Santiago Agrelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1942 (82 anos) Rianxo, España |
Arzobispo de Tánxer | |
17 de xuño de 2007 – 24 de maio de 2019 ← José Antonio Peteiro Freire – Emilio Rocha Grande → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Pontificia de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2007–), sacerdote católico (1966–) |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas e Orde dos Freires Menores |
Consagración | Carlos Amigo Vallejo |
Santiago Agrelo Martínez, nado o 20 de xuño de 1942 en Asados (Rianxo), é un frade franciscano galego, arcebispo católico de Tánxer entre 2007 e 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entrou no seminario franciscano de Herbón en 1953, con once anos, e estivo nel ata 1958. Ao ano seguinte fixo o noviciado no convento de San Francisco do Val de Deus e en 1963 fixo aló a profesión solemne da Orde dos Freires Menores. Estudou teoloxía e filosofía en Ponteareas e na Universidade Pontificia de Salamanca. O 13 de agosto de 1966 foi ordenado sacerdote en Salamanca.
Foi profesor de liturxia no Antonianum en Roma, e posteriormente no Instituto Teolóxico de Santiago de Compostela. Ademais, ocupou diversos cargos e postos dentro da orde franciscana en Galicia, pero tamén en Portugal, Santa Fe (Colombia). Despois de ocupar a titularidade de varias parroquias galegas rurais, o 11 de abril de 2007, o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano de Tánxer, en Marrocos, cargo que ocupou a partir do 17 de xuño.
Ao cumprir os 75 anos, conforme o Código de Dereito Canónico, presentou a súa renuncia, que foi aceptada polo papa Francisco o 24 de maio de 2019.
En setembro de 2022, o concello de Rianxo nomeouno[1] fillo predilecto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 15. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista en Galegos no mundo: "Tanxer"
- ↑ Blanco [MXB], María Xosé (30/09/2022). "Acuerdo unánime en Rianxo para nombrar a Santiago Agrelo hijo predilecto". Consultado o 30/09/2022.