Saltar ao contido

Satélite artificial

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ACRIMSat.

Enténdese por satélite artificial calquera dos obxectos postos en órbita periódica arredor da Terra de xeito artificial (pola nosa especie). Os obxectivos son variados e van dende os fins científicos ou tecnolóxicos ós militares.

Agora ben, se o definimos dende un punto de vista rigoroso, un satélite artificial é un obxecto non tripulado posto en órbita arredor da Terra, quedando fóra desta definición os foguetes lanzadores como as cápsulas tripuladas ou de carga, os transbordadores espaciais e mailas estacións orbitais. Tampouco son considerados satélites artificiais as sondas espaciais enviadas a calquera outro destino do Sistema Solar, pois non teñen unha órbita periódica.

O satélite artificial é unha ferramenta que fai posible observar e controlar o noso planeta e ollar o cosmos sen a interposición da atmosfera.

Os satélites artificiais necesitan dun sistema de impulsión para a súa colocación e recolocación na órbita definitiva unha vez separados do foguete que os leva á orbita provisional. Na segunda década do século XXI estase a estudar as posibilidades de diferentes métodos de impulsión por plasma.[1]

Nos anos 20 do século XXI teñen comezado a despregarse constelacións de satélites por diversas entidades privadas, podendo verse dende a superficie terrestre 'trens de satélites' pouco despois da posta ou pouco antes da saída do Sol.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]