Saltar ao contido

STS-41-B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-41-B
Lanzamento da misión STS-41-B.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento3 de febreiro de 1984, 13:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión7,97 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita de dous satélites e primeiro voo espacial sen ligazóns.[3][6]
Regreso11 de febreiro de 1984[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1984-011A

STS-41-B foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 3 de febreiro de 1984 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-41-B, con cinco astronautas a bordo (Vance Brand, Robert Gibson, Bruce McCandless, Ronald McNair e Robert Stewart), foi lanzada para poñer en órbita os satélites de comunicacións WESTAR 6 e PALAPA-B2. O fallo da etapa PAM-D en ámbolos dous satélites deixounos en órbita baixa. Os dous satélites foron recuperados e devoltos a terra na misión STS-51-A. Durante a STS-41-B tivo lugar o primeiro paseo espacial sen ligazóns, realizado por Bruce McCandless coa mochila MMU (Manned Maneuvering Unit). Os astronautas levaron tamén a cabo diversos experimentos e puxeron en órbita e recuperaron a plataforma SPAS, construída por Alemaña e usada por primeira vez na misión STS-7, converténdose no primeiro satélite en ser posto en órbita unha segunda vez.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de febreiro de 1984.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 41B" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note by the Secretariat" (PDF) (84-14227). 4 de xuño de 1984: 3. Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 41B" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS 41-B" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-41-B" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  7. NASA (23 de novembro de 2009). "STS-41B" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]