Saltar ao contido

Retizós, Baleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retizós
Igrexa parroquial
ConcelloBaleira[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°05′52″N 7°16′30″O / 43.097683, -7.27505848
Área7,24 km²
Poboación74 hab. (2020)
Densidade10,22 hab./km²
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María Madanela de Retizós[2] é unha parroquia do concello de Baleira. No 2020 tiña 74 habitantes (41 homes e 31 mulleres),[3] repartidos en catro entidades de poboación: O Alledo (deshabitado), A Muíña (18), Retizós (23) e San Romao (33), sendo a densidade media nese ano de 10,22 hab/km².

Pertence ao arciprestazgo de Luaces, e limita ao norte coas parroquias de Martín e Milleirós (esta do concello de Pol), ao sur coa da Braña, ao leste con Cubilledo, e ao oeste con Milleirós, Caraño (as dúas do concello de Pol) e Montecubeiro (do concello de Castroverde). Ten unha superficie de 7,24 km².

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de Santa María Madanela é un edificio que data dos séculos XVII e XVIII. A planta é rectangular, con presbiterio da mesma forma. Acaroada ó alzado norte está a sancristía. Os muros que a conforman son de cachotería e perpiaño de granito, e a cuberta é de lousa a dúas augas. Accédese ó seu interior dende o lateral ou dende a porta do frontis, ambas as dúas de medio punto. O arco triunfal é de medio punto, asentado sobre imposta. Conserva dous retablos, o da capela maior e o do lateral dereito, ambos os dous de estilo barroco.

Notas

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Retizós

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Retizós no concello de Baleira (Lugo)

O Alledo | A Muíña | Retizós | San Romao

Parroquias de Baleira

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]