Bieito XV, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
(1915) | |
Nome orixinal | (la) Benedictus PP. XV |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Giacomo Paolo Giovanni Battista della Chiesa 21 de novembro de 1854 Pegli (Reino da Sardenha) |
Morte | 22 de xaneiro de 1922 (67 anos) Palacio Vaticano (Reino de Italia) |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Grutas vaticanas |
258º Papa | |
3 de setembro de 1914 – 22 de xaneiro de 1922 ← Pío X – Pío XI → | |
Cardeal | |
25 de maio de 1914 – | |
Arcebispo católico | |
16 de decembro de 1907 – ← Domenico Svampa (pt) – Giorgio Gusmini (pt) → Diocese: Arquidiocese de Bolonha (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Academia Pontificia Eclesiástica Pontificia Universidade Gregoriana Universidade de Xénova |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1907–), Sacerdote católico de rito romano (1878–) |
Consagración | Pío X |
Participou en | |
31 de agosto de 1914 | Conclave de 1914 (pt) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бенедикт XV) Encyclopedia of Modern Christian Politics (2006 ed.) (en) , (sec:Benedict XV [Giacomo Della Chiesa] (1854-1922)) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Sitio web | w2.vatican.va… |
Bieito XV (en latín: Benedictus PP. XV), nado en Xénova o 21 de novembro de 1854 e finado no Vaticano o 22 de xaneiro de 1922, foi un relixioso italiano, Papa número 258 da Igrexa católica. O seu nome de nacemento era Giacomo della Chiesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Giacomo Della Chiesa, que se converterá en Papa co nome de Bieito XV, nace en Xénova o 21 de novembro de 1854, era o terceiro dos catro fillos do marqués Giuseppe Della Chiesa -de familia patricia cuxos orixes se remontaban aos tempos de San Ambrosio- e da marquesa de orixe napolitana Giovanna Migliorati.
Estuda como alumno externo no seminario da súa cidade e, na adolescencia manifesta o seu desexo de ser sacerdote, pero o seu pai éxíxelle que remate primeiro os seus estudos civís. Así, despois de licenciarse en Dereito, e co consentimento paterno, en 1875 ingresa no Colexio Capranicense de Roma e ordénase sacerdote o 21 de decembro de 1878. Admitido na Academia Pontificia dos Nobres Eclesiásticos, a actual Escola Diplomática Vaticana, ao rematar os estudos, en 1883 parte para Madrid, onde exerce funcións de secretario do nuncio Mariano Rampolla dei Tíndaro, co que regresa en 1887 cando este é creado Cardeal e nomeado Secretario de Estado de León XIII. Durante o seu servizo na Nunciatura tivo un papel destacado na arbitraxe que Alemaña e España confiaron a León XIII para resolver o conflito que mantiñan pola posesión das Illas Carolinas.
Funcionario e máis tarde substituto (adxunto) da Secretaría de Estado, primeiro con Rampolla e, durante o pontificado de Pío X co español Rafael Merry del Val, é tamén profesor na Academia Pontificia dos Nobres Eclesiásticos.
Consagrado bispo por San Pío X na Capela Sistina, o 22 de decembro de 1907, é nomeado bispo de Boloña, sé que xa non deixará ata ser elixido Papa. O 25 de maio de 1914 é creado cardeal. Menos de tres meses despois, o 20 de agosto, a consecuencia dun ataque de broncopulmonía, morre Pío X.
Estamos no principio da I Guerra Mundial. O 28 de xullo, Austria-Hungría declara a guerra a Serbia e, pola súa banda, Alemaña declara o 1 de agosto a guerra a Rusia e o 3 de agosto a Francia. O 4 de agosto, o exército alemán, para atacar a Francia, invade a neutral Bélxica e ese mesmo día Gran Bretaña declara a guerra a Alemaña.
Neste dramático contexto histórico, no Conclave reunido o 31 de agosto foi elixido Papa Giacomo Della Chiesa, que fora creado cardeal só tres meses antes. Debido á guerra, a consagración do Pontífice non se fai na Basílica de San Pedro senón, dun xeito máis sinxelo, na Capela Sistina.
Bieito XV e a I Guerra Mundial
[editar | editar a fonte]A guerra mundial, a loita pola paz foron a principal e case única preocupación da primeira parte do seu pontificado, así na Exhortación Ubi Primum, do 8 de setembro de 1914, escribe: "Cando desde esta cima Apostólica volvemos a mirada a todo o rabaño do Señor confiado a Noso coidado, inmediatamente o inhumano espectáculo desta guerra Nos enche o ánimo de horror e de amargura, ao constatar que tantos lugares de Europa, devastada a ferro e lume, tínguese co sangue dos cristiáns... Pregamos e suplicamos vivamente a aqueles que dirixen a sorte dos pobos a esquecer tódalas súas desavinzas en interese da sociedade humana".
A difícil situación da Santa Sé, "prisioneira" en Roma desde que así se declarara Pío IX o 20 de setembro de 1870, faise máis grave cando o 24 de maio de 1915 Italia entra en guerra: os Estados inimigos de Italia retiran os seus representantes diplomáticos ante o Vaticano e os trasladan a Suíza, a diplomacia vaticana queda nun estado de case completa incomunicación.
Durante toda a guerra continúa cos seus escritos pedindo, unha e outra vez, o fin da guerra e o establecemento dunha paz duradeira. Así, o 28 de xullo de 1915 pide que se poña fin á "horrenda carnicería que desde fai case un ano deshonra Europa". Ou no Nadal dese ano condena o retroceso da civilización humana, que reduciu o mundo a "hospital e osario".
Bieito XV ten que ver como ningunha das súas chamadas é escoitada. O 1 de agosto de 1917 envía aos líderes dos pobos en conflito a Exhortación "Dès le dèbut". O documento é tan duro que esperta máis críticas que consenso. Mentres os panxermanistas a consideran un instrumento dirixido a quitarlle a vitoria aos imperios centrais, en Italia e Francia xúlgase como un documento ao servizo de Alemaña e dos seus aliados, tanto que Georges Clemenceau define a Bieito XV como o "Papa boche" (alemán, como insulto).
Ao mesmo tempo que mantén esta actividade diplomática e maxisterial, Bieito XV leva adiante unha importante labor humanitaria, enviando e estimulando o envío de axuda a nenos famentos, aos feridos e aos prisioneiros. Así, fai saber da situación humanitaria que se vive en Italia, ou pide para os prisioneiros turcos un trato humanitario ao tempo que lles envía axuda. Xa despois da guerra chamará a atención da situación catastrófica que viven países como Austria, Polonia ou Rusia.
Outras realizacións
[editar | editar a fonte]Fóra de todo o esforzo que adicou á logra-la paz durante a I Guerra Mundial, Bieito XV destacou por algunhas reformas de fonda pegada na vida da Igrexa. O 27 de maio de 1917 promulga, coa Bula Providentissima Mater, o novo Código de Dereito Canónico, que xa estaba previsto no Concilio Vaticano I, case 50 anos antes, e que foi a primeira codificación sistemática de todo o corpus xurídico canónico ciscado por innumerables documentos. Tamén no mesmo 1917, co Motu Proprio Dei Providenti de 1 de maio de 1917, institúe a Sacra Congregación para as Igrexas Orientais, e, co Motu Proprio Orientis Catholici, de 15 de outubro de 1917, funda en Roma o Instituto Pontificio para os Estudos Orientais, que levaba anexa unha biblioteca amplamente dotada de obras da especialidade.
En canto á presenza pública da Igrexa o pontífice fai unha contribución histórica cando, falando en marzo de 1919 ás Xuntas Diocesanas da Acción Católica de Italia, anula de feito o "Non Expedit" de Pio IX que, xunto co decreto de 10 de setembro de 1874 da Sacra Penitenciaría, vetaba aos católicos a participación nas eleccións e na vida política en xeral. Os resultados non se fan esperar: o sacerdote siciliano Luigi Sturzo, funda ese mesmo ano o Partito Poppolare Italiano (primeiro nome da Democracia Cristiá), e o Padre Agostino Gemelli, en 1921 funda en Milán a Universidade Católica do Sacro Cuore.
Enfermo de broncopulmonía, morre o 22 de xaneiro de 1922.
O teólogo Enrique Miret Magdalena explica como Bieito XV foi un gran Papa en tempos da primeira guerra mundial que procurou a paz e loitou contra os integristas católicos. E que é esta idea a que o actual papa, Bieito XVI, quixo recoller tomando este nome [1] Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine..
Encíclicas
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Sucesión apostólica
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Sucesión apostólica.
- Bieito XV (como Giacomo della Chiesa) (1907)
- Giuseppe Melchiorre Sarto (1884)
- Constantino Patrizi Naro (1828)
- Carlo Odescalchi (1823)
- Giulio Maria della Somaglia (1788)
- Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777)
- Marcantonio Colonna (1762)
- Carlo della Torre Rezzonico (1743)
- Prospero Lorenzo Lambertini (1724)
- Pietro Francesco Orsini (1675)
- Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666)
- Ulderico Carpegna (1630)
- Luigi Caetani (1622)
- Ludivico Ludovisi (1621)
- Galeazzo Sanvitale (1604)
- Girolamo Bernerio (1586)
- Giulio Antonio Santorio (1566)
- Scipione Rebiba (1541)
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bieito XV, papa |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |