Saltar ao contido

Símaco, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Símaco»)
Modelo:BiografíaSímaco, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 460 Editar o valor en Wikidata
Sardeña, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xullo de 514 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
51º Papa
23 de novembro de 498 – 19 de xullo de 514 (Gregoriano)
← Anastasio IIHormisdas → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, autor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa19 de xullo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1911 Encyclopædia Britannica/Symmachus (en) Traducir
Catholic Encyclopedia (1913)/Pope St. Symmachus (en) Traducir
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Símaco, nado en Sardeña cara ao ano 450 e finado en Roma o 19 de xullo de 514, foi o 51º papa da Igrexa católica entre 498 e 514.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun tal Fortunato, foi arquidiácono durante o pontificado de Anastasio II, ao que sucedeu no pontificado ao ser elixido por unha parte do clero romano.

O mesmo día da súa elección, o 22 de novembro de 498, unha facción disidente do clero romano apoiada polo emperador bizantino Anastasio I, encabezada polo senador Festo, procedeu á elección do arcipreste de Santa Práxedes, Lourenzo, como antipapa.

Ante a existencia de dous pontífices, o rei ostrogodo Teodorico o Grande, intentou acabar co nacente cisma apoiando a Símaco. Finalmente, este convocou un concilio o 1 de marzo de 499, no que Lourenzo, tras aceptar a lexitimidade do seu rival como pontífice, foi nomeado bispo de Nocera. Neste sínodo decretouse que todo crego que, durante o pontificado dun papa, intrigase para elixir o seu futuro sucesor, sería excomungado.

Porén, o cisma reiniciouse en 501, cando o senador Festo acusou a Símaco de diversos crimes e convenceu a Lourenzo para que regresase a Roma. O Papa negouse a comparecer perante o rei para responder as acusacións alegando que ningún poder temporal tiña xurisdición sobre el.

O 23 de outubro de 502 convocouse un novo sínodo, coñecido como Synodus Palmaris, que decretou que ningunha corte humana podía axuizar a un papa xa que este só podía ser xulgado por Deus.

Ante isto, Teodorico instalou a Lourenzo no Palacio de Letrán como papa, co que o cisma se mantivo aberto durante catro anos ata que, en 506, o rei retirou o seu apoio a Lourenzo pola súa excesiva conivencia coa corte bizantina e, tras expulsar a todos os probizantinos, apoiou definitivamente a Símaco.

Durante o seu pontificado, Símaco apoiou economicamente os bispos de África que se encontraban desterrados en Sardeña tralas persecucións ás que os vándalos, de doutrina ariana, someteran á Igrexa do norte de África. Tamén concedeu a liberdade aos escravos que mantiña a Igrexa, e atribúeselle a construción inicial do Palacio Vaticano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Anastasio II
papa

498-514
Sucesor:
Hormisdas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.