pesar de ser un país tropical, a morfoloxía do territorio contribúe ao aumento da amplitude térmica anual, que varía entre o 15 °C verificado nas rexións montañosas e o 30 °C en Dili e na punta oriental do país.

Timor-Leste ten un territorio de case 15.000  km², que ocupa a parte oriental da illa de Timor. O país é moi montañoso e ten un clima tropical. A montaña máis alta de Timor é Tatamailau, con 2.963  metros de altitude. Con chuvias dos réximes dos monzóns, enfronta avalanchas e frecuentes enchentes. O país ten máis de 1,000,000 habitantes.[26][27] Tamén pertence ao territorio timorense o enclave Oe-Cusse Ambeno, na metade oeste da illa de Timor, con 815  km², a illa de Ataúro, ao norte de Dili, con 141  km², e o illote de Jaco, no extremo leste do país, con 11  km². [27] [28]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Timor Leste.

Timor Leste ten unha das máis baixas rendas per cápita do mundo (400$ por ano). Tan só tres bancos estranxeiros actúan no país, o ANZ Bank, o Banco Nacional Ultramarino de Portugal e o Bank Mandiri de Indonesia. As infraestruturas, antigas e escasas ou destruídas polo conflito con Indonesia, non favorecen o desenvolvemento económico do país, que ten como principal fonte de exportación o café; a produción de sándalo, antano florecente agora é anecdótica.

  1. Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004). Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. p. 119. ISBN 84-8158-266-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. (2012). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 126. ISBN 84-9749-199-8. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para timorense.
  4. 4,0 4,1 "tetun.org". tetun.org. 
  5. "UNGEGN list of country names" (PDF). United Nations Group of Experts on Geographical Names. 2–6 de maio de 2011. Consultado o 14 de agosto de 2016. 
  6. "Constituição da República Democrática de Timor" (PDF). Government of Timor-Leste. Consultado o 2 de setembro de 2016. 
  7. "Konstituisaun Repúblika Demokrátika Timór-Leste" (PDF). Government of Timor-Leste. Consultado o 2 de setembro de 2016. 
  8. CIA (29 November 2012). "East and Southeast Asia:Timor-Leste". The World Factbook. Washington, DC:Central Intelligence Agency. Consultado o 16 December 2012. 
  9. "East Timor applies to join Asean" (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  10. "World Bank Country and Lending Groups". World Bank (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  11. "Constitución de Timor Leste en portugués" (PDF). www.timor-leste.gov.tl (en portugués). Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  12. "Constitución de Timor Leste en tetún" (PDF). www.timor-leste.gov.tl (en tetún). Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  13. "Constitución de Timor Leste en inglés" (PDF). www.timor-leste.gov.tl (en inglés). Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  14. Wise, Amanda (2006). Exile and Return Among the East Timorese. Filadelfia, PA: University of Pennsylvania Press. pp. 211-218. ISBN 978-0-8122-3909-6. 
  15. The Crocodile Story, VisitEastTimor.
  16. "Timor-Leste - Memory of the World Register - United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization". www.unesco.org. 
  17. "Lei 1/2002". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  18. "Interactive Atlas of the World's Languages in Danger". UNESCO (en inglês). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  19. "Estados Membros". União Latina. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2018. Consultado o 5 de febreiro de 2018. 
  20. "JSMP Report" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2012. Consultado o 1 de xuño de 2016. 
  21. "LITERATURA DE TIMOR". Lusofonia.x10.mx. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2019. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  22. "East Timor's president accepts Xanana Gusmao's resignation". ABC News (en inglés). 9 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  23. A preliminary study on the construction systems of house types in Timor-Leste (East Timor). Consultado o 8 de febreiro de 2019.
  24. NFSA provides insight into Timor-Leste history Arquivado 02 de xuño de 2013 en Wayback Machine. on nfsa.gov.au
  25. A connection with Timor-Leste on nfsa.gov.au
  26. Maurício Waldman. "Xeografía de Timor-Leste". Arquivado dende o orixinal o 26/07/2009. Consultado o 23/6/2009. 
  27. 27,0 27,1 Datos sobre Timor-Leste
  28. Dirección Nacional de Estatística: Timor-Leste en cifras 2011 (PDF; 3,8 MB) Arquivado 19 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., abgeruf en 5 de maio de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]