Saltar ao contido

Teais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teais S.A.

Sede de Teais, Sabón.
TipoSociedade Anónima
LocalizaciónAvda. da Enerxía, nº 156, Polígono industrial de Sabón
15142 Arteixo
Persoas claveErnesto Antelo Pensado (Presidente)
IndustriaQuímica
ProdutosPinturas
Adhesivos
Morteiro
editar datos en Wikidata ]

Teais é unha empresa galega fundada en Arteixo dedicada á fabricación e comercialización de produtos e sistemas especiais para a construción e a industria. Vende os seus produtos en máis de 40 países.

Teais inicia as súas actividades hai máis de 30 anos[cando?] fabricando produtos de impermeabilización. O éxito e a calidade da empresa fixeron que o negocio medrase ampliando á fabricación de pinturas, adhesivos, formigóns especiais, ferramentas e outros produtos para a construción[1].

Ten unha fábrica de 10.000 m² nunha parcela de 24.000 m² no polígono de Sabón. Nos últimos anos[cando?] abriu delegacións e fábricas con acordos con empresas locais doutros países.

En 2010 chegou a un acordo con investidores para crear unha joint venture ou empresa conxunta, co nome de TEAIS Tunisie para vender e fabricar os seus produtos no norte de África[2]. Logo do terremoto de Lorca de 2011, a empresa ofreceuse a doar aos habitantes da vila murciana tódalas grampas necesarias para reparar as gretas dos edificios[3].

Os produtos que ofrece son adhesivos, aditivos, illamentos, desencofrantes, emplastes e morteiros especiais, limpadores, impermeabilizantes, disolventes, pavimentos, revestimentos, imprimacións, pinturas, produtos para madeira, liña naval, masillas e ferramentas.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Acerca de TEAIS (en castelán)
  2. "Dende Arteixo a todo o mundo galiciahoxe.com". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2012. 
  3. "Cinco raciones de personas con iniciativa". La Voz de Galicia. 9 de xuño de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]