Saltar ao contido

Satélite (viroloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Satélite (viroloxía)
Clasificación científica
(sen clasif.): axentes subvirais
(sen clasif.): Satélite
Grupos

Virus satélites
Ácidos nucleicos satélites

En viroloxía un satélite é un axente subviral infectivo composto por un ácido nucleico que depende para a súa replicación da coinfección dunha célula xunto cun virus axudante (helper virus) específico. Os dous virus deben infectar á vez para que o satélite funcione. O satélite pode ter a súa propia cápside proteica ou non ter ningunha.

Cando o satélite codifica a proteína da súa cápside recibe o nome de virus satélite, xa que ten os dous compoñentes dun virus normal (cápside e ácido nucleico). Atopouse un virus satélite do mimivirus, chamado Sputnik, que inhibe a replicación do seu mimivirus axudante, polo que a este satélite se lle chama virófago.[1] Pero o uso do termo virófago é controvertido, porque algúns autores opinan que non hai diferenzas fundamentais entre os virófagos e os virus satélites clásicos.[2]

Outros satélites carecen de cápside, polo que se denominan ácidos nucleicos satélites, e dentro deles hainos de ADN, ARN, monocatenarios, bicatenarios, grandes, pequenos, liñais ou circulares. Os ARN satélites monocatenarios circulares denomínanse virusoides.

As partículas virais satélites non deben confundirse co ADN satélite obtido por ultracentrifugación do ADN cromosómico.

A maioría dos satélites afectan a plantas. Hai algúns que afectan a animais, como o virus delta da hepatite (hepatite D) humano[3], que ten un xenoma de ARN monocatenario de sentido negativo con actividade de ribozima, e proteínas propias (antíxeno delta[4]) asociadas ao seu ARN (o que o diferencia dos virusoides, os cales non teñen proteínas). O seu virus axudante é o virus da hepatite B co cal debe coinfectar ou sobreinfectar. O xenoma do virus delta asociado co antíxeno delta ensámblase utilizando as proteínas de envoltura do virus da hepatite B, que pasan a formar parte da súa envoltura.[5][6] Este virus delta xa foi secuenciado e estudada a estrutura do seu xenoma.[7][8]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
  1. Bernard La Scola, Christelle Desnues, Isabelle Pagnier, Catherine Robert, Lina Barrassi, Ghislain Fournous, Michèle Merchat, Marie Suzan-Monti, Patrick Forterre, Eugene Koonin and Didier Raoult (2008). "The virophage as a unique parasite of the giant mimivirus". Nature 455 (7205): 100. PMID 18690211. doi:10.1038/nature07218. 
  2. Krupovic M, Cvirkaite-Krupovic V (2011). "Virophages or satellite viruses?". Nat Rev Microbiol 9 (11): 762–763. PMID 22016897. doi:10.1038/nrmicro2676. 
  3. Hughes SA, Wedemeyer H, Harrison PM. Hepatitis delta virus. Lancet. 2011 Jul 2;378(9785):73-85. doi: 10.1016/S0140-6736(10)61931-9. Epub 2011 Apr 20. PMID 21511329. [1]
  4. Rizzetto, M; Canese MG, Arico S, Criello O, Trepo C, Bonino F, Verme G (1997). "Immunofluorescence detection of new antigen-antibody system (delta/anti-delta) associated to hepatitis B virus in liver and in serum of HBsAg carriers". Gut 18 (12): 997–1003. doi:10.1136/gut.18.12.997. PMC 1411847. PMID 75123.
  5. Taylor JM. Replication of human hepatitis delta virus: recent developments. Trends Microbiol. 2003 Apr;11(4):185-90. PMID 12706997 [2]
  6. "Microbiologybytes". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2007. Consultado o 06 de maio de 2013. 
  7. Makino S, Chang MF, Shieh CK et al. (1987). "Molecular cloning and sequencing of a human hepatitis delta (delta) virus RNA". Nature 329 (6137): 343–6. doi:10.1038/329343a0. PMID 3627276.
  8. Wang, KS; Choo, QL, Weiner, AJ, Ou, JH, Najarian, RC, Thayer, RM, Mullenbach, GT, Denniston, KJ, Gerin, JL, Houghton, M (1986 Oct 9-15). "Structure, sequence and expression of the hepatitis delta (delta) viral genome". Nature 323 (6088): 508–14. doi:10.1038/323508a0. PMID 3762705.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]